Publicación de Universo Cantigas. I. Cantigas de Amor

07/04/2025
A obra recolle a edición das 704 cantigas de amor galego-portuguesas transmitidas polos cancioneiros medievais. O  texto crítico de cada cantiga vai acompañado dunha paráfrase en galego actual, ademais da indicación das fontes manuscritas, das edicións anteriores existentes e dun código QR que liga cada poema coa súa edición dixital completa na web Universo Cantigas. En datas próximas, sairá o segundo volume, coas Cantigas de Amigo.
Volver ás novas