436 [= Tav 157,12]
Des oje-mais me quer’eu, mia sen[n]or

Des oje-mais me quer’eu, mia sen[n]or,
quitar de vos mia fazenda dizer,
per bõa fe, se o poder fazer,
pois vejo que avedes gran sabor
que vos non diga quanto mal me ven
por vós; pero non poderei per ren
sofrer a coita en que me ten Amor
por vós, mia sennor, ca muit’á, de pran,
que vos eu dixe toda mia razon
e quanto mal sofri á gran sazon,
e qual pavor de mort’e quant’afan,
por vós, e nunca fezestes por mí
ren; mais non poss’eu sofrer des aqui
quantas coitas meus cuidados me dan
por vós, mia sennor, que sempr’amarei,
mentr’eu for vivo, máis ca min nen al:
perdi o sén e sofri muito mal,
e, pois vos praz, oje-mais sofrerei
de vos non dizer ren, pois prol non mi á
que vo-lo diga; pero ben sei ja
que desta coita morte prenderei
por vós, [mia] sennor, que servi, muit’á:
prenderei morte, pois que Deus non á
doo de min, nen vós, que sempr’amei.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


A 271

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 534-535 [= LPGP 982]); Fernández Graña (2007: 331-332); Littera (2016: II, 568).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 160); Machado & Machado (1960: VII, 53-54); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 436).

Variantes manuscritas


2 vos] uus A   5 vos] uos A   9 vos eu] uos heu A   18 vos] uos A   19 vos] uos A

Variantes editoriais


2 vos] vus Michaëlis   3 poder] puder Littera   5 vos] vos Michaëlis   7 coita en] coita (e)n Michaëlis : coita ‘m Littera   9 vos] vos Michaëlis   18 vos] vos Michaëlis   19 vos] vos Michaëlis   22 servi] serv’i Littera

Paráfrase


(I) De aquí en diante quero deixar, miña señora, de vos contar os meus asuntos, abofé, se o puider facer, pois vexo que tendes gran desexo de que non vos diga canto mal me vén por vós; porén, non poderei de modo ningunha sufrir a coita en que me ten Amor (II) por vós, miña señora, xa que hai moito, sen dúbida, que vos eu dixen todas as miñas razóns e canto mal sufrín desde hai tanto tempo, e que pavor teño da morte e canto afán (teño) por vós, e nunca fixestes nada por min; mais a partir de agora xa non podo soportar todas cantas coitas me dan as miñas preocupacións (III) por vós, miña señora, que sempre amarei, mentres estiver vivo, máis que a min nin a ningunha outra cousa: perdín o siso e sufrín moito mal, e, xa que vos prace, desde agora sufrirei por non vos dicir nada, xa que non me ten proveito que volo diga; mais ben sei que desta coita morrerei (1) por vós, niña señora, a quen servín desde hai moito tempo: morrerei, pois Deus non ten dó de min, nin vós, a quen sempre amei.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a + 10c 10c 10a (= Tav 161:105)

Encontros vocálicos: 7 coita‿en; 19 mi‿á

Notas


Texto
  • *

    Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta (anónima) composición (en Michaëlis só se ligan as estrofas I-II) véxase nota á cantiga 15.

  • 1

    A forma oje-mais (só en 411.3, 436.18; des oje-mais en 225.1 e 8 e 420.5 e 436.1) constitúe a adaptación galego-portuguesa do frecuente provenzalismo oimais ‘de aquí en diante’.

  • 15-16

    A preposición a non existe na expresión amar máis ca mi(n)/sí (nen al), moi frecuente no corpus trobadoresco (44.13, 102.17, 140.8 e 10, 200.5, 215.16 etc.), a pesar de, aparentemente, o pronome tónico esixir a presenza do enlace. Neste sentido, téñase en conta que os pronomes persoais tónicos poden aparecer sen preposición en numerosas pasaxes trobadorescas (véxase Glosario, s.v. , func. 2). Véxase nota a 861.14. Cfr. nota a 177.22 e 243.16.

  • 18

    A forma oje-mais (só en 411.3, 436.18; des oje-mais en 225.1 e 8 e 420.5 e 436.1) constitúe a adaptación galego-portuguesa do frecuente provenzalismo oimais ‘de aquí en diante’.

  • 22

    Dado que falta unha sílaba métrica, integramos o posesivo na invocación á sennor: esta emenda é bastante obvia, dada a presenza de mia sennor no primeiro verso de todas as cobras.
    Por outra banda, o tempo pretérito do período non favorece a segmentación serv’i que aparece en Littera.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado