1166 [= Tav 83,2]
Cabelos, los meus cabelos

– Cabelos, los meus cabelos,
el-rei me enviou por elos.
Que lhis farei,
madre? – Filha, dade-os a el-rei.
– Garcetas, las mias garcetas,
el-rei m’envio[u] por elas.
Que lhis farei,
madre? – [Filha, dade-as a el-rei].
 
 
 
 
5
 
 
 

Manuscritos


B 1154, V 756

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 351); Cunha (1999 [1949]: 253 [= LPGP 571-572]); Cohena (2003: 390); Littera (2016: II, 27); Cohenb (2016b: 17).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 263); Braga (1878: 143); Bell (1920: 61); Machado & Machado (1956: V, 243); Alvar (1969: 90-91).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 113); Cidade (1941: 28-29); Seoane (1941: 90-91); Nemésio (1961 [1949]: 139-140); Varela Jácome (1953: 58); Álvarez Blázquez (1975: 227); Torres (1977: 547); Correia (1978: 226); Reckert & Macedo (1980: 170); Beltrán (1987: 64); Alvar & Beltrán (1989: 346); Pena (1990: 170); Sansone (1990: 326); Jensen (1992: 188); Delgado León (1996: 95); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 134); Vallín (1999: 61); Alvar & Talens (2009: 568); Fidalgo (2009: 110).

Variantes manuscritas


1 Cabelos] Cabelas V; meus] mrꝯ B   2 enviou] envion V   3-4 Q̅ lhis farey madre (filha da deos) / Filha da deos a el Rey B : q̄ lhys farey madre / filha da deos a el Rey V   5 Garcetas] Garzetas V   6 m’envio[u]] mēuio B : mēmo V

Variantes editoriais


2 me] m’ Nunes, Cunha   3-4 Que lhis farei, / madre? –Filha, dade-os a el-rei] Madre, que lhis farei? / – Filha, dade-os a el-rei Nunes, Littera : Madre, que lhis farey? / – Filha, dade-os a el-rey Cunha : <ai> madre, que lhis farei? / – Filha, dade os al rei Cohena, Littera, Cohenb   7-8 Que lhis farei, / madre? –[Filha, dade-as a el-rei] Madre, que lhis farei? / – Filha, dade-as a el-rei Nunes, Littera : Madre, que lhis farey? / – Filha, dade-as a el-rey Cunha : <ai> madre, que lhis farei? / – Filha, dade as al rei Cohena, Littera, Cohenb

Paráfrase


(I) –Cabelos, os meus cabelos, pediume o rei que llos dese. Que lles farei, madre?
Filla, dádeos ao rei.
(II) –Trenzas, as miñas trenzas, pediume o rei que llas dese. –Que lles farei, madre?
Filla, dádeas ao rei.

Métrica


Esquema métrico: 2 x 7’a 7’a 4B 10B

Encontros vocálicos: 2 me‿en·vi·ou

Notas


Texto
  • *

    A disposición textual da cantiga respecta fielmente a lección dos manuscritos, que tradicionalmente foron emendados para conseguir unha regularidade métrica que BV non certifican. Véxanse outras estruturas métricas similares tales como 7a 7a 4’b 7’b [= Tav 40:58], 7’a 7’a 3’b 7’b [= Tav 40:59] ou 7’a 7’a 2b 8b [= Tav 40:60] presentes no repertorio tavaniano (Tavani 1967).
    Tanto Nunes como Cunha, Cohen e Littera deslocan o vocativo madre do segundo verso do refrán para o primeiro verso; deste modo singularizan metricamente a súa resposta. Eis a edición de Rip Cohen:
              – Cabelos, los meus cabelos,
              el rei me enviou por elos,
              <ai> madre, que lhis farei?
              – Filha, dade os al rei

              – Garcetas, las mhas garcetas,
              el rei m’ enviou por elas,
              <ai> madre, que lhis farei?
              – <Filha, dade as al rei>

    Nesta cantiga a alusión aos cabelos ten un valor simbólico de carácter erótico. Na época, só unha moza ou doncela podía andar co cabelo descuberto, de forma que unha "donzela en cabelo" identificábase xuridicamente cunha muller nova virxe. De aí que a acción de dar os cabelos ao rei teña aquí o valor metafórico e simbólico de lle entregar a súa virxindade.

    Nótese, ademais, como en moitas das cantigas de Joan Zorro (véxanse tamén UC 1161116311651167116811691170), en maior ou menor medida, está presente a rima asoante ou toante que se rexistra nun grupo significativo das cantigas de amigo (ou similares), todas elas de teor tradicionalizante. Véxanse diversas composicións de Don Denis (583584585586606609), Fernan Rodriguez de Calheiros (647), Nuno Fernandez Torneol (656), Joan Soarez Coelho (704), Afonso Sanchez (781), Paai Gomez Charinho (813839), Meendinho (848), Airas Nunez (864870), Roi Fernandiz de Santiago (903), Pero Gonçalvez de Portocarreiro (920922), Nuno Porco (1130), Pero Meogo (1204120512061208), Martin de Giinzo (12871288128912901291)), Martin Codax (12951296129712981300), Fernand’Esquio (1314).

  • 1

    A conservación de /l/ no artigo (tamén no v. 5) explícase como produto dunha retórica arcaizante na elaboración de cantigas de amigo (véxase Ferreiro 2008b, 2013), igual que acontece noutras moitas cantigas (587, 609, 704, 735, 781, 825, 864, 891, 892, 903, 1130, 1166, 1167, 1169, 1201, 1206, 1281, 1294, 1297, 1299, 1304 e 1314) e do mesmo xeito que acontece coas correspondentes formas pronominais (véxase nota a 586.5).
    Non obstante, o contexto en que se manifesta a forma los e las, tras cabelos e garcetas, isto é, tras unha voz acabada en -s podería indicar unha pronuncia asimilada convencional, similar á que se rexistra especialmente tras forma verbal acabada en -r ou en -s (véxase nota a 490.16).

  • 2

    Nótese a presenza de elos, un novo arcaísmo das cantigas de amigo, unha rara forma pronominal, que responde á súa base etimolóxica (do lat. ĭllōs) e que ficou arrecantada na lingua pola forma innovadora eles, que mostra unha formación plural secundaria (ele  eles). En calquera caso, elos volve aparecer noutra cantiga de amigo de teor arcaizante, tamén en rima con cabelos, unha composición de Pero Meogo:
              E con sabor delos
              lavei meus cabelos,
              meu amigo.

    Fóra destes rexistros das cantigas, elos é forma moi rara, en xeral en textos tardíos e castelanizados (véxase CGPA, s.v.), aínda que existe unha ocorrencia no Livro de Tristan: mais de guisa coñocian os golpes que dizian que era bõo cavaleiro d’armas a maravilla, e o máis arrizado e o máis ardido que nunca entre elos entrara (Lorenzo Gradín & Pedro 2017: 180).

  • 4

    O encontro da preposición a co artigo el de el-rei resólvese habitualmente coa contracción al; cando non hai crase gráfica (460.1, 1418.3, 1598.20), conviven as situacións de sinalefa e de dialefa.

  • 8

    Por máis que o final no refrán non apareza copiado, cómpre a introdución de variatio no refrán, esixida pola concordancia do pronome as con garcetas tal como acontece nalgunha outra composición, como, por exemplo, as cantigas 1259, 1290 ou 1539.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado