I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 34 [= LPGP 230]); Nunes (1972 [1932]: 118-119); Eirín (2015: 133); Littera (2016: I, 183).
II. Outras edicións: Moura (1847: 47-48); Monaci (1875: 48-49); Braga (1878: 23); Machado & Machado (1952: III, 75); Montero Santalha (1997: 233); Júdice (1997: 107); Montero Santalha (2004); Ferreira (2005: 136-137).
4 venho] uēnho B; preguntar] per guntar V 7 que] quē B 8 sen[h]or] senō B : senor B 10 vos] uos BV 12 vos] uos B : uor V 14 põer] pᵒcer B : p̃cer V 15 Ca] (E)Ca V 16 podera] Po’da B 17 grado] g̃rdo V 18 forçar] forcar BV 19 vos gran] uos g̃am BV; ouvess’a] ouuassa BT : ouua ssā V 21 morrer] moirer B1
2 aquel’en] aquel em Lang 4 preguntar] perguntar Lang 9 min] mi Lang, Nunes, Littera 11 sabe Deus] sabedes Lang 12 vos] vós Lang 13 que] quem Lang, Littera 14 culp’a põer] culpa põer Lang, Nunes, Littera 15 sabe Deus] sabedes Lang
(I) Señora fermosa, non podo eu imaxinar que é aquilo en que merecín tanto mal canto me vós facedes; e véñovos preguntar por que iso é así, porque non podo entender, así Deus me deixe ter o voso ben, nada en que volo puidese merecer, (II) se é, señora, porque vos sei amar moito máis que aos meus ollos nin que a min; e así foi sempre desde que vos vin, mais sabe Deus que sinto un gran pesar por vos amar, mais non podo facer outra cousa; e por iso vós, a quen Deus fixo sen par, non me debedes culpar por iso, (III) pois Deus sabe que, se eu puidese deixar de facelo desde que comecei a servir, de moi boa vontade o fixera logo alí; mais nunca puiden forzar o corazón para que non deixase de vos amar; e por iso non debo eu sufrir tanto, señora, nin debo por iso morrer.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10a 10c (= RM 156:1)
Encontros vocálicos: 18 pudi‿o
En todos os editores da cantiga, as estrofas aparecen isoladas sintacticamente, desaparecendo, por tanto, o carácter de cantiga ateúda. Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda desta composición véxase nota á cantiga 15.
A ausencia de apóstrofo no texto langiano, se non é unha gralla, constitúe unha lectura errada, pois estamos perante a forma invariábel demostrativa aquelo.
Lang optou por perguntar, erro de copia en V, pois a forma con metátese de /ɾ/ é cronoloxicamente posterior ao período trobadoresco.
A preposición a non existe na expresión amar máis ca mi(n)/sí (nen al), moi frecuente no corpus trobadoresco (44.13, 102.17, 140.8 e 10, 200.5, 215.16 etc.), a pesar de, aparentemente, o pronome tónico esixir a presenza do enlace. Neste sentido, téñase en conta que os pronomes persoais tónicos poden aparecer sen preposición en numerosas pasaxes trobadorescas (véxase Glosario, s.v. mí, func. 2). Véxase nota a 861.14. Cfr. nota a 177.22 e 243.16.
De novo a ambivalencia sabedes / sabe Deus (tamén no v. 15) se manifesta na edición de Lang, que tamén presenta un texto verosímil (véxase nota a 524.4).
Na lingua das cantigas profanas o verbo dever participa en perífrases obrigativas con infinitivo, tanto sen elemento nexual como coas preposición de (rara) e, sobre todo, a, que constitúe a fórmula maioritaria. É por isto que na frecuente construción dever culp’a põer2 se debe segmentar a preposición a, aínda que, en xeral, os editores actúan contraditoriamente neste punto. Outros contextos semellantes poden verse en 53.9, 70.23 e 668.13, onde diversos editores tampouco deglutinaron o enlace preposicional.
Na copia do Cancioneiro da Vaticana precíbese unha vacilación que remite a unha certa alternancia de ca / eno inicio de estrofa (e de verso) entre os diferentes testemuños. Véxase nota a 64.15.
Nous utilisons des cookies de tiers à des fins analytiques pour pouvoir connaître les habitudes de navigation (par exemple, les pages visitées). N'oubliez pas que si vous acceptez les cookies de tiers, vous devrez les exclure des options de votre navigateur ou du système proposé par des tiers.
Cliquez sur le bouton correspondant pour accepter ou rejeter les cookies :