553 [= Tav 25,58]
Nunca vos ousei a dizer

Nunca vos ousei a dizer
o gran ben que vos sei querer,
senhor deste meu coraçon;
mais aque-m’en vossa prison,
de que vos praz de mi fazer.
Nunca vos dixi nulha ren
de quanto mal mi por vós ven,
senhor deste meu coraçon;
mais aque-m’en vossa prison,
de mi fazerdes mal ou ben.
Nunca vos ousei a contar
mal que mi fazedes levar,
senhor deste meu coraçon;
mais aque-m’en vossa prison,
de me guarir ou me matar.
E, senhor, coita e al non
me forçou de vos ir falar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 

Manuscritos


B 536, V 139

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 52-53 [= LPGP 204]); Nunes (1972 [1932]: 170-171); Littera (2016: I, 200).
II. Outras edicións: Moura (1847: 89-90); Monaci (1875: 58); Braga (1878: 28); Machado & Machado (1952: III, 134); Júdice (1997: 132); Montero Santalha (2004).

Variantes manuscritas


3 meu] meo B   5 de] do B; praz] prax B; fazer] faxer B   10 fazerdes] faxer des B   14 vossa] nossa B   15 ou] o B

Variantes editoriais


En Lang o refrán está constituído polos vv. 4-5 de cada estrofa, mentres Nunes fala en nota dun refrán constituído por un único verso (v. 4).

5 de que] do que Littera

Paráfrase


(I) Nunca vos ousei dicir o moito que vos sei amar, señora deste meu corazón; mais velaquí estou na vosa prisión, tal como vos prace terme.

(II) Nunca vos dixen nada de canto mal me vén por causa de vós, señora deste meu corazón, mais velaquí estou na vosa prisión, (á espera) de me facerdes ben ou mal.

(III) Nunca me atrevín a contarvos o mal que me facedes levar, señora deste meu corazón; mais velaquí estou na vosa prisión, (á espera) de me salvardes ou me matardes.

(1) E, señora, a coita e non outra cousa me forzou a vos ir falar.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8a 8B 8B 8a + 8b 8a (= Tav 38:2)

Notas


Texto
  • 1

    Na lingua trobadoresca o verbo ousar aparece en complexos verbais (ousar + infinitivo) mais tamén en estruturas equivalentes coa preposición a como nexo (tamén no v. 11). Véxase tamén 167.11, 293.5, 373.6, 448.8, 602.3, 882.28, 1025.15, 1468.6). Cfr. nota a 3.17.

  • 4

    Aque é un adverbio presentativo (‘eis, velaí’) de uso limitado no corpus profano: 52.24, 244.5, 246.6, 268.8, 857.1, 1641.18. Debe ser forma oxítona, pois nas Cantigas de Santa Maria aparece en rima aguda (con fe, é, sé e ): E en pe / sse levou e diss’: «Aque / m’estou tod’aprestidado / De log’ir» (CSM 135.109); E diz un a outr’: «Aque o / angeo que ven do ceo, / que alça aquele veo / e faz no aire parar» (CSM 405.36).

  • 12

    Nótese a omisión do artigo («unca vos ousei a contar / [o] mal que mi fazedes levar») que por veces se manifesta no corpus: E, ja que vos comecei a dizer / ben que vos quero, quero-vos rogar / que vos non pes... (237.16); ca, de pran, est’é oje máis de ben / que ei (242.15); mais quero-lh’eu maior / mal que posso (503.7-8); tornade-vos máis cedo que poderdes (832.3) etc.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado