500 [= Tav 25,137]
Vós mi defendestes, senhor

Vós mi defendestes, senhor,
que nunca vos dissesse ren
de quanto mal mi por vós ven;
mais fazede-me sabedor:
por Deus Senhor, a quen direi
quan muito mal [lev’e] levei
por vós senon a vós, senhor?
Ou a quen direi o meu mal
se o eu a vós non disser,
pois calar-me non m’é mester
e dizer-vo-lo non m’er val?
E, pois tanto mal sofr’assi,
se convosco non falar i,
per quen saberedes meu mal?
Ou a quen direi o pesar
que mi vós fazedes sofrer
se o a vós non for dizer,
que podedes conselh’i dar?
E por én, se Deus vos perdon,
coita deste meu coraçon,
a quen direi o meu pesar?
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 502, V 85

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 16-17 [= LPGP 241-242]); Nunes (1972 [1932]: 70-71); Littera (2016: I, 168).
II. Outras edicións: Moura (1847: 9-10); Monaci (1875: 40); Braga (1878: 18); Machado & Machado (1952: III, 9); Júdice (1997: 82); Montero Santalha (2004);  Rios Milhám (2018b: III, 500).
III. Antoloxías: Tavares (1943 [1923]: 21-22); Tavares (1961: 16-17); Spina (1972: 331); Ferreira (1991: 48).

Variantes manuscritas


3 vós] uoˢ B : uo\ˢ/ V   8 Ou] O B   9 disser] disse B   10 m’] om. B   16 fazedes] fasedes B   18 podedes conselh’i] po[**]des cōsselho V   19 perdon] pardon B   20 coraçon] coracō B

Variantes editoriais


5 Deus Senhor] Deus, senhor Lang, Nunes, Littera   6 [lev’e]] [eu ja] Lang, Littera   14 per] por Nunes   15 quen] qnen Nunes   16 vós] vos Nunes   18 conselh’i] conselho Lang

Paráfrase


(I) Prohibístesme vós, señora, que nunca vos dixese nada de canto sufrimento me vén por causa de vós; mais dicídeme unha cousa que quero saber: por Deus Noso Señor, a quen lle hei dicir o moito mal que sufro e sufrín por vós senón a vós, señora?

(II) Ou a quen lle direi o meu mal se eu non volo dixer a vós, pois calar non me serve de nada e dicírvolo tampouco me vale? E xa que tanto mal sufro así, se non falar convosco así, por quen saberedes do meu mal?

(III) Ou a quen lle hei dicir o pesar que vós me facedes sufrir se non volo for dicir a vós, que me podedes dar consello niso? E por iso, así Deus vos perdoe, coita do meu corazón, a quen lle direi o meu pesar?
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8a (= Tav 161:241)

Notas


Texto
  • *

    Obsérvese a repetición da palabra rimante nos vv. 1 e 7 de todas as estrofas (I senhor; II mal; III pesar).

  • 5

    Resulta forzada a consideración de senhor neste verso (presente xa nos vv. 1 e 7), tal como estabelecen as precedentes edicións, en vez do frecuente sintagma Deus Senhor, referido a Deus, neste caso nunha invocación que tamén aparece en 286.1. Véxase nota a 259.17.

  • 6

    A fórmula lev’e levei para resolver a lacuna textual de BV é a axeitada, pois tal expresión reaparece en Don Denis (... e quanto mal lev'e levei552.15), para alén de se atestar unha expresión equivalente en Martin Perez Alvin: de coraçon / vos servi sempr’e sé[r]vi’e servirei (1059.3).

  • 19

    A forma gráfica pardon, aparente variante de influencia francesa para o xeral perdon é lección exclusiva (errada, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrrari 1979: 83-85), pois de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b, 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).

  • 20

    O apelativo coita deste meu coraçon é simple variación de coita do meu coraçon, tamén moi utilizado como vocativo (165.r2, 244.14, 296.11, 509.16, 823.11, 885.7).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado