69 [= Tav 151,2]
Como vós sodes, mia sennor

Como vós sodes, mia sennor,
mui quite de me ben fazer,
assi m’ar quit’eu de querer
al ben, enquant’eu vivo for,
senon vós; e sei ũa ren:
se me vós non fazedes ben,
nen eu non vos faço prazer.
E per bõa fe, mia sennor,
por quite me tenn’eu d’aver
vosso ben, enquant’eu viver,
nen al en que aja sabor;
mais vós en preito sodes én,
ca me vos non quit’eu por én
de vosso vassalo seer.
E quant’eu prendo, mia sennor,
de vós quero vo-lo dizer:
ei mui gran cuita de sofrer,
ca non prendo de vós mellor;
e, pois mi assi de vós aven,
ome seria eu de mal sén
se non punnass’en vos veer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


A 6, B 96

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 15-16 [= LPGP 937]); Littera (2016: II, 536-537).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 34); Carter (2007 [1941]: 4-5); Machado & Machado (1949: I, 130-131); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 69).
III. Antoloxías: Sansone (1990: 54); Diogo (1998: 27-28); Arias Freixedo (2003: 283-284).

Variantes manuscritas


2 me] mj B   3 quit'eu] quitou B   4 enquant’eu] enquantei B   6 me] mj B   7 vos faço] uos fazo A; prazer] prazeir B   17 cuita] coyta B   19 mi] om. B   21 punnass’en vos] punnass(e) en uos A

Variantes editoriais


7 vos] vus Michaëlis   13 vos] vus Michaëlis   17 cuita] coita Littera   21 vos] vus Michaëlis

Paráfrase


(I) Tal como vós sodes, miña señora, moi contraria a me facer ben, así tamén me quito eu de amar outra cousa, en canto eu viva, agás a vós; e sei unha cousa: se vós non me facedes ben, tampouco eu vos causo pracer. 

(II) E abofé, miña señora, sei que estou privado de obter o voso ben en canto eu viva, nin calquera outra cousa con que eu sinta gozo; mais vós estades metida nun problema por iso, porque eu non deixo por iso de ser o voso vasalo. 

(III) E quérovos dicir, miña señora, todo canto eu recibo de vós: teño que padecer unha gran coita, que non recibo de vós nada mellor; e xa que así me acontece convosco, sería eu home sen siso se non me esforzase en vos ver.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8b (= Tav 163:37)

Encontros vocálicos: 19 mi‿assi; 20 se·ri·a‿eu

Notas


Texto
  • *

    Nótese a aparición de mia senhor no final do primeiro verso de cada estrofa.

  • 7

    Obsérvese a aparición da grafía <z> en formas que regularmente presentan <c, ç> e que deben ser postas en relación con outras confusión gráficas que atinxen ao ámbito das sibilantes no Cancioneiro da Ajuda: en varias ocasións rexístrase <fazo> e <faza> faço e faça, ás veces en formas contractas (69.7, 117.17, 136.10, 189.24, 203.27, 273.22, 278.15, 403.2, 433.2), <ouzo> ouço (85.26) e <nazer> nacer (260.2). Véxanse tamén notas a 66.21, 80.10, 88.15 e 89.2.

  • 14

    As cantigas de amor e o canto cortés, en xeral, representan a relación amorosa espellada na relación feudal recíproca entre un señor protector e o seu vasalo servidor. Termos como vassalo e o seu sinónimo máis usado ome, senhor, servir, ben, galardon, entre outros, vehiculan esta metáfora feudal do amor como servizo.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado