I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 45-46 [= LPGP 517-518]); Littera (2016: I, 633-634).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 41); Carter (2007 [1941]: 13-14); Machado & Machado (1949: I, 159-160); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 86); Arbor Aldea & Santiago Gómez (2019: 74-75).
1 coitados] cuitados B 4 e que teen] e hi que tem B 6 morrer] morer B 7 morre] moire B 9 esses] esse B 10 e queren] (ē) eq̄ren B 12 querrian] q̄iriā B 13 cuita] coita B 14 sofr’eu] sofᵒ eu B 16 viv’e] (n) uiue B; sofr’esta] soffr(e) esta A; cuita] co ita B 17 ei] e B 18 e tenn’aquesto] etē a q̄sto B 19 cuita, e veer] cuydaueer B 22 sõo] son B 23 per] pʳ B 24 cuita] coita B 27 min] mj B
4 teen] tẽen Michaëlis : têm Littera 13 cuita] coita Littera 16 cuita] coita Littera 19 d’eu sofrer, cuida[nd’a] veer Littera 24 cuita] coita Littera
Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8a (= Tav 161:255)
Para alén do motivo raro da incerteza de que a morte poida apagar o sufrimento amoroso, xa visto na cantiga 85, o trobador conclúe esta cantiga con outro motivo raro, como é a esperanza en que Deus o socorra facendo que a dama sufra coita de amor por el.
O indefinido qualquer permite no período medieval e na lingua trobadoresca a interpolación dun elemento entre as dúas compoñentes do pronome, a semellanza do que acontece con senon, que, con máis frecuencia aínda, presenta tal interpolación.
A relativamente diversa tradición de A vs. BV reflíctese tamén en certa tendencia á vacilación é / ei, que en moitos contextos pode ser pertinente. Neste verso é a forma ei a transmitida por A (face a é en B), aínda que a situación inversa é a máis frecuente (véxase nota a 163.13).
Nótese como Littera desconsiderou a lección de A, que ten pleno sentido, e acolleuse ao texto de B, hipométrico e con refacción textual, feito que obrigou Littera a modificar o texto do manuscrito: e tenn’aquesto por mellor / d’eu sofrer cuita, e veer / a mia sennor ... vs. e tenh’aquesto por melhor / d’eu sofrer cuida[nd’a] veer / a mia senhor ...
A lección <son> de B, fronte a sõo, convertería en hipométrico o verso, pois, en xeral as formas sõo e soo (do lat. sŭm → *sono > sõo > soo) computan como bisilábicas. Cfr. nota a 10.25.