I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 190-191 [= LPGP 253-254]); Pagani (1971: 146-147); Lopes (2002: 514); Littera (2016: I, 273-274); Arias Freixedo (2017: 145).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 316); Braga (1878: 173); Machado & Machado (1958: VI, 47-48).
III. Antoloxías: Torres (1977: 303-304); Tavares & Miranda (1987: 102-103); Arias Freixedo (1993: 163-164); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 87); Neves (2004: 142-143); Marcenaro (2006: 336-338); Mongelli (2009: 270).
4 dixi] dix B 5 vos ... vos] uos ... uos BV 6 vos] uos BV 8 disse ... ouvemos] dissel ... ouvems V; d’uso] dissu B : dussu V 10 nos] u9 V 11 quando] qn̄do V; [e]scuso] scusso BV 12 assanha] Asamhia B; e] et V; me] mo BV; vos] uos BV 14 confuso] conffusso BV 16 vos] uos BV 17 madr’] mad’ BV 18 poi-lo] Poyllo B : poyllo V 19 tenho de fazer] tēnho de ffaz V 21 enna cima] Nenna ama B : ōna cima V 22 non] om. V; falecer] falacer B 23 avemos] auen mꝯ V 24 é meiada ou] \h/e moyada eu V
En Lopes, no final do v. 18 vai, por erro de imprenta, o inicio do v. 19 (ca se lh’eu).
5 aquanto] a quanto Lapa, Pagani, Lopes, Littera, Arias Freixedo 7 madr’ (e] madre Pagani 8 uso] usso Pagani 11 [e]scuso] [e]scusso Pagani 12 diz-me o que] diz-m’o que Lapa, Pagani, Lopes, Littera, Arias Freixedo 13 maldirei] mal direi Lapa, Pagani 17 madr’». E diss’el] madre. Diss’el Lapa, Lopes; Nen] Non Lapa 20-21 dizer: / enna cima] dizer / ca, ẽna cima Lapa : dizer, / u ena cima Pagani : dizer / qu’en’a cima Lopes : dizer / que, na cima Littera
(I) En tal disputa, como nunca outra eu vin, vin a don Fulano con súa nai estar; e porque os vin a ambos porfiar, achegueime a el e díxenlle alí mesmo: «Cedede a canto vos diga, pois non tendes necesidade de porfiardes con vosa nai, e menos dese xeito».
(II) E díxome el: «Sempre tivemos isto por costume eu e miña nai, para o noso solaz: porfiarmos naquilo que nos prace; e cando eu me escuso de porfiar alporízase comigo e dime o que vos direi: “Se non porfías heite maldicir para que sexas por sempre maldito e condenado”».
(III) E dixen eu: «Señor, non vos está ben, senón moi mal, o porfiardes con vosa nai»; e dixo el: «Non me importa, pois ela considérao de proveito para si; porque se eu lle digo “Teño outra cousa que facer”, polas boas ou polas malas outro tanto me ha de dicir: ao cabo, convenme porfiar.
(1) E palabras non han de faltar (na disputa); mais tanto habemos de estar porfiando de noite, que será mediada ou case».
Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (I, III [= RM 161:23]) + 10’a 10b 10b 10’a 10c 10c 10’a (II [= RM 161:135]) + 10c 10c 10a
Encontros vocálicos: 3 per·fi·ar; 6 per·fi·ar·des; 7 per·fi·ar; 8 esto‿ouvemos; 10 per·fi·ar·mos; 11 per·fi·ar; 12 -se‿e, me‿o; 14 maldito‿e; 16 per·fi·ar·des; 21 per·fi·ar; 22 pa·ra·vo͜as; 23 tanto‿avemos, noite‿a
Como é frecuente no xénero satírico, diversos termos teñen un duplo sentido, a comezar por perfiar e perfia (‘porfiar, teimar, discutir con insistencia’ mais tamén ‘ter unha “pelexa” de tipo sexual)’. Nesta segunda lectura de carácter sexual outros termos adquiren tamén unha dobre significación: solaz (‘divertimento’ / ‘pracer sexual’), o que nos praz (‘o que nos agrada’ / ‘o que nos dá pracer’); ena cima (‘finalmente’ / ‘por enriba’).
En todas as edicións se percibe unha errada segmentación de a en aquanto, variante concorrente do relativo quanto (véxase Ferreiro 2014c: 101-102).
Aver d’uso (e costume) ‘adoitar, ter por costume’ é construción habitual na Idade Media (véxase CGPA, s.v.):
seendo en noso cabydo con consello e acordo, seendo intrados por canpana taniuda, segun auemos de usso e costyme (doc. 1346, ed. Novo Cazón).
estando presentes e outorgantes segundo que avemos de usso e custume (doc. 1423, ed. Duro Peña).
sendo juntas [en cabidoo segundo] avemos duso e costume (doc. 1432, ed. Fernánez de Viana y Vieites).
E tamén na prosa literaria:
Et auemos d’uso et de custume de defender bẽ o noso rreyno et nosa terra, en guisa que nõ he queimada, nẽ rroubada, nẽ maltreyta de nihũ (Crónica Troiana, ed. R. Lorenzo).
Por outra parte, fóra das terminacións en ditongo, é certamente extraordinaria unha forma nominal en -u (<ussu> B, <issu> V), coa confusión <u>/<o>, que ao longo dos cancioneiros só se rexistra, limitadamente, como produto de erros gráficos: cuido <cuydu> B (115.17, 1626.5), grado <gradu> V vs. AB (405.17), vi-o <uyu> BV (943.9), amigo <amigu> B (1212.1), Lugo <lugu> BV (1315.4), vivo <uiuu> B, <uyuu> V (1312.15), feito <feytu> BV (1400.18), vinho <uinhu> V (1682.8).
O provenzalismo solaz, amplamente usado na poesía, incluídas as Cantigas de Santa Maria (véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.v. solaz) estendeuse na Idade Media tamén para a prosa, onde se achan múltiplas ocorrencias (véxase CGPA, s.v.).
A presenza da copulativa precedendo as diversas formas do verbo dizer perante o discurso directo (vv. 4, 8, 12 e 15) aconsella a deglutinación da copulativa tamén neste verso.
A frase non/nen + pron. pers. CI + (én) cal ‘non me/lle importa’, que se corresponde á frase latina non/nec mihi (inde) calet, procede da Galo-Romania. No corpus trobadoresco profano, para alén de nen mi cal e ne m’én chal (264.9), con nen e co CI de P1, esta expresión aparece sempre co adverbio non e o CI de P1 (non m’én chal, 495.17; non m’én cal, 1358.18) ou o CI de P3 (non lh’én cal, nesta cantiga), que tamén pode presentar interpolación: lhi non én chal (1652.24).
Nótese a grafía <ll> en <poyllo> BV –de igual maneira que se rexistra noutra ocasión <Poyslla> con formato aínda máis arcaizante (6.32)–, comparábel a formas do tipo <pello> para o encontro da preposición por ~ per co artigo (1346.2, 1448.5), todas elas grafías conservadoras que mostran nos apógrafos italianos restos visuais da asimilación fonética producida en período protorrománico e que a produción prosística conserva con moita frecuencia. Cfr. nota a 918.11.
O sintagma na ~ enna cima pode constituír unha locución adverbial equivalente a ‘finalmente’, tal como acontece noutras pasaxes (véxase 887.34, 1441.6), ou tamén noutro tipo de textos (véxase CGPA, s.v. na ~ ena ~ ẽna ~ enna cima ~ çima):
se o cl(er)igo darlhy nõ q(ui)sesse a lecẽça, pódesse el q(ue)relar a sseu mayoral, assy como ao archip(re)ste ou ao arcidiagoo ou ena cima ao b(is)po daq(ue)l bispado onde ffosse o cl(er)igo (Primeira Partida, ed. J. de Azevedo Ferreira).
Que ssobre estas trégoas rrazoarõ moyto et de moytas gisas, mays pero ẽna çima nõ ssey cõmo, nẽ per qual maneyra, foy outorgada a trégoa de ánbalas partes por seys meses entregos, et gardárõna moy ben (Crónica Troiana, ed. R. Lorenzo).
Canto ao formato máis arcaico da aglutinación da preposición en co artigo (enna), na lingua trobadoresca xa é común o resultado no(s), na(s) para o encontro da preposición en co artigo (ĭn + ĭllum > enno > eno > no). Con todo, aínda é relativamente frecuente a forma intermedia sen aférese, que se revela verdadeiramente rara coa grafía máis arcaica, anterior á simplificación da consoante xeminada (véxanse tamén 205.9, 294.4, 486.17, 813.7 e 16, 842.14, 1119.9, 1314.7 e 10, 1337.21).
Fronte ao xeral resultado palavra nas cantigas profanas (934.2, 991.30, 1326.6, 1477.24, 1656.3) do lat. parabŏlam, con síncope de vogal postónica, achamos nesta pasaxe parávoa, única atestación do resultado con manutención da vogal postónica e conseguinte desaparición de -l- intervocálico. De calquera xeito, na lingua medieval o primeiro resultado é tamén o maioritario.
O aparecemento de meiada é coherente coa presenza de meio nas cantigas profanas, embora na lingua medieval sexa dominante a solución meado en liña coa predominancia de meo (cfr. nota a 278.5). No Corpus Galego-Portugués Antigo só achamos outra atestación desta variante, no Tratado de Alveitaria, de inicios do século XV:
Non deven cavalgar o cavalo nen lle fazer nojo des juño por todo o mes meiado ata cima d’agosto (Pérez Barcala 2013: 148).