I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 609); Barbieri (1980: 85 [= LPGP 912]); Lopes (2002: 446); Littera (2016: II, 477-478); Arias Freixedo (2017: 374).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 364); Braga (1878: 200); Machado & Machado (1958: VI, 139).
III. Antoloxías: Seoane (1941: 38-39); Álvarez Blázquez (1975: 51); Landeira Yrago (1975: 189); Tavares & Miranda (1987: 100); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 220); Neves (2004: 109).
4 Deus] deuꝯ V 5 Comendador] Somendador B 7 filhos] selhꝯ B : silhꝯ V 8 mia] ma B 9 e] Et B 10 perçades] percades B : perzades V; caentura] caentā B 11 mia] ma B
1 vos] vus Barbieri 3 se] om. Barbieri 4 dé] dê Barbieri, Lopes 6 vos] vus Barbieri 9 vos] vus Barbieri; outra d’Alanquer] [eu] outra d’Alanquer Lopes, Littera : outra d[e] Alanquer Arias Freixedo 10 perçades] percades Lapa, Barbieri, Lopes, Littera, Arias Freixedo 12 vos] vus Barbieri
(I) Se vos parece ben, meu señor comendador, dádeme a miña muller, e, se eu vola der outra vez, que Deus me dea a min moi ruín sorte. Comendador, dádeme a miña muller que vos deixei encomendada, e facede o que é razoábel.
(II) Preciso facer fillos: comendador, dádeme a miña muller, e eu dareivos outra de Alenquer con quen poderedes perder a quentura. Comendador, dádeme a miña muller que vos deixei encomendada, e facede o que é razoábel.
Esquema métrico: 2 x 8a 10A 9a 9’b 10A 9’B (RM 13:46)
Encontros vocálicos: 3 -la‿eu; 4 *ma͜a
Semella que a composición presenta unha peculiar estrutura métrica, cunha combinación de un verso octosilábico agudo como inicio de cada estrofa, para despois combinar decasílabos agudos con eneasílabos graves e agudos (nótese, de todos os xeitos, a necesaria –e inhabitual– medida unisilábica de maa no v. 4).
Probabelmente maa ventura sexa unha reconfiguración da anterior forma malaventura. Véxase nota a 1101.4.
En principio, ma (presente na copia de B nos vv. 8 e 11) é tamén unha forma correcta para o posesivo átono feminino (véxase nota a 104.18); porén, débese advertir que, en xeral, a variante ma é produto dun erro de copia, como mostran as varias leccións <m\h/a> ou <m\h/as> dos apógrafos italianos: 599.13, 678.8, 966.8, 984.1, 1009.1, 1297.1. Para alén disto, en xeral a forma ma(s) aparece só nun dos cancioneiros, fronte aos restantes testemuños manuscritos coa forma <mia> ou <mha>: B vs. A (190.r1 na estrofa II, 197.9), AB vs. V (403.14, 404.1), V vs. B (505.3, 506.13 e 21, 554.10, 556.9, 557.17, 604.r2, 605.4 e 10, 609.4, 625.1, 636.1, 794.9, 859.3, 887.5 e r1 nas estrofas I-III, 966.8, 970.12, 992.3, 1000.16, 1002.r2 na estrofa III, 1165.r2 na estrofa I, 1453.4 e 7, 1457.3, 1459.r1 e r2 na estrofa II, 1468.1, 1469.2, 1470b.6, 1483.r), AV vs. B (887.5 e r1 nas estrofas I-III), e B vs. V (548.5, 632.1, 634.13, 645.9, 690.1, 1363.r2 na estrofa II).
Alanquer alude moi probabelmente á vila e concello portugueses, no distrito de Lisboa.