I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 146-147); Ferreiro (1992: 79 [= LPGP 884]); Cohen (2003: 214); Littera (2016: II, 430-431).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 129-130); Braga (1878: 62-63); Machado & Machado (1953: IV, 22).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 37).
1 sazon] sazo V 4 ést’[or]a quite] esta quite BV 7 outra] aout̄ BV 8 veer] u(**)\ee/r V 11 no] om. B 17 força] forza V
4 ést’[or]a quite] está quite Nunes : [el] está quite Ferreiro : está, [e] quite Littera; d’outra] d[e] outra Nunes 10 per] por Nunes
(I) O voso amigo, amiga, houbo un tempo en que desexaba de corazón outra muller; mais na vosa prisión está agora liberado por vós doutra cousa, e, xa que nada desexa senón a vós, ben sería de lle facerdes ben.
(II) El outra dona soía amar, amiga, e foivos ver e agora xa non pode sentir alegría de si nin de nada senón o que lle vén de vós; e, xa que así está no voso poder, ben sería de lle facerdes ben.
(III) El tiña outra dona por señora, e agora Deus por lle facer sufrir unha coita maior mentres estiver vivo, mostróullevos a vós, por que el perde o xuízo; e, pois así o forza o voso amor, ben sería de lle facerdes ben.
Esquema métrico: 3 x 10a 10a 10a 10b 10a 10B (= RM 13:26)
Encontros vocálicos: 7 so·i·a; 13 dona‿avia
Para alén da existencia dunha secuencia ést’ora no íncipit Que grave m’ést’ora de vos fazer de Joan Airas (957.1), a reintegración por razóns métricas do adverbio ora neste verso vén indicada pola súa presenza nas estrofas II (v. 9) e III (v. 14).
Con todo, outra posibilidade de restauración do verso, atendendo neste caso á reiteración do adverbio ja nas estrofas II (v. 9) e III (v. 15), sería editar: ést[e j]a quite por vós d’outra ren.
É relativamente frecuente achar nos cancioneiros o acrecentamento do elemento a (artigo ou preposición), como acontece neste verso, coa presenza espuria da preposición a introducir o CD: querer (a) outra dona. O mesmo erro pode verse en 226.9, onde A subministra a lección correcta: De querer ben [a B] outra moller / punnei eu i á gran sazon. Outras adicións similares de a poden verse en 68.1, 197.4 e 225.2 (B vs. A) ou en 1100.4 (V vs. B). De todos os xeitos, véxase a construción paralela no v. 13, sen preposición a: El outra dona avia por senhor.
O pronome vós é CD sen preposición, como pode acontecer cos pronomes persoais tónicos oblicuos –mi(n), ti, el(a), nós, vós, eles, elas–, feito relativamente frecuente pola flexibilidade métrica que tal posibilidade expresiva ofrece.
Fem servir cookies de tercers amb finalitats analítiques per poder conèixer els hàbits de navegació (per exemple, les pàgines visitades). Tingueu en compte que, si accepteu les cookies de tercers, haureu d'eliminar-les de les opcions del navegador o del sistema ofert per tercers.
Feu clic al botó corresponent per acceptar o rebutjar les cookies: