440 [= Tav 157,31]
[M]ia sennor, quantos eno mundo son

[M]ia sennor, quantos eno mundo son
que saben como vos quero gran ben
e saben o mal que me per vós ven,
todos dizen que fill’outra sennor
e [que] punn’en partir o coraçon
de vos amar, pois non ei voss’amor.
E, mia sennor, por vos eu non mentir,
sen vosso ben non poss’eu guarecer;
e, pois-lo non ei, se veja prazer,
todos dizen que fill’outra sennor
e que me punne mui ben de partir
de vos amar, pois non ei voss’amor.
Este consello non poss’eu fillar,
pero m’assi vejo, per bõa fe,
morrer por vós; e, pero assi é,
todos dizen que fill’outra sennor
e que me punne [mui] ben de quitar
de vos amar, pois non ei voss’amor.
Mais esto non quer’eu provar, sennor:
de me quitar d’atender voss’amor.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


A 275

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 540-541 [= LPGP 984-985]); Fernández Graña (2007: 377); Littera (2016: II, 570-571).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 162-163); Machado & Machado (1960: VII, 57); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 440).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 235).

Variantes manuscritas


2 vos] uos A   6 vos] uos A   7 vos] uos A   12 vos] uos A   18 vos] uos A

Variantes editoriais


2 vos] vos Michaëlis   5 e [que] punn’en partir o coraçon] e punh’en partir o [meu] coraçon Michaëlis, Fernández Graña   6 vos] vos Michaëlis   7 vos] vos Michaëlis   12 vos] vos Michaëlis   14 bõa] boa Michaëlis, Littera   17 [mui] ben de] ben de [me] Michaëlis, Fernández Graña   18 vos] vos Michaëlis

Paráfrase


(I) Miña señora, todos cantos viven no mundo que saben como vos amo e saben o mal que me vén por vós, todos (me) din que tome outra señora e que me esforce en afastar o meu corazón de vos amar, pois non teño o voso amor.

(II) E, miña señora, por non vos mentir, eu non podo vivir sen o voso ben; e, pois non o teño, así teña pracer, todos (me) din que tome outra señora e que me esforce moito en deixar de vos amar, pois non teño o voso amor.

(III) Eu non podo aplicar este consello, aínda que así me vexo, abofé, morrer por vós; e, aínda que é así, todos (me) din que tome outra señora e que me esforce moito en afastarme de vos amar, pois non teño o voso amor.

(1) Mais isto eu non o quero intentar, señora: deixar de esperar o voso amor.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10C 10a 10C + 10c 10c (= Tav 183:11)

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga é considerada anónima.

  • 5

    A diferenza de Michaëlis, restauramos a conxunción que por razóns métricas e polo paralelismo construtivo cos versos 11 (e que me punne mui ben de partir) e 17 (e que me punne [mui] ben de quitar). Cfr. nota ao v. 17.

  • 7

    A frecuente frase formularia por non mentir permite a interpolación de diversos elementos (por vos non mentir, por vos eu non mentir etc.) e equivale a outras expresións de certeza, como per bõa fe, de pran etc.

  • 9

    A secuencia <s-l> (e <r-l>) en que está implicada a forma arcaica lo(s) ~ la(s) do pronome identificador (artigo ou pronome) no encontro con pois e con outros vocábulos acabados en -s (ou -r) debe ser lida como [l], independentemente de que a grafía presente a forma máis antiga (véxase tamén nota a 83.21 e 139.2). No corpus trobadoresco profano, o pronome identificador sofre asimilación fonética xeral con diversos elementos lingüísticos (pronomes, adverbios, conxuncións, e con algúns nomes e/ou participios), especialmente con mais e pois. Cfr. nota a 5.10.

    A frase formularia de tipo aseverativo assi veja prazer (tamén literalmente en 79.16, 384.16, 419.4) presenta a variante con si ~ se en 571.9, 778.8, 1060.1, 1198.3, 1624.1 (coa introdución de eu en 416.4) e tamén se vejades prazer (877.12) e mais se prazer vejades (1174.1) con mudanza para a P5.

  • 17

    Do mesmo modo que acontece no v. 5, tamén neste caso utilizamos o paralelismo co v. 11 para restaurar o adverbio mui.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado