352 [= Tav 157,10]
De mort’é o mal que me ven

De mort’é o mal que me ven
muit’e tan grave de sofrer
que ja máis enquant’eu viver,
se de mia sennor non ei ben,
nunca me pode toller al
mal nen gran coita, senon mal
de morte, pois que eu ben sei
que de mia sennor muit’amar
non ei poder de me quitar;
por én, se dela ben non ei,
nunca me pode toller al
[mal nen gran coita, senon mal]
de morte, ca enquant’eu for
vivo desejarei o seu
ben; e por aquesto sei eu:
se ben non ei de mia sennor,
nunca me pode toller al
[mal nen gran coita, senon mal]
de morte, ca tod’outro mal
d’amor sei eu ca me non fal.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


A 216

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 419 [= LPGP 300-301]); Littera (2016: I, 331-332); Bruno (2022: 73-74).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 126-127); Machado & Machado (1960: VII, 32-33); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 352).
III. Antoloxías: Gonçalves & Ramos (1983: 216).

Variantes manuscritas


7 ben sei] sei ben A

Variantes editoriais


7 morte] mort’; e Michaëlis, Littera; ben sei] sei ben Michaëlis : sei bem Littera   10 ben non ei] non ei ben Michaëlis : nom hei bem Littera

Paráfrase


(I) De morte é o moito mal que me vén e tan penoso de soportar que xamais mentres eu viva, se non recibo ben da miña señora, nunca ningunha cousa me poderá tirar o mal nin a gran coita, excepto o mal (II) de morte, porque eu sei ben que non podo deixar de amar a miña señora; por iso, se non teño ben dela, nunca ningunha cousa me poderá tirar o mal nin a gran coita, excepto o mal (III) de morte, pois mentres eu viva desexarei o seu ben; e por isto eu sei: se non teño ben da miña señora, nunca ningunha cousa me poderá tirar o mal nin a gran coita, excepto o mal (1) de morte, pois sei que non me falta ningún outro mal de amor.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C + 8c 8c (= Tav 160:395)

Notas


Texto
  • *

    Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición, incluída na relación de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270), véxase nota á cantiga 15.

  • 1-2

    Nótese o deslocamento de muit(o) e o conseguinte hipérbato: ‘De mort’é o muito mal que me ven / e tan grave de sofrer’.

  • 7

    Aínda sendo posíbel, embora forzada, a segmentación da copulativa neste verso, non ten sentido estabelecer un texto coa conxunción, pois no mesmo contexto nos vv. 13 e 19 non é posíbel tal segmentación pola presenza de cláusulas causais a seguir.
    Por outra parte, a rima demostra como o copista de A trocou a posición de ben sei.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado