[last revised: 25/01/2024]Print

86 [= Tav 78,14]
Non tenn’eu que coitados son

Non tenn’eu que coitados son
d’amor (atal ést’o meu sén)
aqueles que non an seu ben
e que teen atal razon:
que poden sa coita perder,
qual deles quer, quando morrer;
por que non morre log’enton?
Mais, de pran, algũa sazon
an esses sabor d’outra ren
e queren-xe viver por én,
ca por al ben tenn’eu que non
querrian ja sempre viver
por tamanna cuita sofrer
qual sofr’eu no meu coraçon.
E, Deu-lo sabe, con pavor
viv’e sofr’esta cuita tal
que ei de sofrer pois gran mal,
e tenn’aquesto por mellor
d’eu sofrer cuita e veer
a mia sennor e atender
de poder ir u ela for,
ca non sõo eu sabedor
de per mia morte nen per al
perder cuita se me non val
a mui fremosa mia sennor;
e Deus, se me quiser valer,
por min, poi-la ten en poder,
fara-ll’aver coita d’amor.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscripts


A 20, B 113

Editions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 45-46 [= LPGP 517-518]); Littera (2016: I, 633-634).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 41); Carter (2007 [1941]: 13-14); Machado & Machado (1949: I, 159-160); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 86); Arbor Aldea & Santiago Gómez (2019: 74-75).

Manuscript variants


1 coitados] cuitados B   4 e que teen] e hi que tem B   6 morrer] morer B   7 morre] moire B   9 esses] esse B   10 e queren] (ē) eq̄ren B   12 querrian] q̄iriā B   13 cuita] coita B   14 sofr’eu] sofᵒ eu B   16 viv’e] (n) uiue B; sofr’esta] soffr(e) esta A; cuita] co ita B   17 ei] e B   18 e tenn’aquesto] etē a q̄sto B    19 cuita, e veer] cuydaueer B   22 sõo] son B   23 per] pʳ B   24 cuita] coita B   27 min] mj B

Editorial variants


4 teen] tẽen Michaëlis : têm Littera   13 cuita] coita Littera   16 cuita] coita Littera   19 d’eu sofrer, cuida[nd’a] veer Littera   24 cuita] coita Littera

Paraphrase


(I) Non considero eu que están coitados de amor –tal é a miña opinión– aqueles que non gozan do seu ben e que razoan así: que pode perder a coita, calquera deles, cando morra; por que non morre logo, entón? 

(II) Mais, sen dúbida, nalgún momento eses senten pracer doutra cousa e por iso queren vivir, pois por outra razón penso eu que xa non quererían vivir sempre por sufriren tamaña coita cal a que eu sufro no meu corazón. 

(III) E, Deus o sabe, con pavor vivo e sufro esta coita tal que hei sufrir despois un gran mal, e considero isto mellor –o sufrir coita e ver a miña señora e esperar para poder ir a onde ela estiver–, (IV) porque eu non teño a certeza de perder a coita coa miña morte ou por outra causa se non me socorre a moi fermosa miña señora; e Deus, se me quixer socorrer, xa que a ten no seu poder, por min lle fará ter coita de amor.
 

Metrics


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8a (= Tav 161:255)

Notes


Text
  • *

    Para alén do motivo raro da incerteza de que a morte poida apagar o sufrimento amoroso, xa visto na cantiga 85, o trobador conclúe esta cantiga con outro motivo raro, como é a esperanza en que Deus o socorra facendo que a dama sufra coita de amor por el.

  • 5-6

    Nestes versos percíbese unha clara concordancia ad sensum, de modo que qual deles quer concorda coa forma verbal plural poden.

    O indefinido qualquer permite no período medieval e na lingua trobadoresca a interpolación dun elemento entre as dúas compoñentes do pronome, a semellanza do que acontece con senon, que, con máis frecuencia aínda, presenta tal interpolación.

  • 17

    A relativamente diversa tradición de A vs. BV reflíctese tamén en certa tendencia á vacilación é / ei, que en moitos contextos pode ser pertinente. Neste verso é a forma ei a transmitida por A (face a é en B), aínda que a situación inversa é a máis frecuente (véxase nota a 163.13).

  • 19

    Nótese como Littera desconsiderou a lección de A, que ten pleno sentido, e acolleuse ao texto de B, hipométrico e con refacción textual, feito que obrigou Littera a modificar o texto do manuscrito: e tenn’aquesto por mellor / d’eu sofrer cuita, e veer / a mia sennor ... vs. e tenh’aquesto por melhor / d’eu sofrer cuida[nd’a] veer / a mia senhor ...

  • 22

    A lección <son> de B, fronte a sõo, convertería en hipométrico o verso, pois, en xeral as formas sõo e soo (do lat. sŭm → *sono > sõo > soo) computan como bisilábicas. Cfr. nota a 10.25.

Search
    No results