264 [= Tav 152,8]
Punnar quer’ora de fazer

Punnar quer’ora de fazer
a meus ollos mui gran prazer
que lles non fiz á gran sazon,
ca lles quero fazer veer
a sennor do meu coraçon.
Pero sei ben, u non jaz al,
que lles verra én muito mal,
que os non pod’én guardar ren;
mais de tod’esto ne m’én chal,
ca eles xo buscaron ben.
Quand’eles viron mia sennor,
muit’ouveron én gran sabor;
mais non os quise Deus quitar
de grand’afan e de pavor
que pois ouveron d’endurar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15

Manuscritos


A 156

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 309 [= LPGP 958]); Piccat (1995: 229); Littera (2016: II, 508-509).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 94); Machado & Machado (1960: VII, 15); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 264).
III. Antoloxías: Diogo (1998: 119-120).

Variantes editoriais


8 pod’én] poderen Piccat   9 ne m’én chal] ren m’enchal Michaëlis, rem m’en chal Littera

Paráfrase


(I) Quero agora empeñarme en dar aos meus ollos o gran pracer que non lles dei desde hai moito tempo, pois quérolles facer ver a señora do meu corazón.

(II) Porén, sei ben, con certeza, que lles virá por iso moito mal, porque non os podo protexer diso; mais de todo isto nada me importa, pois foron eles os que o buscaron.

(III) Cando eles viron a miña señora, tiveron niso gran pracer; mais non lles quixo Deus evitar a moita dor e o pavor que despois tiveron que soportar.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8a 8b 8a 8b (= Tav 33:17)

Notas


Texto
  • 6

    A frase formularia u non jaz al ‘certamente, sen dúbida’, concorrente con u al non jaz (só en 55.15), é equivalente a u al non á (e as súas variantes), como se patentea a través da variante de B’ na cantiga 31 (véxanse notas a 25.11 e 66.29). De todos os xeitos, nótese como na segunda copia desa cantiga se rexistra a variante fraseolóxica u non á al (<hunō aal B’), que só se rexistra en 104.34.

  • 8

    A forma poderen, en Piccat, non se corresponde coa lección manuscrita <poden>, a pesar de que o editor afirme que «presenta poden con titulus abbreviativo al di sopra della d» (Picat 1995: 231). Canto ao sentido do verso, escurecido polo deslocamento de ren á posición de rima, enténdase: ‘que ren non os pode gardar diso’.

  • 9

    A frase ne m’én chal ‘non me importa’, en xeral co adverbio non, que se corresponde á frase latina non mihi inde calet, procede da Galo-Romania, co elemento ne que a sitúa no norte máis do que no sur provenzal (Ramos 2009). No corpus trobadoresco profano, para alén de ne m’én chal, nesta cantiga, e nen mi cal (1337.176), con nen e co CI de P1, esta expresión aparece sempre co adverbio non e o CI de P1 (non m’én chal, 495.17; non m’én cal, 1358.18) ou o CI de P3 (non lh’én cal, 480.19), que tamén pode presentar interpolación: lhi non én chal (1652.24). Cfr. nota a 480.19.

  • 13

    A forma minoritaria de quise, con manutención de -e final (< *quesit < quaesivit, véxase Ferreiro 1999: §216c; 2016a: 133-135), fronte a quiso, é unha solución moi esporádica (só en 264.13 e 991.3 e 5), como feze fronte a fezo (véxase nota a 167.5).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado