471 [= RM 18,16]
Don Meendo, vós veestes

Don Meendo, vós veestes
falar migo noutro dia,
e na fala que fezestes
perdi eu do que tragia:
ar queredes falar migo
e non quer[r]ei eu, amigo.
 
 
 
 
5
 

Manuscritos


B 474

Edicións


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 5 [= LPGP 147]); Paredesa (2001: 178); Lopes (2002: 61); Paredesb (2010a: 158); Littera (2016: I, 89).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 157); Machado & Machado (1950: II, 331); Paredes (2010b: 122-123); Paredes (2010c: 85); Rios Milhám (2018b: III, 471).
III. Antoloxías: Carballo Calero & García Rodríguez (1983: 31); Tavares & Miranda (1987: 344).

Variantes editoriais


5 queredes] querredes Lapa, Lopes : quer[r]edes Paredesa, Paredesb, Littera

Paráfrase


(I) Don Meendo, vós viñestes falar comigo o outro día e na conversa que fixestes perdín eu algo do que traía: queredes de novo falar comigo e eu non quererei, amigo.

Métrica


Esquema métrico: 7’a 7’b 7’a 7’b 7’c 7’c (= RM 99:69)

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga constitúe un outro exemplo de «intertextualidade parodística», xa que Afonso X reutiliza un refrán de Pero Garcia Burgales (e queredes falar migo, / e non querrei eu, amigo; 665.5-6), con efecto cómico (véxase Gonçalves 2016 [1992]: 225), xunto co esquema métrico e, inclusive, rimantes (véxase Gonzalez 2012e: 225).

  • 1

    Don Meendo de Candarei (véxase tamén a cantiga nº 472) é un personaxe descoñecido.

  • 5-6

    Nótese como estes dous versos son reprodución exacta do refrán da composición 665, cantiga de amigo de Pero Garcia Burgalés (que confirma a lección queredes de B). Neste sentido, talvez sexa esta a proba de que estamos perante unha cantiga fragmentaria, onde non están marcados nin polo copista nin por Colocci os versos do refrán.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado

    Utilizamos cookies de terceiros con fins analíticos para poder coñecer os hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Lembre que, se aceptar cookies de terceiros, terá de as excluír das opcións do seu navegador ou do sistema ofrecido por terceiros.
    Clique no botón correspondente para aceptar ou rexeitar as cookies:

    ConfiguraciónsAceptar