Fixo estoutra cantiga de escarnio a unha doncela, e di así:
(I) Vive aquí unha doncela […] que foi este ano servir unha dona, e non se afastou de onde el andaba; e a dona cabalgou e colleu Don Carallote nas mans; e pensa, desde que o ten preso, que está moi ben, e non quere abrir as mans para o ceibar.
(II) E logo que a dona viu Carallote entre as súas mans, sentiu moito gozo; e dixo: «Este é o falso traidor que me deshonrou e feriu hai pouco; deléitome con el aínda que lle dei tregua de non o matar, mais heino de tosquiar como se tosquía (como castigo) a todo falso traidor».
(III) A nobre dama, muller moi leal, así que tivo Carallote no seu poder, soubo moi ben o que facer con el: logo o meteu nun cárcere tal, onde xa moitos presos estiveron antes; e nunca xace nesa prisión un preso tan forte que saia dela, a menos que morra.
Martin Soares fixo esta cantiga que aquí acaba a unha súa irmá, porque ela lle deu queixa dun clérigo que a fodía, porque a maltrataba; e o clérigo non quixo volver con ela, até que ela foi por el á súa casa e o trouxo para a dela.