I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 32-33 [= LPGP 206]); Nunes (1972 [1932]: 114-115); Littera (2016: I, 182).
II. Outras edicións: Moura (1847: 44-45); Monaci (1875: 48); Braga (1878: 22); Machado & Machado (1952: III, 69); Montero Santalha (1997: 232); Júdice (1997: 105); Montero Santalha (2004); Ferreira (2005: 132-133).
III. Antoloxías: Arias Freixedo (2003: 377-378).
3 morrer] moirer B 4 sabedes] labedes V 11 morria] moiria B 12 sabe Deus] sabe ds̄ B : sabe đs V : lac. T 15 creede] creedes V 21 terrei] teirei B1
6 sabe Deus] sabedes Lang 7 mi vos chamei] pavor nem ei Lang 8 tod[o] aquesto mi fez] tod’aquesto mi fez[o] Nunes 12 sabe Deus] sabedes Lang, Littera 18 nen un] nenhum Lang : nẽum Littera 19 soo] sõo Lang, Nunes, Littera 20 quiserdes] quizerdes Lang 21 por gran mercee vo-lo [eu]] por [mui] gram mercee vo-lo Nunes
(I) O que nunca vos pensei dicir, con gran coita, senhor, volo direi, porque me vexo xa morrer por vós, pois sabedes que nunca vos falei de como me mataba o amor por vós, pois ben sabe Deus que eu ante vós me fixen pasar por (servidor) doutra senhor que non tiña por tal.
(II) E todo isto me fixo facer o moi gran medo que eu teño de vós, e tamén por vos dar a entender que eu morría de amor por outra, de quen teño, ben o sabe Deus, moi pouco temor; e de aquí en diante, miña fermosa senhor, se me matades, ben o busquei.
(III) E crede que serei gozoso se me matardes, pois sei con certeza que, nese pouco tempo que hei de vivir, non verei nunca ningún gozo; e, porque sei isto ben, se me quixerdes dar morte, senhor, teréivolo eu por un gran favor.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10c 10c 10b (= Tav 101:9)
A lección coincidente de VT <sabe deꝯ>, así como o sentido do enunciado, non deixan dúbidas de que hai que ler aquísabe Deuse non sabedes. Por outra banda, a abreviatura <đs>, <ds̄> ou <d’s> ten con moita frecuencia nos apógrafos italianos o valor de Deus, para alén do valor des. Ademais, non deixaría de resultar estraña, do punto de vista sintáctico, a repetición da estrutura ca sabedes(cfr. nota ao v. 12).
A edición langiana debe proceder dunha incomprensión do texto: o trobador chamou á súa senhor co nome doutra (que non tiña).
Nótese a repetición de ei como palabra-rima. Véxase nota a 14.48-50.
En face da paradoxal lección de Lang, seguida por Littera, consideramos que este verso mantén unha correspondencia paralelística co v. 6. Por tanto, considerando que naquel verso a lección correcta é sabe Deus bene non *sabedes ben, neste verso utilízase unha estrutura similar cun cambio de orde do adverbio: ben sabe Deus.
Como acontece con relativa frecuencia, a completiva que é repetida como conxunción introdutora do CD: pois eu certo sei / que, esso pouco que ei de vive[r], / que nen un prazer nunca veerei. Véxase nota a 53.17-18.
Dado o estado extremadamente lacunoso de T, non referenciamos no aparato os innúmeros casos de carencia textual e cinxímonos a referir as variantes editoriais.