27 [= Tav 47,13]
Min fez meter meu coraçon

Min fez meter meu coraçon
en amar tal senhor que non
sei osmar guisa nen razon
por que lhi máis possa guarir,
pois ora non ei poder d’ir
i nen poss’én meu cor partir.
Gran sandece me fez fazer
por tal dona ir ben querer,
pois non ei ja sén nen saber
per que lh’oimais possa guarir,
pois ora non ei poder d’ir
i [nen poss’én meu cor partir].
Muito tenho que estou mal
se me contra ela non val
Deus, nen ar ei eu sén atal
per que lh’oimais possa guarir,
pois ora non ei poder d’ir
i [nen poss’én meu cor partir].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 53

Edições


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 672 [= LPGP 318-319]); Littera (2016: I, 350).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 17); Machado & Machado (1949: I, 70-71); Rios Milhám (2017: I, 27).

Variantes manuscritas


1 Min] Mm B

Variantes editoriais


4 lhi máis] lh’oimais Michaëlis, Littera

Paráfrase


(I) O meu corazón fíxome amar tal dama que non podo imaxinar maneira nin motivo porque poida salvarme, pois agora non teño forza para ir alí nin podo afastar o meu corazón dela.

(II) Gran loucura me fixo facer [o corazón] por querer ben a tal muller, pois non teño xa xuízo nin saber porque de aquí en diante poida salvarme, pois agora non teño forza para ir alí nin podo afastar o meu corazón dela.

(III) Considero que estou mal se a respecto dela Deus non me axuda, nin tampouco teño eu razón porque de aquí en diante poida salvarme, pois agora non teño forza para ir alí nin podo afastar o meu corazón dela.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8a 8a 8B 8B 8B (= Tav 19:28)

Notas


Texto
  • 1

    O pronome min é forma tónica oblicua en función de complemento indirecto sen preposición, función que na lingua trobadoresca pode ser exercida polas formas pronominais tónicas oblicuas. Cfr. ou por min fazerdes vós ben (18.14); nen quer’eu ela consentir / quanto mal me faz (84.10) etc.

  • 4-6

    Nótese a variación formal que se verifica no primeiro verso do refrán desta cantiga, en que alterna a forma preposicional por (I) con per (II-III) e, por súa vez, o sintagma lhi máis coa solución lh’oimais, que implica unha maior intensidade conceptual no retrouso. Este tipo de leves variacións (gráficas, fonéticas, léxicas, funcionais, redaccionais ou exixidas pola sintaxe) aparece en numerosas cantigas desmentindo a ‘absoluta’ inmobilidade do refrán na lírica galego-portuguesa.
    Por outra parte, na disposición do manuscrito, o refrán está limitado aos dous últimos versos (como sinala a maiúscula na primeira estrofa e na segunda, xunto coa marca de refrán só na segunda cobra); porén, o propio texto dos vv. 4, 10 e 16 indica que tamén estes versos se deben incluír no retrouso, aínda que exista unha minúscula variación expresiva no primeiro deles, tal como acontece en múltiplas cantigas ao longo do corpus.

  • 6

    Neste verso é utilizado o provenzalismo cor, que compite con coraçon na lingua das cantigas. 

Procurar
    Não foram encontrados resultados