Angelo Colocci introduce (erradamente) as marcas de refrán nos dous versos finais de cada estrofa.
I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 834 [= LPGP 283]); González Martínez (2012a: 113); Littera (2016: I, 304).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 133); Machado & Machado (1950: II, 142); Rios Milhám (2018a: II, 324).
III. Antoloxías: Arias Freixedo (2003: 409-410); Souto Cabo (2017: 92).
3 doita] doyta(l) B 8 mia] minha B 13 viu] uyn B
8 mia coita x’é] minha coit’é Michaëlis, Littera 13 que[n] viu tal!] qu(e) ei, é tal Michaëlis
Esquema métrico: 7a 7a 7’b 7’b 7’b (I [= Tav 42:21]) + 7’a 7’a 7’b 7’b 7’b (II [= Tav 42:24]) + 7a 7a 7b 7b 7b (III [= Tav 42:19])
Encontros vocálicos: 3 mi-‿a
A emenda do posesivo minha en prol da forma átona mia é o máis evidente recurso para conseguir a isometría versal, pois a forma minha (presente en función pronominal nos vv. 5 e 10) só se rexistra moi limitadamente no corpus en posición proclítica (véxase nota a 251.1). Deste xeito, fica minha en posición tónica e función pronominal (vv. 5, 10) fronte a mia, átona en función adxectiva (v. 8).
A solución michaëliana para o final do verso (cos erros <que>/<que͂> e <uyn>/<uyu>) é excesivamente interventiva, para alén de propor a crase ou sinalefa de que (véxase nota a 18.23). Expresións similares a esta poden acharse ao longo do corpus. Cfr., por exemplo, e esta coita quen viu nunca tal? (78.14).