504 [= RM 25,36]
En gran coita, senhor

En gran coita, senhor,
que peior que mort’é,
vivo, per bõa fe,
e polo voss’amor
esta coita sofr’eu
por vós, senhor, que eu
vi polo meu gran mal;
e melhor mi sera
de morrer por vós ja,
e, pois me Deus non val,
esta [coita sofr’eu
por vós, senhor, que eu]
polo meu gran mal vi;
e máis mi val morrer
ca tal coita sofrer,
pois por meu mal assi
esta [coita sofr’eu
por vós, senhor, que eu]
vi por gran mal de min,
pois tan coitad’and’eu.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 506, V 89

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 19 [= LPGP 193]); Nunes (1972 [1932]: 77-78); Eirín (2015: 83); Littera (2016: I, 170).
II. Outras edicións: Moura (1847: 15-16); Monaci (1875: 41); Braga (1878: 19); Machado & Machado (1952: III, 17-18); Júdice (1997: 86); Montero Santalha (2004);  Rios Milhám (2018b: III, 504).
III. Antoloxías: Pimpão (1942: 30); Torres (1977: 228); Mongelli (2009: 64).

Variantes manuscritas


3 bõa] boa B   9 morrer] moirer BV   10 pois] pors V   14 morrer] moirer B   19 por gran mal] pᵉ (mal) grā mal V

Variantes editoriais


9 morrer] moirer Lang, Littera   19 min] mi Lang, Nunes, Littera

Paráfrase


(I) En gran coita vivo, señora, que é peor que a morte, abofé, e polo voso amor esta coita sufro eu por vós, señora, que eu (II) vin para o meu gran mal; e mellor me será morrer por vós xa, e, pois Deus non me socorre, esta coita sufro eu por vós, señora, que eu (III) vin para o meu gran mal; e máis me vale morrer que tal coita sufrir, pois para o meu mal así esta coita sufro eu por vós, señora, que eu (1) vin para o meu gran mal, por que tan coitado eu ando.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 6a 6b 6b 6a 6C 6C + 6a 6c (= RM 160:465)

Notas


Texto
  • *

    Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición, incluída na relación de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270), véxase nota á cantiga 15.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado

    Utilizamos cookies de terceiros con fins analíticos para poder coñecer os hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Lembre que, se aceptar cookies de terceiros, terá de as excluír das opcións do seu navegador ou do sistema ofrecido por terceiros.
    Clique no botón correspondente para aceptar ou rexeitar as cookies:

    ConfiguraciónsAceptar