1052 [= Tav 63,32]
Ir-vos queredes e non ei poder

Ir-vos queredes e non ei poder,
par Deus, amigo, de vos én tolher,
e, se ficardes, vos quero dizer,
meu amig’, o que vos por én farei:
os dias que vós a vosso prazer
non passastes, eu vo-los cobrarei.
Se vos fordes, sofrerei a maior
coita que sofreu molher por sen[h]or,
e, se ficardes polo meu amor,
direi-vo-lo que vos por én farei:
os dias que vós a vosso sabor
non passastes, eu vo-los cobrarei.
Ides-vos e tẽedes-m’en desden
e fico eu mui coitada por én,
e ficade por min, ca vos conven,
e direi-vos que vos por én farei:
os dias que vós non passastes ben,
ai meu amigo, eu vo-los cobrarei.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1050, V 640

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 297-298); Rodríguez (1980: 274 [= LPGP 386-387]); Cohen (2003: 583); Littera (2016: I, 467).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 227); Braga (1878: 123); Machado & Machado (1956: V, 54); Fernández Pousa (1959: 273).
III. Antoloxías: Magalhães (2007: 101).

Variantes manuscritas


1 vos] uos BV   3 vos] uos BV   4 vos] uꝯs B : uos V   5 vós] uꝯ BV   7 vos] uos BV   8 coita] corta V; sofreu] sofren B   10 vos] uos BV   11 a] o V   12 eu vo-los cobrarei] om. B   13 vos] uos B; tẽedes] teendes BV   15 min] mi V; vos] uos BV   16 direi-vos] diremꝯ V; vos] uos BV

Variantes editoriales


En Rodríguez, Cohen e Littera o sexto verso de cada estrofa é considerado refrán.

4 amig’, o] amigo Nunes, Rodríguez, Cohen   10 vos] om. Rodríguez   13 tẽedes] teendes Nunes, Littera   15 min] mi Nunes, Cohen, Littera   18 amigo] amigu’ Nunes

Paráfrasis


(I) Queredes marchar e non teño poder, por Deus, amigo, para volo impedir, e, se ficades, quérovos dicir, meu amigo, o que vos darei a cambio: os días que non pasastes a voso gosto, eu volos compensarei.
(II) Se marchardes, sufrirei a maior pena que sofreu ningunha muller polo seu namorado, e, se ficardes polo meu amor, direivos o que vos farei por iso: os días que non pasastes a voso gosto, eu volos compensarei.
(III) Marchades e desprezádesme e fico moi coitada por iso, e quedade por min, que vos convén, e direivos o que vos farei por iso: os días que non pasastes ben, ai meu amigo, eu volos compensarei.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10a 10a 19b 10a 10b (cfr. Tav 13:18)

Encontros vocálicos: 18 amigo,‿eu

Notas


Texto
  • *

    Esta composición presenta unha evidente conexión temática coas cantigas 959 e 960, tamén de Joan Airas, en que o trobador reclama a Deus polos días que pasa sen a súa senhor. Na realidade, o trobador introduce unha clara innovación no xénero de amigo, xa que parte do léxico propio do de amor, ao falar da coita polo senhor, que neste caso non fai referencia a unha muller –como na cantiga de amor–, senón a un home.
    A pesar da nota tornel e da presenza das marcas coloccianas, nesta cantiga dificilmente podemos considerar a existencia de refrán polo feito de a terceira estrofa presentar un sexto verso con diferente redacción aos anteriores, por máis que no v. 12 o Cancioneiro da Biblioteca Nacional omitise parte do verso como se fose refrán. Para casos similares, véxanse, por exemplo a cantiga 532; e tamén, para refráns de un único verso fronte á posibilidade de refrán biversal (pola variación nalgunha das estrofas), véxanse UC 26 ou 555.

  • 4

    A segmentación do artigo en amig’, o facilita a sintaxe coa introdución do determinante do pronome relativo.

  • 5

    A lección dos apógrafos italianos mostra un evidente erro na interpretación do pronome vós, necesariamente tónico neste contexto, que comparece nos manuscritos como unha forma átona <uꝯ>, cun erro que se rexistra nos tres grandes cancioneiros. Así, en BV, pode verse a lección errada coincidente tamén en 402.11, 16 e 17 (cfr. <uos> na v. 5), 791.13, 840.17, 855.13, 920.14, 1052.5, 1111.11, 1195.15, 1264.6 etc.; do mesmo xeito, aparece en cantigas transmitidas só por un dos cancioneiros italianos: 183.17 e 185.21 (en B); 1013.1 (en V). Porén, o lapso de copia rexístrase tamén no Cancioneiro da Ajuda fronte ao Cancioneiro da Biblioteca Nacional (vós <uꝯ> A : <uos> B) en 72.13, 88.20, 90.16, 133.10, 134.24, 138.14, 315.8; e aínda existe en pasaxes con diferente lección conforme os manuscritos: 900.7 (<uꝯ> B vs. <uos> AV), 1022.7 (<uꝯ> V vs. <uos> B).

  • 13

    Neste verso semella aparentemente consolidado o desenvolvemento da consoante nasal implosiva a partir da nasalidade inicial (tĕnētĭs > tẽedes > teendes). No entanto, achamos que todos os datos suxiren que a consoante implosiva é desenvolvemento da nasalidade vocálica por parte dos copistas: en 552.16 tẽede presenta as leccións <Teende> B, <tẽede> V, que leva a fixar a forma tẽede, do mesmo modo que en 1477.5 a común lección <teendes> de BV ten de ser emendade para tẽedes pola rima con veedes (1477.6). No verbo viir, só rexistramos vĩid(e) en 778.5, xunto cun testemuño contraditorio en 774.r1, coas leccións <Uijnde> / <Vimde> / <Vijde> B e <nunde> / <nunde> / <uijde> V, que levan para un texto vĩide / vĩide / viide (con mínima variación lingüística no refrán).

Buscar
    Sin resultados