895 [= Tav 94,11 (= 157,29)]
[...] / mais ambos i faredes o mellor

..................................................
mais ambos i faredes o mellor,
ca, pois omen ben serv’a bon sennor,
bon galardon devedes a levar.
 
 
 

Manoscritti


A 303

Edizioni


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 607); Stegagno Picchio (1968: 150 [= LPGP 626]); Littera (2016: II, 91).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 177); Machado & Machado (1960: VII, 68); Arbor Aldea (2016b).

Varianti editoriali


3 devedes a] deve d’ ess’ a Michaëlis

Parafrasi


[...] mais ambos faredes niso o mellor, xa que, cando un home serve ben a un bo señor, un bo galardón debedes levar.

Metrica


Esquema métrico: [...] 10a 10a 10b

Note


Testo
  • *

    A cantiga, fragmentaria, e da que só foron transmitidos os tres versos finais, cópiase no f. 85r de A, tras unha lacuna material que se verifica entre este folio e o anterior, o 84v (véxase comentario á cantiga precedente, nº 894). Sen correspondencia nos apógrafos italianos, como as tres pezas seguintes deste ciclo, debe ser da autoría de Martin Moxa, trobador a que BV lle atribúen o poema nº 887, que pecha ese breve ciclo de textos, Amor non qued’eu amando (B 895, V 480), polo menos no estado actual dos manuscritos.

  • 2

    Aínda que o resultado xeral de hŏmĭnem no Cancioneiro da Ajuda é ome, nesta cantiga e mais en 129.14, 276.13 e 444.10 atéstase a variante omen, máis frecuente nos apógrafos italianos (cfr. nota a 66.19).

Cerca
    Nessun risultato trovato