79 [= RM 78,25]
Ũa donzela quig’eu mui gran ben

Ũa donzela quig’eu mui gran ben,
meus amigos, assi Deus me perdon,
e ora ja este meu coraçon
anda perdudo e fóra de sén
por ũa dona, se me valha Deus,
que depois viro[n] estes olhos meus,
que mi-a semelha mui máis d’outra ren.
Porque a donzela nunca verei,
meus amigos, enquanto eu ja viver,
por esso quer’eu mui gran ben querer
a esta dona en que vos falei,
que me semelha a donzela que vi,
e a dona servirei des aqui
pola donzela que eu muito amei.
Porque da dona son eu sabedor,
meus amigos, assi veja prazer,
que a donzela en seu parecer
semelha muit’, e por end’ei sabor
de a servir, pero que é meu mal:
servi-la-ei, e non servirei al,
por a donzela que foi mia senhor.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 106

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 741-742 [= LPGP 523-524]); Lopes (2002: 40); Littera (2016: I, 628).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 38); Machado & Machado (1949: I, 147-148); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 76); Rios Milhám (2017: I, 79); Arbor Aldea & Santiago Gómez (2019: 64).
III. Antoloxías: Pellegrini (1928: 16); Piccolo (1951: 15-16); Nunes (1959: 226); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 114); Diogo (1998: 37-38); Arias Freixedo (2003: 226-227); Souto Cabo (2017: 146).

Variantes manuscritas


1 donzela] douz ela B   6 olhos] olhes B   7 ren] irē B   9 viver] vin’ B   15 son] sē B

Variantes editoriais


1 quig’eu] quis eu Lopes   9 enquanto] enquant(o) Michaëlis   11 vos] vus Michaëlis   12 semelha] semelh(a) Michaëlis   14 muito] muit(o) Michaëlis

Paráfrase


(I) Unha doncela amei eu moito, meus amigos, así Deus me perdoe, e agora xa este meu corazón anda perdido e louco por unha dona, así Deus me valla, que despois viron estes ollos meus, que se me lle asemella (á doncela) moito máis que ningunha outra cousa. 

(II) Porque a doncela nunca máis verei, meus amigos, mentres eu viva, por iso quero eu moito amar esta dona de que vos falei, que me semella a doncela que vin, e a dona servirei desde agora pola doncela que eu moito amei. 

(III) Porque da dona sei eu, meus amigos, así vexa pracer, que no seu parecer semella moito a doncela, e por iso me prace servila, aínda que é para o meu mal: servireina, e non servirei outra, pola doncela que foi a miña señora.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= RM 161:54)

Encontros vocálicos: 7 mi-‿a; 9 enquantoeu; 12 semelhaa; 14 muitoamei

Notas


Texto
  • 1

    Nótese a emenda lusitanizante de Lopes na forma verbal (véxase nota a 179.13).

  • 16

    A frase formularia de tipo aseverativo assi veja prazer (tamén literalmente en 384.16, 419.4) presenta a variante con si ~ se en 440.9, 571.9, 778.8, 1060.1, 1198.3, 1624.1 (coa introdución de eu en 416.4) e tamén se vejades prazer (877.12) e mais se prazer vejades (1174.1) con mudanza para a P5.

  • 21

    Neste verso achamos o único caso de aparente ausencia de asimilación no encontro da preposición por co artigo, onde dificilmente debemos considerar un erro <r>/<l>, poucas veces rexistrado en B (véxanse 356.10 e 1503.8), fronte ao frecuente <l>/<r>. Tal «representación» gráfica da canónica asimilación debe ser posta en relación con outras grafías arcaizantes do mesmo encontro: porl’amor de Deus (163.19); Esta tenn’eu porla maior / coita do mundo (263.15).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado

    Utilizamos cookies de terceiros con fins analíticos para poder coñecer os hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Lembre que, se aceptar cookies de terceiros, terá de as excluír das opcións do seu navegador ou do sistema ofrecido por terceiros.
    Clique no botón correspondente para aceptar ou rexeitar as cookies:

    ConfiguraciónsAceptar