I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 130-131); Cohen (2003: 197); Víñez Sánchez (2004: 174 [= LPGP 364]); Littera (2016: I, 414).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 125); Braga (1878: 60); Machado & Machado (1952: III, 396-397).
III. Antoloxías: Torres (1977: 531); Diogo (1998: 125).
1 que[i]xa] quexa B : quera V 2 faço] faco BV 3 por mí o] por mi(o) o V 4 desensandecer] defensam decer B 7 muito] muyro V; fiz] fez B 8 e] et BV 9 estar] estrar V 10 eu] on B : en V; guarecer] touorecer V 11 e] et B; diz] diz’ B
(I) O meu amigo quéixase de min, amiga, porque non lle fago ben, e di que xa perdeu a razón por min e que eu podo devolverlle o xuízo; e eu non sei se el di a verdade, mais eu non quero por el facer algo prexudicial para min.
(II) Quéixase el moito, amiga, porque non lle fixen ben, e di que ten pavor de que me vexa prexudicada se el for morto por min, pois eu podo protexelo da morte; e eu non sei se el di a verdade, mais eu non quero por el facer algo prexudicial para min.
Esquema métrico: 2 x 10a 10b 10b 10c 10a 10C (= RM 183:3).
As formas como le[i]xar e que[i]xar (cfr. queixa no v. 7), con aparente absorción da vogal palatal por parte de /ʃ/, son certamente esporádicas no corpus (só en 38.6; 371.27; 637.1, 791.6, 1319.3, 7 e 14; 1547.20), e semellan ser produto de omisións por parte dos copistas: <quexume> A, <queixume> B queixume (238.3); <lexedes> A, <leixedes> BV leixedes (387.9); <quexume> B, <queixume> V queixum’e (785.2); <lexou> B, <leixou> V leixou (989.30); <lexou> B, <leyxou> V leixou (1319.7); <lexad> B, <leixad> V leixad[e] (1365.2).
Obsérvese unha rara mostra de confusión fiz / fez que se produce no proceso de copia en B, como acontece en 55.9, en que é necesaria a emenda editorial da lección manuscrita (fiz <fez> B).
Nous utilisons des cookies de tiers à des fins analytiques pour pouvoir connaître les habitudes de navigation (par exemple, les pages visitées). N'oubliez pas que si vous acceptez les cookies de tiers, vous devrez les exclure des options de votre navigateur ou du système proposé par des tiers.
Cliquez sur le bouton correspondant pour accepter ou rejeter les cookies :