I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 296-298); Stegagno Picchio (1968: 128-129 [= LPGP 626-627]); Littera (2016: II, 95-96).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 174); Braga (1878: 90); Machado & Machado (1953: IV, 229-230); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 91-92).
III. Antoloxías: Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 49); Arias Freixedo (2003: 606-608); Souto Cabo (2017: 168).
3 muito] mityto V 4 que] ꝯ̃ V 6 arç’e mi afogo e moiro] arce mha foge moyro B : aree mha foge moyto V 7 senç’] sencz B : senz V 8 leixei] lexxey B 11 o pequeno] E o pequeno B : e o peq̅no V 12 seu] sen BV 16 en poder ten] e poder rem V 17 tom’en] romen V 19 coraçon] corazō V 20 ant’os] amos B 21 e] et B; u] du BV 22 podesse] pedesse V 23 coraçon] coracom V 24 com’el] Cōmel B : commel V 25 del e de min] delidemj̄ B : delidemī V 26 trob’] rrob V 27 cantar] tantar B 29-31 om. B
4 perco] perço Littera 6 arç’e mi afog’e moiro] atee mh afrijo moyto Nunes : ard’e mh afog’ e moyro Stegagno Picchio : ard’e mi afog’e moiro Littera 7 senç’u] sencz u Stegagno Picchio 8 [a]] om. Nunes 10 Amor] amor Stegagno Picchio 11 o pequeno] e o pequeno Nunes, Stegagno Picchio, Littera 12 e no] eno Nunes, Stegagno Picchio, Littera 15 quen] que Stegagno Picchio 16 min] mi Nunes 23 se viss’ela] que viss’el(a) Nunes 24 dever-s’-i’a doer] dever-ss’ya doer Nunes, Stegagno Picchio : dever-s’-ia doer Littera 25 viss’, e] visse Nunes 26 en a] ena Littera 28 lh’ouso] lh’ous(o) Nunes 31 de máis] demais Littera
(I) O gran pracer e o gran gozo que sempre tiven pensando no ben da miña señora fanme xa desexala tanto que morro e non perdo as coitas de amor; mais pásame que algunha vez ardo e afogo e morro porque non sinto onde me doe nin sei de que defenderme.
(II) E por isto non deixei despois de amar e de servir e de facelo o mellor posíbel, pois Amor sempre quere levar como ben para si o pequeno e o grande e o maior, cales el quere, e están no seu poder: e pois iso é así, seméllame razoábel servila e agardar polo seu ben.
(III) Ai, Deus, quen puidese ter tal ben de tal señora como a que me ten no seu poder! Aínda que me causa pracer pensar niso, pensar tírame o sono e o siso, pois non podo afastar o corazón diso, porque sempre ma fai vir ante os meus ollos, vaia a onde eu vaia, e vela alí onde a vin (por primeira vez).
(IV) Mais sei unha cousa, se esta puidese ser: se ela vise o meu corazón tan positivamente como el a ve a ela, debería ter dó del e de min, despois de o ver, e por iso amo eu e trobo e empéñome en servila: para que entenda, tras oír o meu cantar, o que non podo nin ouso dicirlle.
(1) E ninguén debe ocultar o seu sentimento a quen sabe que o pode salvar; máis aínda cando ninguén máis lle pode valer.
Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10a 10b 10c 10c 10a (= RM 160:9) + 10c 10c 10a
Encontros vocálicos: 3 mi͜-a; 6 mi‿afog’; 11 pequeno‿e, grande‿e; 20 mi͜-a; 23 ela‿o; 28 ouso‿a
O protagonista desta cantiga, contrariamente ao que é habitual no corpus, mostra unha actitude positiva respecto das desventuras amorosas, mostrándose perseverante e esperanzado a pesar de todas as dificultades. Noutras cantigas deste mesmo autor, como Pero mi fez e faz Amor (nº 884) ou Amor, non qued’eu amando (nº 887), encontramos a mesma actitude positiva e perseverante, que contrasta co pesimismo maioritario nas cantigas de amor.
A forma arço extráese sen dificultades da lección de B (<arc|), co lapso <c>/<ç>, coa raíz arç-, que provén da irregularidade que existía en moitos verbos durante a Idade Media, antes da nivelación analóxica que se produciu en moitos paradigmas verbais. Neste caso, arço procede ardĕō (vs. ardes > ardes etc.) tal como pĕrdĕō > perço (vs. perdes > perde etc.), sĕntĭō> senço (vs. sĕntes> sentes etc.) etc. (véxase Ferreiro 1999 [1995]: §§180a, 192a).
A lectura de Nunes supón unha inxustificada intromisión textual; pola súa parte, Stegagno Picchio e Littera erran ao estabelecer unha forma ard(o) en vez de arç(o).
Stegagno Picchio mantén a inusual grafía <cz> = <ç> /ts/ que raramente se rexistra na produción medieval, aínda que existen algunhas ocorrencias en formas como czincoeẽta, czinqui; cõndiczõ, maldiczõ, uendiczõ; faczo, faczades; Lourẽczo, pertẽẽczas, preczo, reczebi, seruiczo (cfr. CGPA s.v.).
Canto a dol ‘doe’, supón tamén a evolución fonética directa de dolet, con perda de -e final tras /l/ após a desaparición de -t, que contrasta coa desaparición de -l- nas restantes formas da conxugación: dŏlĕō > do(i)o, dŏles > does, dŏlet > dol etc. (→ mod. doe ~ dói). Véxase Ferreiro 1999 [1995]: §180a. Cfr. nota a 485.9, 1540.3.
A reintegración da preposición de é necesaria para que o verso teña sentido.
Aínda que minoritaria, a forma milhor, con pechazón de /e/>/i/ por influencia de consoante palatal (por iode na súa base etimolóxica mĕliōrem), ten certa presenza na lingua trobadoresca.
Nas edicións precedentes mantense a copulativa inicial no v. 11, presente en BV, que dificulta a consideración dese verso como o necesario CD de levar (v. 10) e provoca unha moi irregular sinalefa da conxunción copulativa (*e‿o) e, ao mesmo tempo, esixe a aglutinación eno do v. 12, tal como acontece nas edicións de Stegagno Picchio e Nunes:
ca sempr’amor per bem se quer levar,
e o pequeno e o grande e o mayor,
quaes el quer, eno seu poder son.
Tal como foi exposto en Ferreiro (2019: 30-31), a expunción da anómala copulativa permite restaurar a isometría e regularizar a expresión, de modo que o v. 11 funciona como CD de levar (v. 9), ao tempo que condiciona a deglutinación e no no v. 12:
ca sempr’amor per ben se quer levar
o pequeno e o grande e o maior,
quaes el quer, e no seu poder son: / ...
Pola nosa parte, consideramos que no v. 10 ben é substantivo e se un dativo ético, e no v. 11 os termos pequeno, grande e maior aluden a que Amor ten poder sobre todos, independentemente do estamento social a que pertenzan: ‘Amor sempre quere levar como ben para si ao pequeno e ao grande e ao maior’.
Nótese a presenza do CD min, pronome persoal tónico oblicuo, sen preposición (qual min en poder ten), como é frecuente na lingua trobadoresca; o mesmo acontece con ela no v. 24: se viss’ela o meu coraçon tan ben / com’el ela.
É frecuente a aparición da grafía latinizante et para a copulativa e, do mesmo xeito que outras grafías ou formas latinizantes que se detectan ao longo do corpus. Neste sentido, véxase como no v. 24 aparece tamén a grafía <cōm(o)> e <comm(o)> en BV, tamén forma latinizante que aparece esporadicamente nesta conxunción nos apógrafos italianos.
Obsérvese o moi probábel erro <du>/<hu> u (tamén en 170.23), tal como se percibe na expresión cada u ‘cada vez que’ necesaria neste verso: cada u vou, e, u a vi, veer. A manutención de d’u implica unha expresión moi forzada (‘e vela desde onde a vin –por primeira vez–’).
Segmentamos a preposición a na perífrase dever + a + infinitivo (dever-s’-i’a doer / del e de min), aínda que Nunes, Stegagno e Littera mantiveron a construción dever + infinitivo. De todos os xeitos, cando existen diverxencias redaccionais, os manuscritos non mostran unha especial preferencia por unha ou outra formulación perifrástica: devede-l’a sofrer A vs. devede-lo sofrer B (80.6), deve ficar A vs. dev’a ficar B (146.29), dev’end’a fillar A vs. dev’ende filhar B (310.22), devia / con dereito chamar A vs. devia / con dereit’a chamar BV (807.1-2).
Nótese neste verso a presenza do provenzalismo cor, que compite con coraçon.
Utilizamos cookies de terceiros con fins analíticos para poder coñecer os hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Lembre que, se aceptar cookies de terceiros, terá de as excluír das opcións do seu navegador ou do sistema ofrecido por terceiros.
Clique no botón correspondente para aceptar ou rexeitar as cookies: