1427 [= RM 79,33]
Luzia Sanchez, jazedes en gran falha

Luzia Sanchez, jazedes en gran falha
comigo, que non fodo máis nemigalha
d’ũa vez; e, pois fodo, se Deus mi valha,
fic’end’afrontado ben por tercer dia.
Par Deus, Luzia Sanchez, Dona Luzia,
se eu foder-vos podesse, foder-vos-ia.
Vejo-vos jazer migo muit’agravada,
Luzia Sanchez, porque non fodo nada;
mais, se eu vós per i ouvesse pagada,
pois eu foder non posso, peer-vos-ia.
Par Deus, [Luzia Sanchez, Dona Luzia,
se eu foder-vos podesse, foder-vos-ia].
Deu-mi o demo esta pissuça cativa,
que ja non pode sol cospir a saiva
e, de pran, semelha máis morta ca viva
e, se lh’ardess’a casa, non s’ergeria.
Par De[u]s, [Luzia Sanchez, Dona Luzia,
se eu foder-vos podesse, foder-vos-ia].
Deitaron-vos comigo os meus pecados:
cuidades de mí preitos tan desguisados,
cuidades dos colhões, que trag’inchados,
ca o son con foder e é con maloutia.
Par Deus, [Luzia Sanchez, Dona Luzia,
se eu foder-vos podesse, foder-vos-ia].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manoscritti


V 1017 (f. 164r, col. a)
[Cantiga de Escarnio e mal dizer]

Edizioni


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 356-357 [= LPGP 538-539]); Lopes (2002: 246); Littera (2016: I, 618-619); Arias Freixedo (2017: 241).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 351); Braga (1878: 192); Machado & Machado (1960: VII, 112).
III. Antoloxías: Torres (1977: 184); Tavares & Miranda (1987: 85-86); Arias Freixedo (1993: 159-160); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 144); Diogo (1998: 136-137); Arias Freixedo (2003: 545-546); Neves (2004: 67-68); Marcenaro (2006: 102).

Varianti manoscritte


7 migo] cōmigo V   20 preitos] p̄ytus V   22 maloutia] malouria V

Varianti editoriali


7 agravada] aguada Lopes, Littera   9 vós] vos Lapa, Lopes, Littera   14 a] om. Lopes   22 e] é om. Lapa

Parafrasi


(I) Luzia Sanchez, estades moi defraudada comigo, porque non fodo nin unha miga máis do que unha vez; e despois de que fodo, así Deus me valla, fico sen folgos para tres días. Por Deus, Luzia Sanchez, dona Luzia, se eu vos puidese foder, foderíavos.
(II) Véxovos estar deitada comigo moi ofendida, Luzia Sanchez, porque non fodo nada; mais se así vos puidese ter satisfeita, xa que eu non podo foder, peidearíavos. Por Deus, Luzia Sanchez, dona Luzia, se eu vos puidese foder, foderíavos.
(III) Deume o demo esta pixiña cativa que xa nin pode cuspir a saliva, e certamente parece máis morta ca viva, e aínda que lle ardese a casa non se erguería. Por Deus, Luzia Sánchez, dona Luzia, se eu vos puidese foder, foderíavos.
(IV) Os meus pecados fixeron que vos deitásedes comigo: pensades de min feitos tan desaxeitados, dos meus collóns, que traio inchados, pensades que o están de tanto foder, e é por culpa dunha doenza. Por Deus, Luzia Sánchez, dona Luzia, se eu vos puidese foder, foderíavos.

Metrica


Esquema métrico: 4 x 11’a 11’a 11’a 11’b 11’B 12’B (cfr. RM 19:10)

Encontros vocálicos: 13 -mi͜ o; 22 *eé

Note


Testo
  • *

    Por mor da imposibilidade de sinalefa coa conxunción condicional se (Ferreiro 2013b), a cantiga presentaría unha aparente irregularidade, que non é tal se a confrontamos con outras composicións ao longo do corpus profano, con unha sílaba máis (ou menos) nun verso de cada estrofa (véxanse situacións métricas similares, por exemplo, nas cantigas 1324, 1381 ou 1613). A situación inversa (co primeiro verso de cada estrofa con unha sílaba máis), acontece en UC 1426, tamén de Soárez Coelho. No entanto, se procurarmos a regularidade métrica, é necesaria esa (anómala) sinalefa seeu no segundo verso do refrán para conseguir a medida hendecasilábica.

    Por outra parte, repárese no tipo de estrofa con volta, na cal o corpo estrófico está formado por tres versos monorrimos seguidos por un cuarto verso que retoma a rima do refrán. É a estrutura estrófica máis habitual das Cantigas de Santa Maria, onde é empregada con múltiplas variantes.

  • 1

    Luzia Sanchez é, probabelmente, unha soldadeira, sen que até o momento sexa posíbel estabelecer unha identificación historica concreta.
    A expresión jazer en falha, sinónima de meter en falha (véxase 930.5) significa ‘enganar, desiludir’; mais neste contexto parece ter un segundo significado sexual: ‘sufrides moita carencia cando vos deitades comigo’.

  • 2

    O verbo foder (do lat. futuere), voz escatolóxica reiterada no refrán e presente tamén nos vv. 3, 8, 10 e 22, tal como outros termos pertencentes ao ámbito sexual (caralho, cono, peer etc.) non parece ter abandonado o ámbito da oralidade para o texto escrito, agás nas cantigas satíricas, única produción en que o achamos. Non obstante, o verbo foder é a voz deste ámbito máis representada nos escarnios, con máis de 100 rexistros (incluídos os participios e formas substantivadas e excluíndo outras formas derivadas) pertencentes a 17 autores, en 31 cantigas: Afons’Eanes do Coton (UC 1589, 1591, 1598), Afonso X (UC 491), Airas Perez Vuitoron (UC 1495), A. Gomez (UC 877), Estevan da Guarda (UC 1334, 1335), Fernand’Esquio (UC 1614), Joan Garcia de Guilhade (UC 1508, 1509, 1510, 1511), Joan Servando (UC 1440), Joan Soarez Coelho (UC 1419, 1422, 1426, 1427, 1435), Joan Vaasquiz de Talaveira (UC 1567), Martin Moxa (UC 919), Martin Soarez (UC 1376, 1386), Meen Rodriguez de Briteiros (UC 1347), Pero da Ponte (UC 1638, 1651, 1659), Pero Garcia Burgales (UC 1394, 1395), Pero Martiiz (UC 1430), Vaasco Perez Pardal (UC 1525).
    Alén da lírica profana é certamente extraordinaria a aparición do verbo noutro tipo de textos. É significativo que tamén se rexistre nunha composición escarniña do Cancioneiro Geral de Garcia de Resende (Dias 2003: VI, s.v. foder):

    diz que tu,
    quando naceo Barzabu,
    eras ja diabo feito.
    E que jaa entam fodias
    e ias contr’òs inimigos.

    En textos alleos á poesía, só atestamos o verbo nunha pasaxe de Fernão Lopes na Crónica de D. Fernando que debe recoller un proverbio: e dizam-lhe alguus que juras de foder nom eram pera creer (cfr. CdP, s.v.).

  • 4

    A forma ordinal tercer constitúe unha variante especial de terceiro que só aparece en posición proclítica (575.7, 1356.1, 1370.6, 1398.7 e 1587.12), e sempre no sintagma tercer dia, tal como acontece tamén nas Cantigas de Santa Maria1  en textos prosísticos de teor literario (Crónica Troiana, Miragres de Santiago etc.) e, mesmo, en documentos forais ou tabeliónicos (véxase CGPA, s.v. tercer, terçer): 

    It(em) sobre-la demãda deue auu(er) tercer día se o demãdar o dem[ã]dado τ sse o demãdador o leyxar en ssa u(er)dade o demãdado nõ deue a au(er) p(ra)zo. saluo sse pedír acordo. τ sse ffor p(er) p(re)yto τ demandar [prazo pera morador na] vila deue-o a au(er) de tercer dia τ p(er)a ffora da vila au(er) p(ra)zo de do(us) noue dias. e p(er)a ffora do Reyno de tres noue días (Dos costumes de Santarém, 1294; cf. CIPM); 

    Et mandamos ao dicto Martin Bezerra que faça esto asy outorgar a a dicta sua moller daqui a tercer dia (doc. de 1395; CGPA, ed. González Garcés); 

    que d’oje a tercer dia quitasen todas las prendas que por la dita rason lles foran peñoradas (doc. de 1417; CGPA, ed. Rodríguez González).

    Na realidade, prodúcese o mesmo proceso evolutivo en certas formas proclíticas de nomes propios, como Suer (forma proclítica de Sueiro), sempre con tendencia á redución fonética perante o apelido; así mesmo, véxase a frecuencia de Outer (Outeiro) en topónimos compostos: Outer de Fumos, Outar de Gistara, Outer de Muas, Outer Rauioso, Outer de Selas, Outer de Vellas (véxase CGPA, s.v. Outer, Outar).
    A súa evolución só se pode explicar a partir da fonotacticamente anómala secuencia final [‘ejɾ] que desemboca nunha monotongación, tal como aconteceu tamén con [‘owɾ] ou [‘owl] (véxase Veiga 1982, 1986; Ferreiro 1999: §23b). Véxase nota a 1624.1.

  • 7

    A forma con migo de V, que, xunto con comigo alterna na poesía trobadoresca con migo, faría hipermétrico o verso. Neste caso, aquela forma debe ser reconvertida tal como acontece noutras pasaxes trobadorescas (845.8, 1366.2, 1557.7, 1674.17...).
    Neste verso resulta inexplicábel a lectura aguada, que nada significa no contexto, de Lopes e Littera, con omisión da abreviatura do Cancioneiro da Vaticana (<ag̃uada> = agrauada).

  • 10

    O verbo peer, como voz escatolóxica, e tal como outras voces pertencentes ao ámbito sexual (caralho, cono, foder etc.), debía ser propia do ámbito da oralidade e só comparece nas cantigas satíricas, única produción en que se acha. Peer, do lat. pedĕre ‘peidear’ mantén este significado tamén en 474.2, 1497.34 e 1529.6 e 27 (véxase, porén, nota a 1390.6 para o valor de ‘agonizar, morrer’). En calquera caso, peer nunca traspasou o ámbito das cantigas, e non foi recollido na lexicografía histórica portuguesa (véxase CLP, s.v.).

  • 13

    A forma pissuça é formación despectiva co sufixo -uço, que ten ese valor, sobre a base pissa (véxase nota a 1403.2), que, coas variantes pixa e pisso, concorre na lírica profana con caralho (véxase nota a 1335.21) e veite (véxase nota a 493.15) como designación explícita do membro sexual masculino.
    Nótese como cativa, aplicado á pissuça, reforza o ton despectivo, pois xa presenta o valor semántico de ‘ruín, desprecíbel’ (no contexto mesmo se podería considerar a presenza dun outro valor que cativo adquiriu e consolidou no galego moderno, cal ‘pequeno’).

  • 14

    Aínda que non é palabra habitual, saíva era a forma medieval (do lat. saliuam), e así o testemuña a súa aparición na produción prosística galego-portuguesa:

    Mais agora q(ue)remos falar das q(ue) som en hũũ cõ o bautismo e esto he q(ua)ndo o cl(er)igo ouuer dita esta oraçõ prostumeyra q(ue) de cima dissemos ha de cospir na ssa mão e tomar daq(ue)la saiua cõ os dedos e poelha nos narezes e nas orelhas e nos olhos do q(ue) bautiza (Primeira Partida). 

    El rey dom Afonso, quando aquello ouvyo, deytou a sayva pella boca e molhou toda a barva (Crónica Geral de Espanha de 1344). 

    E, quando algũu era empeçoentado de dia, entom era maravilha de veer como se aquela gente combatia com a peçonha, ca eles molhavam primeiro os membros de sua saiva, que eram feridos, e costrangiam a peçonha de tal guisa que nom corria a fundo nem acima (Vida de Feitos de Júlio César; Mateus 2010 [1970]: II, 270). 

    Onde se mĩguasse a agua en alguũ logar por pressa que fosse nõ se pode fazer en outro liquor que seia en no mundo nẽ cõ sayua, nẽ en vinho, nẽ en azeyte, nẽ en vinagre, nẽ en leyte, nẽ en agua rosada, nẽ en outra cousa artifiçialmente feyta, nẽ decoada, nẽ en caldo, que nõ ha natura de agua (Livro das Confissões; Martín Pérez 2012-2013: 268).

    Na tradución galega do Liber de medicina equorum de Giordano Bruno, a forma rexistrada é seíva (véxase nota a 919.9): 

    M[a]is o que máis forte é de todos est[e]s [é] o poo do rosalgar amasado con seiva d’ome e metudo tenperadamente na chaga (Pérez Barcala 2013: 196).

    No entanto, en ningún texto aparece o valor figurado presente na cantiga, onde significa ‘esperma’.

  • 20

    É relativamente frecuente no Cancioneiro da Vaticana a presenza da terminación -us en voces en que é xeral a terminación -os (<p̃ytus>); na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

  • 21

    Alén dos companhões de 493.16, en que Afonso X xoga cos dous significados (‘compañeiros’, ‘testículos’), nas cantigas de escarnio colhões é a denominación xeral para os testículos (1440.34, 1584.21, 1615.17, 1629.13, 1638.12). É termo usado profusamente na tradución galega do Liber de medicina equorum de Giordano Bruno (collon, colloos ~ collõos, véxase Pérez Barcala 2013); fóra desta obra só o achamos no Sacramental, de Clemente Sánchez Vercial: 

    Ho que he crastrado de todo que non ten colhõees que lhe forom cortados despois que naçeo ou que naçeo sen elles non pode casar, por quanto non pode dar o diuedo que se rrequere no matrimonio. 

    Na lexicografía histórica portuguesa pode verse esta voz nos séculos XVI-XVII, citada por Jerónimo Cardoso no Dictionarium latinolusitanicum & vice versa lusitanicolatinum: «Coleus(ei). Ho colhão. ou cõpanhão», e mais por Agostinho Barbosa no Dictionarium Lusitanico-Latinum: «Colhão. Coleus, ei. Testis, testis. Testiculus, i» (cfr. CLP, s.v.).
    De todos os xeitos, o Tratado d’Alveitaria do Mestre Giraldo contrasta coas obras anteriores no capítulo sobre o “inchamento da natura do cauallo”, coa utilización do singular conpanhom xunto co máis frecuente plural nos sintagmas fole dos conpanhoes, folles dos conpanhooes, jnchaço dos conpanhooes (cfr. Pereira 1909: 37).

  • 22

    A lección do verso en V supón hipermetría agás que consideremos unha sinalefa coa copulativa e. En caso contrario, a expunción de <he> (= é) continuaría a simetría construtiva no verso: ca o son con foder e con maloutia.
    Maloutia ‘doenza (venérea)’ é outro provenzalismo poético utilizado por Joan Soarez Coelho, presente tamén en 1524.21 (Vaasco Perez Pardal) e 1587.9 (Pero d’Ambroa), para alén das Cantigas de Santa Maria, onde hai dúas ocorrencias de maloutia e unha de malautia:

    Esta de Cordova era natural, e padecia
    enfermedade mui forte que na garganta avia,
    a que chaman lanparões, que é maa maloutia (CSM 321.12).

    E quando os madudin[n]os começaron
    os seus clerigos, que os ben cantaron,
    log’amba-las pernas lle desincharon
    e guareceu daquela maloutia (CSM 367.64).

    Muitos santos lo trouxeron u Deus miragres mostrava 
    grandes, mais non lle valia nada, ca Deus o guardava 
    pera a ssa Madre Virgen que o guariss’; e rogava
    el sempre a Groriosa que daquela malautia (...)
    Lle désse por ssa bondade saud’... (CSM 333.23).

  1. ^

    Só aparece unha excepción, talvez outro castelanismo afonsino: mas o que en Babilonia guardou no forn’ Ananias / e Misael o menyno e o tercer, Azarias, / guardou aquesta do fogo, que sol non lle noziu nada (CSM 215.42).

Cerca
    Nessun risultato trovato