I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 1-2 [= LPGP 150]); Paredesa (2001: 166); Lopes (2002: 58-59); Paredesb (2010a: 147); Littera (2016: I, 87-88).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 156); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 264-265); Machado & Machado (1950: II, 328-329); Paredes (2010b: 114-117); Paredes (2010c: 80-81); Rios Milhám (2018b: III, 468).
III. Antoloxías: Carballo Calero & García Rodríguez (1983: 27-28); Tavares (1987: 54-55); Magalhães (2007: 123).
10 outrogasse] outʳogasse B 11 deostasse] deestasse B 14 vos] uos B 19 eu] en B 20 preito] p’eyto B 22 morrer’] moirer B 23 me fazedes] mesfazedes B 25 mia] mħa B 28 temuda] cemuda B 29 vos] uos B 30 sofrendo] soffrido B
1 [Maria Perez vi muit’assanhada] Lapa, Lopes, Littera 2 rogavan] rogava Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera 6 ca direi vós] ca direi-vos Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera 9 rogades cousa [mui]] [me] rogades cousa Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera 10 outrogasse] outorgasse Lapa, Lopes, 11 quen no] quẽ-no Lapa : quen’o Littera 14 min] mi Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera 19 escarmentasse] escarmertasse Paredesa, Paredesb 27 én] en[de] Lopes, Littera; non [o]] [o] non Lapa : nom Lopes, Littera : non-[no] Paredesa, Paredesb
(I) [...] porque lle rogaban que lle perdoase a Pero d’Ambroa, e que non o matase nin o tratase con desmesura. E ela dixo: «Por Deus, non me pidades iso, pois direivos sobre min o que eu penso: se unha vez asañar me facedes habedes saber quen son eu, (II) porque me pedides unha cousa disparatada e non sei quen vos consentise en perdoar a quen o deostase como el me fai a min, cando estamos na súa pousada; e xa que vexo que non me coñecedes, direivos de min tanto como isto: se unha vez asañar me facedes habedes saber quen son eu.
(III) E se eu quixese ser humillada, ben podería achar quen me humillase, mais se eu a eses non os escarmentase axiña, a miña reputación non valería nada; e vós no me faledes a favor del, porque se por min fose morrería ardendo: se unha vez asañar me facedes habedes saber quen son eu».
(IV) E por isto é grande a miña fama, porque non houbo ninguén que, fallándome, eu non o castigase moito por iso, pois sempre fun moi temida; e pídovos que non teimedes niso, senón que me aguantedes así como son: se unha vez asañar me facedes habedes saber quen son eu.
Esquema métrico: 4 x 10’a 10’b 10'b 10’a 10’c 10’d 10’C 10’D (= RM 175:2)
Encontros vocálicos: 6 i‿entendo; 12 estando‿en; 20 se͜eria; 25 esto‿é
Moi probabelmente este escarnio estea dirixido contra Maria Balteira, pois o trobador Pero d’Ambroa aparece asociado en diversas composicións a esta soldadeira (véxanse as cantigas 1584 e 1607); así o interpretou Lapa na reconstrución conxectural do primeiro verso (Maria Perez vi muit'assanhada), ausente do manuscrito, seguindo a proposta de Carolina Michaëlis (2004: 264).
Para alén do pequeno ciclo dedicado a escarnecer Pero d’Ambroa pola súa inexistente peregrinación á Terra Santa (véxase nota á cantiga 1414) e mais da súa participación en debates poéticos, a figura deste trobador é aludida e satirizada noutras composicións: 468 (Afonso X), 1476 (Joan Baveca), 1533 (Pero Mafaldo), 1674 (Pedr’Amigo de Sevilha).
En todas as edicións precedentes aparece neste verso unha anómala posposición de vos (ca direi-vos...). Non obstante, para alén desa anomalía sintáctica (véxase nota a 22.10-11), o feito de que vos presente a lección <uos> no manuscrito aconsella considerar o pronome como complemento indirecto (cfr. nota a 5.2), tal como poden funcionar as formas pronominais tónicas oblicuas na lingua dos trobadores (ca direi vós de min...).
Perante a hipometría versal existen varias posibilidades de reintegración de unha sílaba: todos os editores optaron polo CI me, mais o acento na 3ª sílaba do v. 1 de cada estrofa, así como a existencia do sintagma cousa mui desguisada en 174.15 e 591.7 inclina en prol de mui esta decisión editorial.
O substantivo nomeada ‘fama, reputación’ (de nomear + -ada) só se rexistra nesta cantiga e mais en 1350.5.
Obsérvese a repetición de que (da estrutura comparativo-consecutiva tal que) tras unha frase parentética (véxase nota a 53.17-18):
ca non foi tal que, se migo falhasse,
que én eu mui ben non [o] castigasse.
Resulta sorprendente a aparición da variante apocopada én perante vogal, pois a distribución de ende / én responde, en principio, ao contexto fonético: ende + vogal (en xeral con crase) vs. én + consoante. Porén, é certo que no corpus se detecta a aparición de oito casos de én + vogal, sempre a vogal palatal /e/, cunha única excepción na cantiga 148 de Martin Soarez (por én a desfiar): 93.8, 148.13, 359.4, 576.10, 959.9.
Utilizamos cookies de terceiros con fins analíticos para poder coñecer os hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Lembre que, se aceptar cookies de terceiros, terá de as excluír das opcións do seu navegador ou do sistema ofrecido por terceiros.
Clique no botón correspondente para aceptar ou rexeitar as cookies: