Esta composición aparece repetida (e riscada) en B, co número 902 (tamén riscado).
I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 621-622 [= LPGP 897]); Arias Freixedo (2010: III); Littera (2016: II, 438-439).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 178); Braga (1878: 92-93); Machado & Machado (1953: IV, 250-251); Carter (2007 [1941]: 181); Arbor Aldea (2016b).
II. Antoloxías: Seoane (1941: 100); Piccolo (1951: 163-164); Nunes (1959: 242-243); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 111); Álvarez Blázquez (1975: 83); Ferreira (1988: 93); Ferreira (1991: 129-130); Jensen (1992: 346); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 210).
1 começa] comeca B : comença B’ 2 temia] tenha B : ten ha V : tenho B’ 3 cuidava] cuydana B’; m’ia] ma B 4 todo] codo V 5 Ca o] ca a V 6 filhar] falhar B 8 ja] om. BB’V 10 mais-lo] Maylo B : May lo B’ : maylo V; poder ja] poteria V 13 fezera] feza V 14 quando] Quanda B’; min] mj BB’ : mi V; quitou] quetou BB’ : qiton V 15 min] mj BB’ : mi V; leixou] leixon V 16 me] mj B : my B’ : mi V 19 dev’] de n V; om’] ome BB’V 20 poss’] possa B’V 21 que o] om. B’; quige] qigi BB’V 22-28 om. B 26 bẽeiga Deus-la] beenga d’s a B’ : beenga đs a V 28 nulh’om’] Nulhomen B’ : nu lho mē V
5 Amor] amor Littera 7-8 todo meu / sono] tod’o meu / sono Littera 11 Amor] amor Littera 17 Amor] amor Littera 23 Amor] amor Littera 25 A dem’] A[o] dem’ Littera 26 Deus-la] Deus a Michaëlis, Littera
(I) Agora comeza o meu mal, do que xa non temía nada e do que coidaba que estaba curado, mais todo virou para mal, porque o condenado de Amor fíxome agora namorar doutra señora.
(II) Xa dormía a pracer e xa non estaba tolo, e podía dedicarme a asuntos de proveito; mais xa non teño ese poder, porque o condenado de Amor fíxome agora namorar doutra señora.
(III) Que ledo cheguei a sentirme cando Amor me deixou en paz un pouco tempo que me deixou libre! Mais doutra maneira me vai xa, porque o condenado de Amor fíxome agora namorar doutra señora.
(IV) Por iso ninguén se debe alegrar moito de cousa boa que poida ter, pois eu, que o quixen facer, xa non teño de que me alegrar, porque o condenado de Amor fíxome agora namorar doutra señora.
(1) Ao demo encomendo eu Amor, e Deus bendiga a señora, que ninguén poderá saber quen é, mentres eu viva!
Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= RM 160:377) + 8c 8c 8c 8c
Encontros vocálicos: 15 mi‿a
No Cancioneiro da Biblioteca Nacional, toda a columna b do folio 193v aparece repetida na columna a do folio 194r. Entre as dúas versións aprécianse bastantes diferenzas de copia, aínda que ambas se deben á mesma man (no aparato de variantes diferenciamos entre a primeira versión [= B] e a segunda [= B']). A primeira versión da cantiga é numerada por Colocci co nº 901, e vai precedida das apostilas 9ged, alusiva á presenza da fiinda, e tornel, indicadora da presenza do refrán. A segunda versión, tamén foi numerada en principio co nº 902, mais posteriormente o humanista italiano riscou o número ao decatarse de que a cantiga estaba repetida, e quixo remarcar esta circunstancia trazando unha liña horizontal que une, de folio a folio, o primeiro verso de cada unha das dúas versións.
É chamativa a aparición da variante començar na segunda copia de B: os máis de cen exemplos recollidos no Corpus do Galego-Portugués Antigo son todos eles, case sen excepción, de obras escritas en territorio galego. Só achamos unha ocorrencia dun derivado no Castelo Perigoso:
Temo(r) començávell he quando algũu leixa de faz(er) mall e faz bem nom tam soomente com medo das p(e)nas, mas com temor de p(er)der a companhia de D(eu)s. E dúas atestacións no Tratado de Confissom: Diz Sãt Gregorio que o començo de todo pecado he soberba, a qual he raiz de todo mal. [...] ha tẽporal he rayz e començo e meo e fĩ de todo mal (cfr. CGPA, ed. J. A. Santana Neto).
A expresión demo de, seguida dun nome, funciona como adxectivo co sentido de ‘demoníaco, malvado’. Eis outras ocorrencias:
d’al and’ora máis nojoso
do demo d’ũa meninha (383.25);que mi alongue muit’aginha
deste demo da campinha
u os alacrães son (478.10).
En calquera caso, a expresión confire unha carga de coloquialidade ao refrán e, por extensión, á composición.
Nótese a presenza da grafía arcaiga mais-lo en A (vs. <maylo> BB’V), así como no v. 26, onde fronte ao Deus-la sennor de A se acha Deus a senhor, sen asimilación, en BV: a secuencia <s-l> (e <r-l>) en que está implicada a forma arcaica lo(s) ~ la(s) do identificador (artigo ou pronome) no encontro con certos vocábulos acabados en -s (ou -r) debe ser lida como [l], independentemente de que a grafía presente a forma máis antiga (véxase tamén nota a 83.21 e 139.2). Na lingua medieval, e no corpus trobadoresco profano máis en concreto, o pronome identificador sofre asimilación fonética xeral cos pronomes átonos nós, nos, vós, vos e lhes, así como co indefinido todos e coas preposicións por ~ per, des e tras e cos adverbios alhur e depois, xunto con mais e pois (adverbios e/ou conxuncións); polo contrario, coas formas verbais acabadas en -r ou -s a representación da asimilación é vacilante. Mais para alén destes fenómenos asimilativos máis ou menos sistemáticos que chegan na lingua oral até hoxe, na lingua trobadoresca tamén aparecen outras asimilacións con formas adverbiais e conxuntivas alén de mais e pois (véxase nota a 331.7), con outras formas pronominais ademais das citadas (véxase nota a 334.4), con algúns substantivos (véxase nota a 25.16) e, finalmente, co adxectivo melhor (véxase nota a 185.8) e mais con algúns participios plurais (véxase nota a 960.24).
En calquera caso, achamos máis casos de diverxencia nos manuscritos (véxase tamén o v. 26: bẽeiga Deus-la sennor A vs. beenga Deus a senhor B’V), onde se detecta a preferencia de A (e N) por unha representación arcaizante: pois-la vir A vs. poila vi B (136.19, 275bis.8), pois-la vi A vs. poila vi B (174.18), Deus-lo sabe A vs. Deu-lo sabe B (177.3), Deus-la fezo A vs. Deu-la fez B (277.17), mais-lo poder ja non é meu A vs. mai-lo poder ja non é meu BB’V (901.10), Depois-lo tiv’eu guisado B vs. Depoi-lo tiv’eu guisado V (1123.17), miraremos-las ondas! N vs. miraremo-las ondas BV (1297.r). Mais tamén se rexistra variación inversa ou diverxencias dentro do mesmo cancioneiro: poi-la cinta achei B’V vs. pois-la cint’achei B (48.14), Deu-los leix(e) A vs. Deus-los leix(e) B (83.21, 199.33), Mai-la mesura A vs. Mais a mesura B (217.15), sode-la mellor / dona A vs. sodes a melhor / dona B (217.10). Cfr. nota a 965.11.
Na concorrencia entre os manuscritos do presente de subxuntivo de bẽeizer ~ beenzer (bẽeiga A vs. beenga BV) percíbese a dirección evolutiva que se manifesta modernamente no galego beicer vs. benzer portugués.
Resulta ben significativo o erro de transmisión na segunda copia da cantiga, coa forma lusitanizante omen –vs. om(e) en ABV– que impediría a crase (*nulh’omen enquant’eu vivo for) e convertería en hipermétrico o verso. O mesmo erro se detecta noutras pasaxes do corpus: 82.14, 132.21, 492.17, 851.21, 901.28 B’V (vs. AB), 1109.7, 1198.8, 1559.8, 1679.10, 1681.17.
This site uses third-party cookies for analytical purposes to help us track and monitor how users navigate the site (e.g. which pages they visit). Remember that if you accept third-party cookies, you should delete them from your browser options or from the system provided by the third party in question.
Click below to accept or to edit your cookie settings.