726 [= Tav 60,8]
O meu amigo que[i]xa-se de mí

O meu amigo que[i]xa-se de mí,
amiga, porque lhi non faço ben,
e diz que perdeu ja por mí o sén
e que o pos[s]’eu desensandecer;
e non sei eu se el diz verdad’i,
mais non quer’eu por el meu mal fazer.
Queixa-s’el muito porque lhi non fiz,
amiga, ben, e diz que á pavor
de m’estar mal se por min morto for,
poi-lo poss’eu de morte guarecer;
e non sei eu se el verdade diz,
mais [non] q[uer’eu] p[or el] m[eu] m[al] f[azer].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 711, V 312

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 130-131); Cohen (2003: 197); Víñez Sánchez (2004: 174 [= LPGP 364]); Littera (2016: I, 414).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 125); Braga (1878: 60); Machado & Machado (1952: III, 396-397).
III. Antoloxías: Torres (1977: 531); Diogo (1998: 125).

Variantes manuscritas


1 que[i]xa] quexa B : quera V   2 faço] faco BV   3 por mí o] por mi(o) o V   4 desensandecer] defensam decer B   7 muito] muyro V; fiz] fez B   8 e] et BV   9 estar] estrar V   10 eu] on B : en V; guarecer] touorecer V   11 e] et B; diz] diz’ B

Paráfrase


(I) O meu amigo quéixase de min, amiga, porque non lle fago ben, e di que xa perdeu a razón por min e que eu podo devolverlle o xuízo; e eu non sei se el di a verdade, mais eu non quero por el facer algo prexudicial para min.

(II) Quéixase el moito, amiga, porque non lle fixen ben, e di que ten pavor de que me vexa prexudicada se el for morto por min, pois eu podo protexelo da morte; e eu non sei se el di a verdade, mais eu non quero por el facer algo prexudicial para min.

Métrica


Esquema métrico: 2 x 10a 10b 10b 10c 10a 10C (= Tav 183:3).

Notas


Texto
  • 1

    As formas como le[i]xar e que[i]xar (cfr. queixa no v. 7), con aparente absorción da vogal palatal por parte de /ʃ/, son certamente esporádicas no corpus (só en 38.6; 371.27; 637.1, 791.6, 1319.3, 7 e 14; 1547.20), e semellan ser produto de omisións por parte dos copistas: <quexume> A, <queixume> B queixume (238.3); <lexedes> A, <leixedes> BV leixedes (387.9); <quexume> B, <queixume> V queixum’e (785.2); <lexou> B, <leixou> V leixou (989.30); <lexou> B, <leyxou> V leixou (1319.7); <lexad> B, <leixad> V leixad[e] (1365.2). 

  • 7

    Obsérvese unha rara mostra de confusión fiz / fez que se produce no proceso de copia en B, como acontece en 55.9, en que é necesaria a emenda editorial da lección manuscrita (fiz <fez> B).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado