629bis [= Tav 130,2bis]
O que me de Vilar corrudo

O que me de Vilar corrudo
á e demais m’ameaça,
ainda eu fi’-de cornudo
seja por feito que faça,
e el padre do meu drudo
........................................
 
 
 
 
5
 

Manuscritos


B 614, V 215b

Edicións


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 587 [= LPGP 859]); Lopes (2002: 430); Littera (2016: II, 400).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 84); Braga (1878: 43); Machado & Machado (1952: III, 261).

Lapa, como Braga, considera unha soa composición (incompleta) as cantigas 629 e 630, mais en B teñen numeración independente.

Variantes manuscritas


1 de Vilar] d emsar B   2 m’ameaça] ma meaca B   3 ainda] Ayda B   4 faça] ffaca B

Variantes editoriais


1 de Vilar] d’Ensar Lapa, Lopes, Littera   3 eu] en Littera

Métrica


Esquema métrico: 8’a 7’b 7’a 7’b 7’a [...]

Encontros vocálicos: 3 *a·i·nda‿eu

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga ten en común coa anterior a aparición da figura do pai, mais o carácter fragmentario de ambas impide establecer calquera outro grao de relación entre elas.

  • 1

    Resolvemos o incipit da cantiga a partir da lección de V, que semella a correcta, pois o <emsar> de B pode ser explicado como corrupción de <uilar> a partir das frecuentes confusións <m>/<ui> e <l>/<ſ>.
    Propomos, por tanto, a lectura Vilar, topónimo con múltipla representación no territorio galego-portuguesa mais que non pode ser identificado a partir do breve fragmento textual que constitúe esta composición. Na realidade, o único obstáculo para esta lectura procede do carácter aparentemente hipermétrico que adquire o verso, por máis que o carácter incompleto da cantiga non permita seguranza na fixación dun esquema métrico.
    Finalmente, o verbo correr deberá ser interpretado co sentido de ‘expulsar pola forza’, perfectamente documentado noutros textos, como, por exemplo, na tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España: Et o Çide dissellis por que o queriam correr da terra, ca elle nõ llis fazia nẽhũu mal, senõ o que fazia aos ẽemjgos da fe (cfr. CGPA, s.v.). Así pois, interpretamos o seguinte: ‘O que me expulsou de Vilar e ademais me ameaza...’.

  • 3

    A abreviación de filho (que está na base da voz fidalgo) pode verse tamén en fi’-d’Escalhola (1528.14 e 20) e fi’-de clerigon (1679.1).

  • 5

    O carácter fragmentario do texto aconsella manter unha certa neutralidade na actuación editorial, de modo que mantemos o texto lapiano, sen a segmentación de é que mantería a tonicidade na cuarta sílaba: e el padr’é do meu drudo.

    No que respecta ao provenzalismo drudo ‘amante carnal’, reaparece só en 1651.3 e 6.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado