1400 [= RM 125,21]
Maria Negra vi eu en outro dia

Maria Negra vi eu en outro dia
ir rabialçada per ũa carreira,
e preguntei-a como ia senlheira
e por aqueste nome que avia.
E disse-m’ela ‘nton: «Ei nom’assi
por aqueste sinal con que naci,
que trago negro come ũa caldeira».
[E] dixi-lh’eu u me dela partia:
«Esse sinal é suso na moleira?».
E disse-m’ela daquesta maneira
com’eu a vós direi, e foi sa via:
«Este sinal, se Deus [a] mí perdon,
é negro ben come ũ[u] carvon
e cabeludo arredor da caldeira».
A grandes vozes lhi dix’eu u se ia:
«Que vos direi a Don Fernan de Meira
desse sinal, ou é de pena veira
de como é feito a Joan d’Ambia?».
Tornou-s’ela e dizia-m’outra vez:
«Dizede-lhis ca chus negra é ca pez
e ten sedas de que faran peneira».
E dixi-lh’eu enton: «Dona Maria,
como vós sodes molher [mui] arteira,
assi soubestes dizer, com’arteira,
esse sinal que vos non parecia».
E disse-m’ela: «Per este sinal
nom’ei de Negra, e muit’outro mal
ei, [e ei] per i preço de peideira».
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscritos


B 1382 (f. 295r, col. b, 295v, col. a), V 990 (f. 158r, cols. a-b)
[Cantiga de Escarnio e mal dizer]

Edicións


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 567-568); Blasco (1984: 267-268 [= LPGP 821-822]); Lopes (2002: 414); Marcenaro (2012b: 390); Littera (2016: II, 373-374).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 339); Braga (1878: 186); Fernández Pousa (1953: 34-35); Machado & Machado (1958: VI, 117-118).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 90); Tavares & Miranda (1987: 79-80); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 207); Diogo (1998: 93-94).

Variantes manuscritas


2 rabialçada ... carreira] rabialcada ... calreyra B   6 sinal] smal V   9 sinal] smal V   12 sinal ... Deus] smal ... des V   14 arredor] adeiredor B : aderredor  15 vozes] uoçes V   17 sinal] sm(l)al V   18 feito] feytu BV   25 sinal] smal V   26 sinal] smal V   28 preço] p’co B : p̃zo V

Variantes editoriais


8 [E]] om. Lapa, Lopes, Blasco   12 Este] [Aqu]este] Lapa, Lopes, Littera; [a] mí perdon] mi perdon Lapa, Blasco, Lopes, Littera   13 ũ[u]] hun Blasco : uu Littera   14 arredor] a derredor Lapa, Blasco, Lopes   16 vos] vus Blasco   18 feiito a] feit’, e a Lapa, Marcenaro : feyt[o]? a Blasco : feito? [E] a Lopes, Littera   19 dizia] disse Littera   20 negra] negro Lapa, Lopes, Littera : negr’ Blasco, Marcenaro   23 [mui]] om. Lapa, Blasco, Lopes   25 vos] vus Blasco   27 Negra] Negr’ Blasco, Lopes, Littera; muit’] muito Lapa   28 ei, [e ei] per i preço] ei per i [e mal] preço Lapa, Marcenaro : ey per hy pre[ç]o Blasco : hei per i, [ca hei] preço Lopes, Littera

Paráfrase


(I) O outro día vin María Negra ir co rabo alzado por un camiño, e pregunteille como era que ía soa e por ese nome que tiña. E ela díxome entón: «Teño este nome por este sinal con que nacín, que traio negro como unha caldeira».
(II) E díxenlle eu cando me despedín dela: «Ese sinal está enriba da mioleira?». E díxome ela desta maneira que vos direi, e seguiu o seu camiño: «Este sinal, así Deus me perdoe, é tan negro como un carbón, cabeludo arredor da caldeira».
(III) A grandes voces díxenlle eu cando se ía: «Que direi a D. Fernán de Meira dese sinal? Ou é de pena veira? (Que direi) a Joán d’Ambía de como é feito?». Tornouse ela e díxome outra vez: «Dicídelle que é máis negro ca pez e que ten sedas con que se poderá facer unha peneira».
(IV) E díxenlle eu entón: «Dona María, como vós sodes unha muller moi arteira, así soubestes explicar, enxeñosamente, ese sinal que non se vos vía». E díxome ela: «Por este sinal recibo o nome de Negra, e recibo outro moito mal, e por causa diso aínda teño fama de peideira».

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10’a 10’b 10’b 10’a 10c 10c 10’b (= RM 163:26)
Encontros vocálicos: 1 vieu; 2 ra·bi͜al·ça·da; 3 comoi·a; 7 comeũ·a; 14 cabeludoarredor; 15 sei·a; 18 comoé; 19 elaé; 20 negraé

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga está incluída no conxunto de composicións escarniñas de Pero Garcia Burgales (UC 1390-1403), feito indicado pola rúbrica que antecede UC 1390: Pero Garcia fez estas cantigas, e son d’escarnh’e de mal dizer.

  • 1

    A soldadeira Maria Negra volve aparecer nas cantigas UC 1402 e 1403, tamén de Pero Garcia Burgales (véxase Marcenaro & González 2024: s.v. Maria Negra).
    Unha sinalefa similar a vi‿eu pode verse en o·i‿eu (1405.7). En calquera caso, a alternativa métrica reside na expunción do pronome (véxase nota a 4.10-12).

  • 2

    A voz rabialçada é formación lexical única na lingua medieval (e moderna), escarniña descrición de Maria Negra, a partir de rabo + alçada.

  • 3

    Senlheira é forma xeral no corpus das cantigas, derivada de singularium (ás veces coa forma disimilada sinlheiro; véxase nota a 478.48), con evolución regular da secuencia [ng’l] a [] (véxase Ferreiro 1999: §91b). Porén, véxase senneira en Martin Codax, co seguinte paso evolutivo da secuencia [] a [ɲ] (cfr., por exemplo, ŭngŭlam > unlla > uña). Cfr. nota a 1298.2.

  • 5

    O adverbio enton presenta elisión da vogal inicial e- (cfr. tamén en 261.11: a ‘ncobrir), do mesmo modo que outras voces foneticamente similares que se poden achar ao longo do corpus, sempre após vogal a: encobrir: a ‘ncobrir (6.4, 261.11), endurar: coita ‘ndurar (155.r2, 195.15 e 18); ensandecer: querria ‘nsandecer (182.7), a ‘nsandecer (182.16), ela ‘nsandeci (389.5); entender: ela ‘ntendi (1092.9), podia ‘ntender (1249.9). A mesma elisión pode verse en a ‘ndar (700.r2), para alén doutros encontros con crases similares. Véxase nota a 18.16, 51.1, 73.19, 358.21, 878.1.

  • 7

    Caldeira é, en sentido figurado, ‘vaxina’, probabelmente pola comparación dos pelos pubianos femininos coa cor da caldeira que se pon todos os días ao lume. Cfr., por exemplo, na Historia Troiana:

    Despois que o carneiro foi aduzido, mandou ela poer logo sobre o fogo hũa caldeira tamaña que podese em ela caber o carneiro, et deitou em ela logo súas ervas e revolvéoas et fezo súa confeiçón (Pichel Gotérrez 2014: 1.457).

  • 8

    É relativamente frecuente a omisión da copulativa inicial de estrofa (e de fiinda ou de verso) nos manuscritos, que nos permite neste caso restaurar a isometría versal. Casos semellantes documéntanse en 106.8, 151.7, 157.7, 163.11, 261.13, 293.8, 294.7 e 13, 332.7, 408.7, 447.7, 448.8, 490.19, 586.11 etc.

  • 9

    Suso ‘acima’, do lat. sursum (tamén no v. 26) e juso ‘abaixo’, do lat. deorsum, actualmente desaparecidos, son adverbios de lugar frecuentes na lingua medieval.

  • 12

    Pero Garcia Burgales é autor que utiliza especialmente a fórmula do tipo si Deus me perdon coa variante pronominal tónica (assi Deus a mí perdon e similares, véxase tamén 175.29 e 202.r1).

  • 14

    Perante a hipermetría versal existen dúas posibilidades: a) expunción da copulativa inicial, pola frecuencia da súa intromisión ao longo do corpus nesa posición; b) a emenda da locución prepositiva a derredor de en arredor de. Optamos pola solución de Marcenaro (tamén seguinda en Littera), e mantemos a conxunción copulativa, que favorece a sintaxe e permite o acento na 4ª sílaba.
    A locución prepositiva arredor de (con variantes gráficas) dispón de múltiplas documentacións na produción medieval, xunto coas minoritarias en/a derredor de). Véxase CGPA, s.v.

  • 16-18

    A sintaxe do período é extremadamente confusa por mor da introdución do pronome vos, cunha clara función ética ou de interese, e, ao mesmo tempo, a omisión de que direi no v. 18. Isto explica, tamén, as leves variacións editoriais, con diversa articulación interrogativa nos diversos editores.
    No sudoeste galego, nas zonas de Armenteira e Melón aparece ben documentada a liñaxe de Meira (orixinaria do leste lugués), relacionada matrimonialmente coa familia Ambía (procedente de Xunqueira de Ambía, en Ourense), liñaxes a que pertencen Fernan de Meira e Joan d’Ambia (véxase Marcenaro & González 2024: s.v. Fernan de Meira, Johan d’Ambia). En resumo, “sebbene non si trovino indizi documentari che permetano di identificare con sicurezza Fernan de Meira (e anche Johan de Ambia), pare assai probabile che si tratasse di membri di queste due famiglie galeghe, strettamente legate già dalla prima metà del XIII secolo e che intrattennero importanti relazioni parentali con alcuni fra i lignaggi più importanti nel Portogallo del XIII e XIV secolo (Baian, Resende, Vasconcelos). A sostegno di tale ipotesi sta la citazione di un altro membro della famiglia, Martin de Meira, nella celebre lassa epica parodica di Afonso Lopez de Baian” (ib.: 114).

  • 17

    As penas veiras aluden a unhas peles de cores variadas (cfr. lat. pēnnam uarĭam > pena veira), en xeral valiosas, que eran fundamentalmente empregadas nos forros dos mantos (véxase Vallín 2019: 657-661).

  • 18

    É certamente extraordinaria a forma <feytu> en BV, coa confusión <u>/<o> en posición final, que ao longo dos cancioneiros só se rexistra nunhas poucas ocasións como produto de erros gráficos: cuido <cuydu> B (115.17, 1626.5), vi-o <uyu> BV (943.9), amigo <amigu> B (1212.1), vivo <uiuu> B, <uyuu> V (1312.13), Lugo <lugu> BV (1315.4), vinho <uinhu> V (1682.8).

  • 20

    O adverbio chus, procedente do lat. plūs, entrou en competencia con máis (< magĭs) e xa mostra o seu carácter regresivo na lingua trobadoresca, pois só se atesta, para alén desta cantiga, noutras cinco composicións (6.7, 13 e 15, 123.16, 492.23, 770.1, 1439.10).

  • 21

    Obsérvese a hipérbole: as sedas de Maria Negra poderían facer unha peneira, instrumento agrícola que precisa fíos cumpridos para a confeccionar. A este respecto, eis unhas citacións que din respecto ás sedas e ás peneiras (cfr. CGPA): 

    et tyrarõselle as sedas et os cabelos de todo ocorpo dondeos nõ deuya aaver seendo em natura de moller (Geral Estoria; ed. Martínez López); 

    preçaron baçios e criuos e cuncas e talladoiros e peneyras e çestos e lynaas e hun çaramin de taboas, e olas, en oytenta maravedis (doc. 1474, ed. López Ferreiro).

  • 23-24

    Nótese a repetición da palabra rimante (arteira) nestes dous versos, feito que, en principio, constitúe unha anomalía na poética trobadoresca, sen relación con algúns artificios construtivos na rima. Tal reiteración rimática obsérvase esporadicamente ao longo do corpus: 14.48-50 (poderia), 524.9-11 (ei), 704.7-8 (eles), 734.19-20 (i), 783.22-23 (son), 821.16-17 (al), 838.7-11 (é), 879.19-20 (al), 923.10-11 (ei), 926.22-25 (ei), 935.18-20 (i), 1034.7-9 (quiser), 1043.14-15 (al), 1329.15-21 (vista), 1354.r1-r2, 1366.12-15 (i), 1387.10-14 (treedor), 1388.1-7 (talharon), 1470b.12-13 (én), 1477.23-25 (ali), 1506.2-3 (cantar), 1535.18-21 (i), 1540.14-18 (i), 1549.19-20 (én), 1633.8-14 (capa).

    De todos os xeitos, sería digno de consideración a posibilidade de com'arteira constituír un erro por co[n] matreira 'con astucia' (véxase UC/Glosario, s.v. matreira). Cfr. nota a 1489.51.

  • 28

    O derradeiro verso da composición mostra unha evidente hipometría (dúas sílabas) que os diversos editores, a excepción de Blasco –que mantén a lección hipométrica–, resolveron con reintegracións diversas. Acreditamos que a menor intrusión ecdótica do punto de vista paleográfico é o acrecentamento que propomos, cuxa omisión no proceso de copia sería inducido pola semellanza gráfico-fonética do contexto (ei [e ei]).
    Non achamos documentación ningunha de peideiro/a fóra da lírica profana, con todas as súas ocorrencias nas cantigas de escarnio, xeralmente en feminino. Véxanse as outras atestacións do adxectivo: 

    «Sei-m’eu que assi convidaria
    o coteife peideir’en seu logar» (1404.24, Roi Queimado).

    e Lopo Gato, esse filho da freira,
    que non á antre nós melhor lança per-peideira (1489.58, Afonso Lopez de Baian).

    e punhade sempr’en [a] guarecer,
    ca [vós] en talho sodes de peideira (1518.14, Joan Garcia de Guilhade).

    e, ante luz, acharon-no peideiro (1585.7, Pero d’Ambroa).

    des que fui nado, quig’eu sempre mal
    a velha fududancua peideira (1597.24, Afons’Eanes do Coton).

    Este cualificativo, aparentemente só utilizado na poesía satírica, foi dicionarizado por Bento Pereira, cunha escuálida definición: Peideiro, ou peidorro. Crepitans, tis (cfr. CLP, s.v. peideiro).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado