627 [= Tav 118,5]
Non me poss’eu de morte defender

Non me poss’eu de morte defender,
pois vejo d’Amor que me quer matar
por ũa dona; mais, pois m’eu guardar
non posso ja de por dona morrer,
catarei ja das donas a melhor
por que, pois mi á de matar, m’at’Amor.
E, pois Amor en tal guisa me ten
en seu poder que defensa non ei
de partir morte, e, pois eu certo sei
que por dona a morrer me conven,
catarei [ja das donas a melhor
por que, pois mi á de matar, m’at’Amor].
E ben vej’eu, per qual poder en mí
Amor tomou, que non ei defenson
d’escusar mort’, e, pois en tal razon
ei por dona de prender mort’assi,
catarei ja das donas a melhor
por que, pois mi á de matar, m’at’Amor.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 610bis, V 213

En V só aparece a estrofa I (sen o derradeiro verso).

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 213-214); Simões (1991: 58 [= LPGP 758-759]); Littera (2016: II, 273).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 84); Braga (1878: 43); Machado & Machado (1952: III, 257-258).
III. Antoloxías: Tavares (1943 [1923]: 33); Tavares (1961: 26-27); Pena (1990: 68); Alonso Girgado (1992: 53).

Variantes manuscritas


1 Non] on B   2 d’Amor] [**]or V   4 de] do V; morrer] moirer B   9 partir] parar B   10 morrer] moirer B   11 catarei] Catasey B   15 Descusar morte (e) poys eu (certo ssey) tal razō B   16 prender] p̃nder B   18 que] qⁱ B

Variantes editoriais


1 defender] deffender Nunes   6 m’at’Amor] mat’Amor Nunes, Simões, Littera   8 seu] ssen Nunes   9 partir] parar Simões, Littera   12 m’at’Amor] mat’Amor Nunes, Simões, Littera   15 mort’, e] morte, [e] Simões; en] eu Simões, Littera   18 m’at’Amor] mat’Amor Nunes, Simões, Littera

Paráfrase


(I) Non me podo protexer da morte, pois vexo que Amor me quere matar por unha dona; mais, xa que eu non me podo librar de morrer por unha muller, contemplarei a mellor das donas, por quen, xa que me ha de matar, me ate Amor.

(II) E, xa que o Amor me ten de tal maneira no seu poder que non teño defensa para afastar a morte, e, porque sei con certeza que por unha dona me convén morrer, contemplarei a mellor das donas, por quen, xa que me ha de matar, me ate Amor.

(III) E ben vexo eu que, polo poder que Amor tomou sobre min, non teño defensa para me librar da morte, e, xa que por tal razón teño que morrer así por unha dona, contemplarei a mellor das donas, por quen, xa que me ha de matar, me ate Amor.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:196)

Encontros vocálicos: 6 mi‿á; 9 morte,‿e; 12 mi‿á; 18 mi‿á

Notas


Texto
  • 6

    Face á edición tradicional mat’Amor (isto é, ‘Amor mate’), preferimos a segmentación m’at’Amor, máis satisfactoria e polivalente do punto de vista semántico co verbo atar (‘Amor préndeme’), para alén de o verbo matar esixir a presenza dun pronome. Neste sentido, percíbese noutras pasaxes o mesmo xogo paronomásico subxacente entre m’atar e matar (cfr. a morte desto se m’ata, 248.4; e desto xi m’atou morte, 851.4). Véxase Glosario, s.v. atar.

  • 9

    Simões (e Littera) non consideraron o erro <a>/<ti> en B (<parar>/<partir>). Véxase nota a 349.16. O concepto de ‘apartar ou afastarse da morte’ (partir morte ou morte partir) é mesmo frecuente (véxase 880.14, 1214.r2).

  • 10

    Nótese a estrutura verbal conviir + a + infinitivo, en liña coa necesaria presenza do nexo preposicional (a ou de) cando a forma conxugada de conviir vai seguida de infinitivo, de xeito que só está ausente o nexo cando o infinitivo vai anteposto: pois m’escolher conven (377.19), perfiar me conven! (1337.21), colher non conven (1679.8). Véxase Glosario, s.v. conviir.

  • 14

    O substantivo defenson ‘defensa’ (cfr. 601.9), sen palatalización inducida por iode, como en prijon (vs. prison), derivado do lat. defensiōnem, é a forma maioritaria no corpus profano (3.14, 171.15, 601.9, 1320.10, 1332.18), fronte a sinónimos da mesma familia lexical como defesa ~ defensa (no v. 8).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado