592 [= Tav 25,68]
O voss’amig’, amiga, vi andar

O voss’amig’, amiga, vi andar
tan coitado que nunca lhi vi par,
que a dur mi podia ja falar;
pero, quando me viu, disse-mi assi:
«Ai senhor, id’a mia senhor rogar,
por Deus, que aja mercee de mí».
El andava trist’e mui sen sabor,
come quen é tan coitado d’amor,
e perdudo o sén e a color;
pero, quando me viu, disse-mi assi:
«Ai senhor, ide rogar mia senhor,
por Deus, que aja mercee de min».
El, amiga, achei eu andar tal
come morto, ca é descomunal
o mal que sofr’e a coita mortal;
pero, quando me vio, disse-mi assi:
«Senhor, rogad’a senhor do meu mal,
por Deus, que mercee aja de min».
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 574, V 178

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 81 [= LPGP 208-209]); Nunes (1973 [1928]: 27-28); Cohen (2003: 610); Littera (2016: I, 225).
II. Outras edicións: Moura (1847: 152-153); Monaci (1875: 71-72); Braga (1878: 36); Machado & Machado (1952: III, 204-205); Cohen (1987: 67); Júdice (1997: 36); Montero Santalha (2004).
III. Pimpão (1942: 66).

Variantes manuscritas


1 vi andar] mandar B   5 rogar] roguar BV   11 rogar] rogwr V   18 Deus] des V

Variantes editoriais


En Nunes os v. 5 de cada estrofa forman parte do refrán.

9 perdudo] perdud’á Lang, Nunes : perdud’[á] Cohen : perdud’[há] Littera   10 me] mi Lang, Nunes   12 min] mi Lang, Nunes, Cohen, Littera   16 vio] viu Lang, Cohen, Littera   18 mercee aja] aja mercee Nunes, Littera; min] mi Lang, Nunes, Littera

Paráfrase


(I) O voso amigo, amiga, vin andar tan coitado que nunca vin nada igual, pois a duras penas me podía falar; pero, cando me viu díxome así: «Ai senhor, ídelle rogar á miña senhor, por Deus, que teña piedade de min».

(II) El andaba triste e moi desgustado, como corresponde a quen está tan coitado de amor, e co xuízo e a cor perdidos, pero, cando me viu díxome así: «Ai senhor, ídelle rogar á miña senhor, por Deus, que teña piedade de min».

(III) Acheino a el, amiga, andando tal como un morto, porque é fóra do común o mal e a coita mortal que sofre; pero, cando me viu díxome así: «Senhor, rogádelle á senhor do meu mal, por Deus, que teña piedade de min».

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10a 10a 10B 10a 10B (= Tav 13:13)

Encontros vocálicos: 16 vi͜o

Encontros vocálicos: 4 -mi‿assi; 10 -mi‿assi; 16 vi͜o, -mi‿assi

Notas


Texto
  • 3

    O provenzalismo a dur ‘dificilmente, apenas’ (tamén en 47.15, 237.8, 712.3) convive e compite coa variante de dur, que só se atesta en 215.18 e 1128.9.

  • 4-6

    Obsérvese a variación lingüística no refrán: gráfica en viu (I-II) ~ vio (III), no primeiro verso do refrán (véxase nota a 44.7-9); relativa aos resultados da nasalización de mihi, no segundo verso do refrán: (I) ~ min (II-III) (véxase nota a 202.6). Cfr. nota a 27.4-6. Véxase nota ao v. 18.

  • 9

    Contrariamente ao considerado polos editores precedentes, coidamos que non é necesaria a introdución do verbo aver no verso, pois facilmente se pode considerar elíptico este verbo, que nin sequera é necesario: «El andava trist’e mui sen sabor, ..., e perdudo o sén e a color».

    No que respecta a color, igual que na restante produción medieval, esta forma erudita convive no corpus (489.12 e 24, 541.14, 628.10 e 1471.2, 5, 8, 11, 14, 17) coa forma xeral evoluída coor (474.22, 1391.11, 1633.15, 1639.20). A forma latinizante color (ou collor) aparece con profusión en todo o tipo de obras, desde as Cantigas de Santa Maria ás traducións da Crónica de Castilla e da Estoria de España e mais da General Estoria, así como na Historia Troiana e, sobre todo, na Crónica Troiana, o mesmo que en diversos documentos notariais. Na produción xerada en territorio portugués acontece igualmente: en textos sinodais (véxase García y García 1982: 78, 81...), nos primeiros libros impresos en Portugal (Machado 2015: s.v. color), así como na Confessio Amantis (Faccon 2012: 321, 357, 359, 361, 416, 161, 474 etc.), en documentos tabeliónicos (véxase, por exemplo, Gomes 2002: I, 73), ou en obras de diverso teor, cales Orto do Esposo, Castelo Perigoso, Leal Conselheiro, Livro da Montaria etc. Véxase CGPA, s.v. color, collor.

  • 13

    A construción verbal de achar + infinitivo equivale a ‘achar + xerundio’, e así aparece noutras cantigas profanas (744.7, 1233.9 e 17, 1492.1, 1529.8, 1588.20); porén, é construción de escaso uso na lingua medieval. Véxase unha ocorrencia no Livro de José de Arimateia: e iam em oste a terra de Sorea sobr’el rei Samuel, que naquele ano matara um irmão d’el rei de Perçia por que o achara jazer com sua molheer (Miranda 2016: 177).

    Nótese, ademais, que el é CD, sen preposición, de achar, pois as formas pronominais tónicas oblicuas poden cumprir esta función na lingua trobadoresca como formas libres.

  • 14

    Descomunal, adxectivo presente en varias cantigas afonsinas, deriva por prefixación de comunal (véxase nota a 537.11), é moito máis común na lingua das cantigas do que a súa base léxica (véxase tamén 3.12, 485.7, 495.16, 527.14, 592.14, 926.20 e 1408.27).

  • 18

    Nesta ocorrencia do refrán aínda se acrecenta unha outra variación, neste caso na orde de palabras: aja mercee (I-II) vs. mercee aja (III). Véxase nota aos vv. 4-6.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado