473 [= Tav 18,19]
Falavan duas irmanas estando ante sa tia

Falavan duas irmanas estando ante sa tia,
e diss’a ũa à outra: «Naci en grave dia,
e nunca casarei,
ai mia irmana, se me non casa el-rei».
 
 
 
 

Manuscritos


B 475

Edicións


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 5 [= LPGP 148]); Paredesa (2001: 183); Lopes (2002: 62); Paredesb (2010a: 163); Littera (2016: I, 89).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 157); Machado & Machado (1950: II, 333); Paredes (2010b: 126-127); Paredes (2010c: 87); Rios Milhám (2018b: III, 473).
III. Antoloxías: Carballo Calero & García Rodríguez (1983: 32); Tavares & Miranda (1987: 345).

Variantes manuscritas


2 outra] outrᵒ B   4 el-rei] del Rey B

Variantes editoriais


En Lopes, sen considerar a rima, os versos longos son divididos de modo que fica unha composición de versos heptasilábicos con un tetrasílabo.

1 estando] estand’ Littera   2 à] a Lopes, Littera   3 nunca] nunca [me] Lopes   4 non casa el-rei] non [vou a] cas del-Rei Lapa : non cas el-rei Paredesa, Paredesb : nom [for] cas del-rei Lopes : nom [vou a] cas del-rei Littera

Paráfrase


(I) Estaban dúas irmás falando diante de súa tía e díxolle unha á outra: «En mal día nacín, e nunca casarei, ai miña irmá, se non me casa o rei».

Métrica


Esquema métrico: 14’a 14’a 6b 12b (= Tav 37:19)

Notas


Texto
  • *

    A cantiga é fragmentaria.

  • 1

    A forma irmana, como outras que aparecen con frecuencia nas cantigas de amigo, mostra a conservación de -n- intervocálico, sen dúbida como decoración arcaizante propia deste xénero (véxase Ferreiro 2008b), pode esporadicamente aparecer tamén noutro tipo de composicións (véxase tamén 429.9). Cfr. nota a 582.3.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado