(I) O outro día vin María Negra ir co rabo alzado por un camiño, e pregunteille como era que ía soa e por ese nome que tiña. E ela díxome entón: «Teño este nome por este sinal con que nacín, que traio negro como unha caldeira».
(II) E díxenlle eu cando me despedín dela: «Ese sinal está enriba da mioleira?». E díxome ela desta maneira que vos direi, e seguiu o seu camiño: «Este sinal, así Deus me perdoe, é tan negro como un carbón, cabeludo arredor da caldeira».
(III) A grandes voces díxenlle eu cando se ía: «Que direi a D. Fernán de Meira dese sinal? Ou é de pena veira? (Que direi) a Joán d’Ambía de como é feito?». Tornouse ela e díxome outra vez: «Dicídelle que é máis negro ca pez e que ten sedas con que se poderá facer unha peneira».
(IV) E díxenlle eu entón: «Dona María, como vós sodes unha muller moi arteira, así soubestes explicar, enxeñosamente, ese sinal que non se vos vía». E díxome ela: «Por este sinal recibo o nome de Negra, e recibo outro moito mal, e por causa diso aínda teño fama de peideira».