[last revised: 30/01/2019]Print

434 [= Tav 157,57]
Sennor fremosa, ja perdi o sén

Sennor fremosa, ja perdi o sén
por vós e cuido mui ced’a morrer,
ca vos sei mellor d’outra ren querer;
e, per bõa fe, se est’assi for,
quantos saben que vos eu quero ben
diran que vós me matastes, sennor.
E de morrer por vós, sennor, ben sei
que me non posso ja per ren partir,
pois que me vós non queredes guarir;
mais direi-vo-lo de que ei pavor:
quantos saben qual amor vos eu ei
diran que vós me m[atastes], se[nnor].
E d’atal pleito punnad’en guardar,
sennor fremosa, o vosso bon prez,
ca, se eu moiro por vós esta vez,
vedes de que vos faço sabedor:
quantos saben que vos sei muit’amar
diran que vós me ma[tastes], sennor.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscripts


A 269

Editions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 531 [= LPGP 990-991]); Fernández Graña (2007: 311); Littera (2016: II, 566-567).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 159); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 434).

Manuscript variants


2 ced’a] ced(o) / a A   5 vos eu] uos heu A   11 vos] uos A   16 vos] uos A   17 vos] uos A

Editorial variants


Na edición de Michaëlis os vv. 5, 11 e 17 son editados como pertencentes ao refrán.

3 vos] vus Michaëlis   5 vos] vos Michaëlis   11 vos] vos Michaëlis   16 vos] vos Michaëlis   17 vos] vos Michaëlis  

Metrics


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10c 10a 10C (= Tav 183:15)

Notes


Text
  • *

    Nesta cantiga (anónima), o Cancioneiro da Ajuda inclúe no refrán o verso precedente nas tres cobras (vv. 5, 11, 17), feito que explica a edición de Carolina Michaëlis. Porén, é frecuente a aparición dun verso de transición, con mudanzas sintáctico-estilísticas entre as diversas estrofas, que serve para introducir o refrán propiamente dito, que se caracteriza –para ser precisos– pola súa literalidade en todas as estrofas:
              quantos saben que vos eu quero ben (I);
              quantos saben qual amor vos eu ei (II);
              quantos saben que vos sei muit’amar (III).
    Na realidade, pois, os tres versos mal poderían ser considerados partes do refrán desde o momento en que só comparten o inicio quantos saben. Casos similares de estatuto dubidoso (entre variante redaccional vs. refrán) poden verse, por exemplo, nas cantigas 26, 469, 532 ou 1052.
    En calquera caso, no Cancioneiro da Ajuda rexístranse lapsos na marcaxe do refrán: véxase, por exemplo, a cantiga 437, onde non é indicada a súa presenza.

Search
    No results