I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 87-88 [= LPGP 199]); Nunes (1973 [1928]: 36-37); Cohen (2003: 620); Littera (2016: I, 231).
II. Outras edicións: Moura (1847: 168-169); Monaci (1875: 75); Braga (1878: 38); Machado & Machado (1952: III, 219); Júdice (1997: 45); Montero Santalha (2004).
1 ven] ueu B 4 lhi eu] lheu V 8 põer] poner BV 20 perça] ꝑca V
4 lhi] lh’ Lang, Nunes, Cohen, Littera 8 põer] poner Lang 20 perça] perca Lang
(I) O meu amigo vén hoxe aquí e di que quere falar comigo, e el sabe que me causa pesar, nai miña, porque lle eu prohibín que andase, de xeito ningún, por onde eu andase, e agora vén (II) aquí; e o seu pecado foi, nai miña, pensar sequera desobedecer a miña prohibición, pois el sabe que eu lle mandei que andase, de xeito ningún, por onde eu andase, e agora vén (III) aquí, onde eu falei con el diante de vós, nai e señora; e desde hoxe perde o meu amor, pois eu prohibinlle e mandeille que andase, de xeito ningún, por onde eu andase, e agora vén (1) aquí, nai miña, e, xa que fixo unha insensatez, é xusto que perda o meu ben.
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C + 8c 8c (= RM 160:329)
Encontros vocálicos: 4 lhi‿eu
Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición, incluída na relación de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270), véxase nota á cantiga 15. Nótese, por outra parte, como a estrutura vĩir + aqui, do incipit, se repite na transición entre as estrofas ateúdas, salientando o motivo clave do contido.
Nótese a rara coincidencia de B e V na presenza de -n- na forma manuscrita <poner>, simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/, o mesmo que noutras voces que se rexistran, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <bona> bõa e, esporadicamente, en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b. Cfr. nota a 582.3.
Defenson neste contexto significa ‘prohibición’. É voz que non presenta palatalización inducida por iode, como en prijon (vs. prison), derivado do lat. defensiōnem, mais é a forma maioritaria (3.14, 171.15, 627.14, 1320.10, 1332.18), fronte a sinónimos da mesma familia lexical como defesa ~ defensa.
Utilizamos cookies de terceiros con fins analíticos para poder coñecer os hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Lembre que, se aceptar cookies de terceiros, terá de as excluír das opcións do seu navegador ou do sistema ofrecido por terceiros.
Clique no botón correspondente para aceptar ou rexeitar as cookies: