1239 [= RM 64,26]
Por Deus, amiga, preguntar-vos-ei

Por Deus, amiga, preguntar-vos-ei
do voss’amigo, que vos quer gran ben,
se ouve nunca de vós algun ben;
que mi-o digades e gracir-vo-l’-ei.
Par Deus, amiga, eu vo-lo direi:
serviu-me muit’e, eu por lhi fazer
ben, el foi outra molher ben querer.
Amiga, vós non fezestes razon
de que perdestes voss’amig’assi:
quando vos el amava máis ca ,
por que lhi non fezestes ben enton?
Eu vos direi, amiga, por que non:
serviu-me [muit’e, eu por lhi fazer
ben, el foi outra molher ben querer].
Vedes, amiga, meu sén ést’atal
que, pois vos Deus amigo dar quiser
que vos muit’am’e vos gran ben quiser,
ben lhi devedes fazer e non mal.
Amiga, non lhi pud’eu fazer al:
serviu-[me muit’e, eu por lhi fazer
ben, el foi outra molher ben querer].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscripts


B 1223, V 828

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 395-396); Zilli (1977: 96 [= LPGP 424]); Cohen (2003: 458); Littera (2016: I, 479-480).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 285); Braga (1878: 156); Machado & Machado (1956: V, 337).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 343); Landeira Yrago (1975: 220); Magalhães (2007: 106).

Manuscript variants


2 gran] grã B   5 amiga] amigo B   9 que] (ꝑ) q̄ B ; voss’] noss V   11 por] Pº B   16 Deus] om. V; vos] om. B   17 gran] grã B

Editorial variants


1 vos] vus Zilli   2 vos] vus Zilli   6 serviu-me muit’e, eu por lhi fazer] serviu me muito, e por lh’eu fazer Cohen : serviu-me muit’, e por lhi [nom] fazer Littera   10 vos] vus Zilli; ca sí] ca ‘ssy Zilli   12 vos] vus Zilli   13 serviu-me muit’e, eu por lhi fazer] serviu me muito, e por lh’eu fazer Cohen : serviu-me muit’, e por lhi [nom] fazer Littera   15 ést’atal] est atal Nunes   16 Deus vos] Deus vus Zilli : vos Deus Cohen   17 vos ... vos ] vus ... vus Zilli   20 serviu-me muit’e, eu por lhi fazer] serviu me muito, e por lh’eu fazer Cohen : serviu-me muit’, e por lhi [nom] fazer Littera

Paraphrase


(I) –Por Deus, amiga, quérovos preguntar polo voso amigo, que vos ama moito, se recibiu de vós nalgunha ocasión algún ben; dicídemo e agradeceréivolo. 
–Por Deus, amiga, héivolo de dicir: serviume moito e, en pago do ben que eu lle fixen, foi el amar outra muller.

(II) –Amiga, vós non obrastes ben perdendo o voso amigo así: cando el vos amaba máis que a si mesmo, por que non lle fixestes ben daquela? 
–Eu vos direi, amiga, por que non: serviume moito e, en pago do ben que eu lle fixen, foi el amar outra muller.

(III) –Vede, amiga, o meu parecer é tal que, pois vos Deus quixo dar un amigo que vos amase moito e que vos quixese ben, debédeslle facer ben e non mal. 
–Amiga, eu non lle puiden facer outra cousa: serviume moito e, en pago do ben que eu lle fixen, foi el amar outra muller.

Metrics


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10a 10C 10C (= RM 139:4)

Encontros vocálicos: 4 mi͜-o

Notes


Text
  • 6-7

    A partir dunha expresión considerada anómala por Cohen, o editor norteamericano emenda o refrán para ‘normalizar’ tal expresión:
              serviu me muito, e por lh’ eu fazer
              ben, el foi outra molher ben querer.

    En verdade a fórmula do refrán é peculiar, mais é produto do deslocamento de eu. Esta xera un hipérbato que produce un certo estrañamento sintáctico que, con todo, non xustifica as emendas de Cohen:
              serviu-me muit’e, eu por lhi fazer
              ben, el foi outra molher ben querer.

    Isto é: «serviu-me muit’e, por eu lhi fazer / ben, el foi outra molher ben querer».

  • 10

    Nótese a errada interpretación de Zilli, que considera o pronome si como unha forma aferética do adverbio assi, que xustifica do seguinte modo: «l’avverbio (...) allude al comportamento infedele dell’amico che foy outra molher ben querer (v. 7)».

    A preposición a non existe na expresión amar máis ca mi(n)/sí (nen al), moi frecuente no corpus trobadoresco (102.17, 140.8 e 10, 200.5, 215.16 etc.), a pesar de, aparentemente, o pronome tónico esixir a presenza do enlace. Neste sentido, téñase en conta que os pronomes persoais tónicos poden aparecer sen preposición en numerosas pasaxes (véxase Glosario, s.v. , func. 2). Cfr. nota a 177.22 e 243.15-16.

  • 16

    Perante a omisión de un elemento textual en cada un dos apógrafos (Deus en V, vos en B), a orde proposta parte da habitual interpolación pronominal no corpus. Véxanse construcións similares no corpus, co inicio pois vos Deus... en diversas pasaxes: 39.13, 161.19, 297.10 etc.

Search
    No results

    This site uses third-party cookies for analytical purposes to help us track and monitor how users navigate the site (e.g. which pages they visit). Remember that if you accept third-party cookies, you should delete them from your browser options or from the system provided by the third party in question.
    Click below to accept or to edit your cookie settings.

    SettingsAccept