I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 301); Stegagno Picchio (1968: 138 [= LPGP 627-628]); Littera (2016: II, 97).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 174); Braga (1878: 90); Machado & Machado (1953: IV, 234).
III. Antoloxías: Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 47).
2 nen] uen B 3 ben] uen V 6 daqueste] Daquesto B : da questo V 10 ledo] E do B
(I) Aínda que Amor me fixo e fai mal e non teño nin espero obter por el o ben da miña señora, teño moito que lle agradecer, porque me fai amar a mellor cousa deste mundo.
(II) E aínda que el non quixo nin me quere dar ben por canto mal me deu, en canto eu vivir puider estarei ledo de ser seu, porque me fai amar a mellor cousa deste mundo.
Esquema métrico: 2 x 8a 8b 8a 8b 8C 8C (= RM 99:53)
Non é frecuente a confusión ou erro <u>~<v>/<b>, aínda que pode rastrexarse ao longo dos cancioneiros italianos: <savor> B sabor (114.17), <vẽ> ben (205.2), <aceui> BV acebi (482.28), <traualhe> V trabalh’e (1348.19), <ueeyro> V Beeito (1484.1), <ueeyto> V Beeito (1484.3), <velpelho> V Belpelho (1489.1) etc.
Fronte á posibilidade de e, pero, con independencia sintáctica das dúas conxuncións, optamos pola locución conxuntiva de valor concesivo e pero ‘aínda que’, de uso regular ao longo de corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar por unha ou outra lectura.
This site uses third-party cookies for analytical purposes to help us track and monitor how users navigate the site (e.g. which pages they visit). Remember that if you accept third-party cookies, you should delete them from your browser options or from the system provided by the third party in question.
Click below to accept or to edit your cookie settings.