1387 [= RM 97,44]
Ũa donzela jaz aqui [........-eu]

Esta outra cantiga fez d’escarnho a ũa donzela, e diz assi:

Ũa donzela jaz aqui [........-eu]
que foi ogano ũa dona servir
e no[n] lhi soube da terra sair;
e a dona cavalgou e colheu
Don Caralhote nas mãos, e ten,
pois-lo á preso, ca está mui ben,
e non quer del[e] as mãos abrir.
E, pois a dona Caralhote viu
antre sas mãos, ouv’én gran sabor
e diz: «Est’é o falso treedor
que m’ogano desonrou e feriu;
praz-me con el, pero tregoa lhi dei
que o non mate; mas trosquia-l’-ei
come quen trosquia falso treedor».
A boa dona, molher mui leal,
pois que Caralhote ouv’en seu poder,
mui ben soub’e[la] o que del fazer:
meteu-o logo en un carcer atal
u muitos presos jouveron assaz,
e nunca i tan forte preso jaz
que én saia, [a] meios de morrer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Esta cantiga que se aqui acaba fez Martin Soares a ũa sa irmãa, porque lhi fez ela querela d’ũu cl[er]igo que a fodia, ca a firia; e o clerigo non quis a ela tornar, atá que ela foi por el a sa casa e o trouxe per’a sua.

Manuscritos


B 1369 (f. 292v, cols. a-b), V 977 (f. 155v, cols. a-b)
[Cantiga de Escarnio e mal dizer]

Edicións


I. Edicións críticas: Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 149-150); Lapa (1970 [1965]: 446 [= LPGP 661]); Lagares (2000: 165 + 122 [rúbrica]); Lopes (2002: 320); Littera (2016: II, 144-145); Arias Freixedo (2017: 267).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 334); Braga (1878: 184); Machado & Machado (1958: VI, 103-104).
III. Antoloxías: Dobarro Paz et alii (1987: 111); Tavares & Miranda (1987: 98-99); Arias Freixedo (1993: 36-37); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 169); Neves (2004: 81); Marcenaro (2006: 150-152).

Variantes manuscritas


Rúbrica 1: d’escarnho] descamho V

Rúbrica 2: Soares] reares V; irmãa] irmaa V; cl[er]igo] digo V; firia] firra V; clerigo] digō V

Texto:
2 Que foy egano hua doā sep’r B : q̄ foy egano hua dona sepi V   4 colheu] choleu V   5 mãos] maas B : maaes V; ten] rē B   7 mãos] mac̄s B : maos V   8 dona] dunha B   9 mãos] mac̄s B   10 o falso] olfasso B; treedor] t’eedor B : t̃eedor V   11 desonrou] dessonssou B; e feriu] et feruj B : et ferui V   12 praz] Paz B : p̃az V; tregoa] tregra V   13 trosquia-l’-ei] t’osaquiley B : t̃osqˈaley V   15 A boa] Alra BV   18 meteu] E meteu B : emeteu V; un] huu B : huū V; carcer] craç’ B : cāz̄ V   19 muitos] muytus V; presos] p’ses B   20 forte] fort’ B : forē V   21 én] om V; meios] meics B; morrer] moirer B

Variantes editoriais


Rúbrica 1: om. Lapa, D'HeurLopes

Rúbrica 2: Soares] Soárez Lapa, Lopes, Littera; ũu] un Lapa, Arias Freixedo : um Lopes, Littera; clerigo] cl[er]igon] Lagares; per’a sua] pera a sua Lapa, Lagares, Lopes, Littera, Arias Freixedo : pera sua D'Heur

Texto:
1 Ũa donzela jaz aqui [....... -eu]] Ũa donzela jaz [preto d]aquí Lapa, Lopes, Littera   2 que foi ogano ũa dona servir] que foy ogano ũa dōa [...] Bertolucci Pizzorusso : que foi ogan’ ũa dona servir Lapa : que foi ogan’ ũa dona ferir D’Heur : que foi ogan’um adeam ferir Lopes : que foi ogan’um adeam servir Littera : que foi ogano u a dean ferir Arias Freixedo   3 no[n] lhi] nolhi Bertolucci Pizzorusso   4 colheu] colhe [i] Lapa : colheu [i] Lopes, Littera   7 del[e] as mãos abrir] d’el[a] as mãos abrir D’Heur : del as mã[a]os abrir Littera   9 mãos] mã[a]os Littera   10 diz: «Est’é] diss’esto Lapa, Lopes, Littera : diss’: – “Est’é Arias Freixedo   11 desonrou] dessonrrou Bertolucci Pizzorusso   13 mas] mais Lopes, Littera   14 come] como Bertolucci Pizzorusso   15 boa] om. Bertolucci Pizzorusso : bõa Lapa, Lopes   17 soub’e[la] o que del fazer] soube o que del[e] fazer Bertolucci Pizzorusso, Lapa, Lopes, Littera, Arias Freixedo   18 meteu-o logo en un carcer atal] e meteu-o logu’en un carcer atal Lapa :  e meteu-o log’en huũ carçer tal D’Heur : e meteu-o log’em um cárcel atal Lopes, Littera   19 muitos] muitus Bertolucci Pizzorusso : muytus D'Heur   20-21 e nunca i tan forte preso jaz / que én saia, [a] meios de morrer] e nunca hi tam forte preso jaz / que em saia, meios de morrer Bertolucci Pizzorusso : e nunca i, tan fort’e preso jaz, / [quer] que en saia, meios de morrer Lapa : e nunca d’i, tam fort’e preso jaz, / [tem] como saia, meos de morrer Lopes, Littera

Paráfrase


Fixo estoutra cantiga de escarnio a unha doncela, e di así:

(I) Vive aquí unha doncela […] que foi este ano servir unha dona, e non se afastou de onde el andaba; e a dona cabalgou e colleu Don Carallote nas mans; e pensa, desde que o ten preso, que está moi ben, e non quere abrir as mans para o ceibar.
(II) E logo que a dona viu Carallote entre as súas mans, sentiu moito gozo; e dixo: «Este é o falso traidor que me deshonrou e feriu hai pouco; deléitome con el aínda que lle dei tregua de non o matar, mais heino de tosquiar como se tosquía (como castigo) a todo falso traidor».
(III) A nobre dama, muller moi leal, así que tivo Carallote no seu poder, soubo moi ben o que facer con el: logo o meteu nun cárcere tal, onde xa moitos presos estiveron antes; e nunca xace nesa prisión un preso tan forte que saia dela, a menos que morra.

Martin Soares fixo esta cantiga que aquí acaba a unha súa irmá, porque ela lle deu queixa dun clérigo que a fodía, porque a maltrataba; e o clérigo non quixo volver con ela, até que ela foi por el á súa casa e o trouxo para a dela.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10b (= RM 163:7)

Encontros vocálicos: 2 oganoũ·a; 12 tre·go͜a; 13 tros·qui·a-; 14 *tre͜e·dor; 16 Caralhoteouv’; 18 logoen

Notas


Rúbrica
  • Na segunda rúbrica, firia mostra un proceso de asimilación da vogal radical similar ao sofrido por outras formas verbais coa mesma estrutura (cfr., por exemplo, divia en 1473.17).

Texto
  • 1-2

    O inicio da cantiga presenta unha lacuna no final do v. 1 e un problema de lectura da secuencia final do v. 2 que, de calquera modo que sexa resolvido, condiciona a interpretación xeral da composición. As propostas editoriais son diversas, pois Lapa (e Lopes e mais Littera) estabelecen aqui como palabra rimante no v. 1, precedida pola lacuna textual. Este feito levou estes editores a realizar unha nova emenda no final do v. 4 para introducir un elemento (i) que estabeleza rima con aqui.
    Coidamos que, a partir dos manuscritos e na esteira de Bertolucci Pizzorusso, a solución máis acaída reside na ausencia da palabra rimante no v. 1, necesariamente coa terminación -eu para rimar con colheu (v. 4).
    No v. 2, por outra parte, interpretamos as problemáticas secuencias <hua doã sep’r> de B e <hua dona sepi> de V como ũa dona servir, con certo carácter conxectural, en liña co contido da segunda rúbrica e tal e como estabeleceron as primeiras edicións (Bertolucci Pizzorusso, Lapa, D’Heur). Así, é lectura fiel de V, mentres que a grafía de B ten de ser interpretada como unha inusual representación de -n- explosivo por medio dun aparente til de nasalidade (véxase nota a 225.2).
    Deste modo, o temo donzela do v. 1 referiríase a unha moza que foi servir unha dona (e que sería a testemuña que presenciase e logo contase os feitos); por outra parte, dona reaparece no v. 4 e ten que ter necesariamente un referente anterior, que será o dona do v. 2, diferente da donzela do v. 1.

  • 5

    Aparentemente, caralhote sería un aumentativo de caralho (< caralho + -ote); porén, o sintagma con don (Don Caralhote) inmediatamente o converte nun antropónimo paródico a partir da fusión de caralho + Lançarote, como xa foi suxerido na edición dos Machado: “Cantiga de Escárnio em que a sátira é disfarçada como paródia de romance bretão. O próprio nome do «herói» rima com o de Dom Lançarote”. D’Heur (1972-73: 259-264), recollendo a afirmación dos editores portugueses, pesquisa con precisión a orixe de Caralhote e conclúe que é un eco dun personaxe da materia de Bretanha, Caradoc, un dos cabaleiros da Mesa Redonda que intervén nun episodio cabaleiresco de Lancelot do Lago, protagonizado por Galván e Caradoc na Torre Dolorosa: “Quand il baptise Caralhote le héros de l’aventure mise en forme de chanson satirique, le troubadour Martin Soares attire l’attention de ses auditeurs sur l’épisode du géant Caradoc, qu’ils doivent connaître, et lui-même annonce ainsi, très clairement, le démarquage auquel is s’est livreé” (ib.: 263).
    Finalmente, nótese como a lección <maaes> de V encobre <maãos>, que, como outras voces terminadas en -ão (e en -ao, nomeadamente mao, véxase nota a 485.20), presenta nos apógrafos italianos a forma gráfica <aāo> ou <āao>, con duplicación vocálica característica destes encontros vocálicos, presente na escrita galego-portuguesa desde os seus inicios e con frecuencia progresiva nos textos finais da Idade Media. De feito, ao longo do corpus das cantigas <-aão>, con algunhas variantes e/ou lapsos de copia, rexístrase en alão (1450.2), mão (382.21, 461.26, 1118.11, 1314.8), cristão (1119.21), Foão (1338.1), irmão (1118.18), temporão (1471.13), verão (1624.5) vilão (115.30, 1592.5).

  • 6

    A secuencia <s-l> (e <r-l>) en que está implicada a forma arcaica lo(s) ~ la(s) do pronome identificador (artigo ou pronome) no encontro con pois e con outros vocábulos acabados en -s (ou -r) debe ser lida como [l], independentemente de que a grafía presente a forma máis antiga (véxase tamén nota a 83.21 e 139.2). No corpus trobadoresco profano, o pronome identificador sofre asimilación fonética xeral con diversos elementos lingüísticos (pronomes, adverbios, conxuncións, e con algúns nomes e/ou participios), especialmente con pois. Cfr. nota a 5.10.

  • 10-14

    Nestes dous versos exsite repetición da palabra rimante (treedor) nestes dous versos, feito que, en principio, constitúe unha anomalía na poética trobadoresca, sen relación con algúns artificios construtivos na rima. Tal reiteración rimática obsérvase esporadicamente ao longo do corpus: 14.48-50 (poderia), 524.9-11 (ei), 704.7-8 (eles), 734.19-20 (i), 783.22-23 (son), 821.16-17 (al), 838.7-11 (é), 879.19-20 (al), 923.10-11 (ei), 926.22-25 (ei), 935.18-20 (i), 1034.7-9 (quiser), 1043.14-15 (al), 1329.15-21 (vista), 1354.r1-r2, 1366.12-15 (i), (treedor), 1388.1-7 (talharon), 1400.23-24 (arteira), 1470b.12-13 (én), 1477.23-25 (ali), 1506.2-3 (cantar), 1535.18-21 (i), 1540.14-18 (i), 1549.19-20 (én), 1633.8-14 (capa).

  • 13

    Nótese a presenza de mas, variante reducida da adversativa mais, unha forma, en xeral, máis característica dos textos copiados no Cancioneiro da Ajuda (véxase nota a 692.10), pois en BV só presenta catorce ocorrencias (véxase tamén 749.15, 773.15, 789.6, 1038.4, 1046.10, 1201.10, 1225.4, 1245.6, 1246.22, 1282.10, 1432.21, 1573.5, 1652.29).
    Trosquiar ‘rapar o cabelo’ no corpus profano só volve aparecer en 371.22 e 489.9, mais é forma de uso compacto na Idade Media, en contraste co moderno tosquiar (cfr. 1558.9).

  • 18

    A variación gráfica un / ũu e algun / algũu rexístrase nun número limitado de contextos, en xeral coa forma un en B fronte a ũu en V: algun <algū> A, <algūu> B (130.15); un <hun> B, <huū> V (938.14, 1324.1 e 2, 1332.4, 1333.1, 1336.1, 1384.2, 1450.2 e 11, 1497.32) e <hū> B, <huū> V (1119.3 e 6)1 , xunto con ũu <huū> B, <hū> V (1641.11); <huū> B, <hun> V (1649.8); <uū> B, <un> V (1663.6).
    O cárcer atal é a vaxina da doncela.

  • 19

    É relativamente frecuente no Cancioneiro da Vaticana a presenza da terminación -us en voces en que é xeral a terminación -os (<muytus>); na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.
    Na lírica profana, as formas de pretérito de jazer (551.18, 918.26, 1554.1, 1674.9) presentan sempre a raíz analóxica jouv- (cfr. lat. iacui > jougue ~ jouve etc.) (Ferreiro 1999: §231).

    O carcer, a prisión de onde os presos que entran só saen despois de morrer, hai que interpretala en clave sexual (‘vaxina’).

  • 21

    A restauración, indicada pola métrica, da preposición a na locución prepositiva [a] meios de contrasta coa forma xeral a meos de xera unha variante fonética da forma xeral a meos de. Cfr. nota a 278.5.

  1. ^

    No v. 3: <hū> B, <hauī> V.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado