(I) De aquí en diante quero deixar, miña señora, de vos contar os meus asuntos, abofé, se o puider facer, pois vexo que tendes gran desexo de que non vos diga canto mal me vén por vós; porén, non poderei de modo ningunha sufrir a coita en que me ten Amor (II) por vós, miña señora, xa que hai moito, sen dúbida, que vos eu dixen todas as miñas razóns e canto mal sufrín desde hai tanto tempo, e que pavor teño da morte e canto afán (teño) por vós, e nunca fixestes nada por min; mais a partir de agora xa non podo soportar todas cantas coitas me dan as miñas preocupacións (III) por vós, miña señora, que sempre amarei, mentres estiver vivo, máis que a min nin a ningunha outra cousa: perdín o siso e sufrín moito mal, e, xa que vos prace, desde agora sufrirei por non vos dicir nada, xa que non me ten proveito que volo diga; mais ben sei que desta coita morrerei (1) por vós, niña señora, a quen servín desde hai moito tempo: morrerei, pois Deus non ten dó de min, nin vós, a quen sempre amei.