I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 106 [= LPGP 543]); Cohen (2003: 167); Littera (2016: I, 610-611).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 113); Braga (1878: 55); Machado & Machado (1952: III, 356-357).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 85); Torres (1977: 179); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 164); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 123); Arias Freixedo (2003: 536-537).
1 quer’eu] (q̅ue) q̅reu B; veer] ucer V 2 ousarei] usarey V 7 coraçon] coracon B 9 faça] faca B 13 levou] lenou B 14 rogar] roguar BV 16 vervo] uerno B
3 madr’, e] madre Nunes, Cohen, Littera 6-7 Por en qual coita mi mia madre / ten que o non veja, no meu coraçon Nunes, Cohen : Por em qual coita mi mia madre / tem que o nom veja, no meu coraçom Littera 13 por] per Nunes
(I) Hoxe quero eu ir ver o meu amigo porque me di miña nai que non o ousarei ver, e por suposto que o verei e quero arriscalo todo, e despois que sexa o que Deus queira.
(II) Así, por que se empeña miña nai en que eu non o vexa? Decidín hoxe, así Deus me perdoe, que o verei e lle farei ben, e despois que sexa o que Deus queira.
(III) Aínda que ela non mo permite, hei de ir velo alí a onde el me mandou, e por canta coita que por min levou fareille eu isto e canto el me pida, e despois que sexa o que Deus queira, (1) pois di o refrán que non sementou millo quen tiña medo dos paxariños.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C + 10b 10b (= Tav 155:6)
Encontros vocálicos: 3 ve·e-lo͜-ei; 5 sa·ia; 10 sa·ia; 11 mi͜-o; 12 -lo͜-ei; 15 sa·ia
Mia madre é o suxeito de diz (v. 2): «Oje quer’eu meu amigo veer / porque mia madr(e) mi diz que o non ousarei / veer ...».
A puntuación nas precedentes edicións (Nunes, Cohen, Littera) vén condicionada por unha interpretación extremadamente forzada (nótese que en todos <en> é lido como a preposición en/em), pois, tal como Nunes indica e Cohen recolle en nota, ambos editores explicitan que o texto debería ser entendido como «Por (a) coita en (a) qual mia madre mi ten ...». Contrariamente, o carácter interrogativo que propomos permite integrar os versos no conxunto da cantiga, cunha pregunta que a propia amiga responde a seguir: ‘Por iso, que coita causa á miña nai por eu velo? Decidín velo e facerlle ben...’.
O texto da fiinda corresponde, sen dúbida, a un verbo antigo (véxase a 633.1).
O milho da cantiga é, obviamente, o millo miúdo ou paínzo, pois o millo americano aínda non chegara a Europa.