664 [= Tav 125,5]
Ai madre, ben vos digo

Ai madre, ben vos digo:
mentiu-mi o meu amigo,
sanhuda lh’and’eu.
Do que mi ouve jurado,
pois mentiu per seu grado,
sanhuda [lh’and’eu].
Non foi u ir avia,
mais ben des aquel dia
sanhuda [lh’and’eu].
Non é de mí partido,
mais, porque mi á mentido,
sanhuda [lh’and’eu].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 649, V 250

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 77-78); Blasco (1984: 223 [= LPGP 812-813]); Cohen (2003: 134); Marcenaro (2012b: 331); Littera (2016: II, 366).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 95); Braga (1878: 49); Machado & Machado (1952: III, 311); Fernández Pousa (1953: 3).
III. Antoloxías: Varnhagen (1872: 77-78); Seoane (1941: 74); Fernández Pousa (1951: 57); Piccolo (1951: 114); Alonso & Blecua (1969 [1956]: 129-130); Nunes (1959: 322); Torres (1977: 122); Ferreira (1988: 82); Ferreira (1991: 79); Jensen (1992: 320); Diogo (1998: 87-88).

Variantes manuscritas


2 amigo] amige BV   7 u ir] oyr BV

Variantes editoriais


1 vos] vus Blasco   2 amigo] amig[o] Blasco   7 u ir avia] oyr a vya Blasco   8 mais] máis Marcenaro

Paráfrase


(I) Ai, madre, ben vos digo: mentiume o meu amigo, estou irada con el.

(II) Aquilo que me xurou, incumpriuno gostosamente despois, estou irada con el.

(III) Non foi a onde había de ir, mais xusto desde ese día estou irada con el.

(IV) Non se foi lonxe de min, mais, porque me mentiu, estou irada con el.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 6’a 6’a 5B (= Tav 26:128)

Encontros vocálicos: 2 -mi‿o; 4 mi‿ouve; 11 mi‿á

 

Notas


Texto
  • 7

    Só Blasco mantén a lección dos manuscritos, que obriga a unha artificiosa interpretación do verso: «Nous adoptons la leçon des manuscrits, en entendant, comme l’indique Machado: Non foi ouvir à via. Le jeune fille reproche à son ami de ne pas être restè à l’écoute de la route, lieu du rendez-vous».
    Na realidade, coidamos que se produciu un erro <u>/<o>, que se rexistra en múltiplos contextos nas leccións dos apógrafos italianos.

  • 8

    Marcenaro fixa erradamente un adverbio máis sen sentido no contexto, que, por outra parte, rompería a simetría co mais adversativo do v. 11 (véxase, ademais, como, fronte ao adverbio fixado no texto, Marcenaro traduce a estrofa: «Non andò dove doveva, ma proprio da quel giorno...»).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado