432 [= Tav 157,46]
Q[ue Deus Sennor] me guisou de viver

Q[ue Deus Sennor] me guisou de viver
na mui gran coita, mentr’eu vivo for,
quando [me fez] querer ben tal sennor
que me non quer sol dos ollos catar:
quando a vejo, non ll’ouso dizer
que lle fiz ou por que me quer matar.
E non me poss’eu queixar con razon
d’Amor nen d’outre, se me venna ben,
senon de Deus, que me tolle o sén,
en me fazer tal sennor muit’amar,
que me non diz en algũa sazon
que lle fiz ou por que me quer matar.
E por aquesto nunca perderei
ja mui gran coita, pois assi Deus quer
que eu queira mui gran ben tal moller
[...............................................-ar]
e me dizer, ja que morrerei
[que lle fiz ou por que me quer matar].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


A 267

Os vv. 5 e 11 aparecen no Cancioneiro da Ajuda como se fosen parte do refrán, inexistente na estrofa III.

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 527-528 [= LPGP 989]); Fernández Graña (2007: 281); Littera (2016: II, 565-566).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 157-158); Machado & Machado (1960: VII, 49); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 432).

Variantes editoriais


1 Q[ue Deus Sennor]] [Que mal Amor] Michaëlis : [Nostro Senhor] Fernández Graña, Littera   16 om. Michaëlis   17 morrerei] me morrerei Michaëlis, Littera   18 om. Michaëlis

Paráfrase


(I) Deus Señor dispuxo que eu vivise en grandísima coita, mentres eu viva, cando me fixo amar tal señora que nin sequera me quere mirar cos seus ollos: cando a vexo, non lle ouso preguntar que lle fixen ou por que me quere matar.

(II) E eu non me podo queixar con razón de Amor nin de ninguén, así ben me veña, excepto de Deus, que me tira a cordura facéndome amar tanto tal señora, que en ningún momento me di que lle fixen ou por que me quere matar.

(III) E por isto nunca perderei xa a moi gran coita, xa que así quere Deus que eu ame tanto tal muller [...] e dicirme, xa que morrerei, que lle fixen ou por que me quere matar.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10c 10a 10C (= Tav 183:13)

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga é considerada anónima.

  • 1

    A presenza de <Q> no inicio do verso condiciona a reconstrución (conxectural) que presentamos para a lacuna de A, máis neutra do que a achegada en Michaëlis ou Fernández Graña.

  • 5

    Michaëlis respecta a disposición (errada) de A e edita este verso (e tamén o v. 11) como se fose parte do refrán.

  • 13-18

    Michaëlis presenta os catro versos transmitidos por A como se fosen unha fiinda, sen considerar a posibilidade de omisión do v. 16, por interrupción do traballo do copista. Porén, aínda que o folio está moi deteriorado (estivo colocado en abertura do Nobiliário), non se aprecian interrupcións na copia: probabelmente había un problema nas fontes, como apunta o feito de que fosen rasuradas varias pasaxes do texto, que non chegaron a completarse con texto (repárese en que tampouco hai notas marxinais).

  • 15-16

    A colocación da lacuna textual nestes versos é diferente en Fernández Graña: e me dizer ja que morrerei [.... -ar] / [.... -ei].

    Unha unha hipotética reconstrución do verso podería ser a proposta por Rios Milhám, con correspondencia paralelística conceptual e estrutural co verso final da estrofa anterior: *que me non quer nulla sazon falar. Mais existen tamén outras posibilidades, en que, para alén da fórmula inicial que me non (coblas capdenals), se combinasen os verbos principais dos versos finais das dúas estrofas anteriores (catar e dizer): [que me non quer/vai nulla sazon catar] / e me dizer...

  • 17

    No verso falta unha sílaba métrica, suplida en Michaëlis e Littera co pronome me, feito que fixa unha rara forma pronominal de morrer (cfr. nota a 395.20). Porén, a ausencia dun verso non permite tomar unha decisión fundada a respecto da hipometría versal.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado