1336 [= RM 30,10]
Dizen, senhor, que un vosso parente

Dizen, senhor, que un vosso parente
vos ven fazer de seus serviços conta
e dizer-vos, en maneira de fronta,
que vos serviu come leal servente;
e, se vos el aquesto ven frontar,
certa resposta lhi devedes dar
u dis[s]er que vos servio lealmente,
ca, se vos el quer fazer entendente
que vos serviu sen outra encoberta,
per sa conta, que ven poer por certa
en tal razon, aquant’é meu ciente,
certa resposta deve a levar
de vós, senhor, pois non é de negar,
u dis[s]er que vos serviu lealmente.
E, pois el cuid’a fazer-vos creente
que vos serviu come ome de parage,
non compre aqui resposta per mes[s]age;
mais vós, senhor, con ledo contenente
lhi devedes i logo a tornar
certa resposta, sen ja máis coidar,
u dis[s]er que vos serviu lealmente.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 1319, V 924

Edicións


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 189 [= LPGP 250-251]); Pagani (1971: 144); Lopes (2002: 513); Littera (2016: I, 273).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 315); Braga (1878: 173); Machado & Machado (1958: VI, 46).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 153-154); Seoane (1941: 76-77); Fernández Pousa (1951: 116); Tavares & Miranda (1987: 237-238).

Variantes manuscritas


1 un] huū V   2 vos] Vos B : uoo V; serviços] ƥuicos B; conta] ꝯtra V   3 -vos] uos BV; en] eu V; fronta] fabenta V   4 vos] uos BV   5 vos] uos BV; ven] nen BV   6 certa] cerca B : corta V; resposta] reposta B; devedes] douedes V   7 u] Hun B : hū V; vos] uos BV; servio] sei uyo V   9 sen] seuy V   10 que ven] quen B   11 razon] razo B : rram V; aquant’é] aqʷnche B : aq̄nche V; ciente] gente B   13 de vós] Deuꝯ B : me uꝯ V; negar] uegar V   15 cuid’a ... creente] unda ... creeme V   16 ome de parage] homē depemge V   17 compre] comprin B : conpe V; mes[s]age] mesage B : mi sage V   18 vós] uꝯ BV; contenente] cōtēnote V   19 lhi devedes i] Lhy dheuedes lhy y B : lhy deuedes lhy y V   20 sen ja] seria B : sara V; coidar] cuydar V

Variantes editoriais


6 resposta] reposta Lapa   7 servio] serviu Lapa, Lopes, Littera   11 aquant’é] a quant’he Pagani   15 cuid’a fazer] cuida fazer Lapa, Lopes, Littera : cuyda fazer Pagani   16 come ome] com’home Lopes, Littera   17 mes[s]age] mesage Pagani

Paráfrase


(I) Din, señor, que un voso parente vos vén traer a conta polos seus servizos e dicirvos, a maneira de reclamación, que vos serviu como leal servidor; e, se vos el vén reclamar, certa resposta lle debedes dar cando diga que vos serviu lealmente, (II) porque se el vos quere convencer de que vos serviu sen engano, pola súa conta, que con ese argumento vén traer como certa, por canto eu sei, certa resposta debe de levar de vós cando diga que vos serviu lealmente.
(III) E xa que el pensa que vos convencerá que vos serviu como home de nobre condición, non cómpre neste caso responder por mensaxeiro; mais vós, señor, con ledo semblante lle debedes tornar certa resposta, sen lle dar máis voltas, cando diga que vos serviu lealmente.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10’a 10’b 10’b 10’a 10c 10c 10’A (= RM 161:192)
Encontros vocálicos: 7 ser·vi͜o; 11 ci·en·te; 16 comeome; 17 compreaqui

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga de Estevan da Guarda, igual que outras cantigas (213, 270, 926 ou 960, entre outras), presenta unha ligazón interestrófica causal entre as estrofas I-II e unha unión copulativa coa estrofa III que facilmente, por medio dunha disposición tipográfica minúscula e unha puntuación máis leviana, se podería interpretar como unha cantiga ateúda. Véxase nota á cantiga 74.

  • 1

    De novo aparece a variación gráfica un / ũu en B vs. V, a pesar de que esta alternancia se rexistra nun número limitado de contextos, en xeral coa forma un en B fronte a ũu en V: algun <algū> A, <algūu> B (130.15); un <hun> B, <huū> V (938.14, 1324.1 e 2, 1332.4, 1333.1, 1384.2, 1387.18, 1450.2 e 11, 1497.32) e <hū> B, <huū> V (1119.3 e 6)1 , xunto con un <huū> B, <hun> V (1649.8); ũu <huū> B, <hū> V (1641.11); <huū> B, <hun> V (1649.8); <uū> B, <un> V (1663.6).

  • 6

    Neste verso, así como nos vv. 12 e 20, aparece a ambigua secuencia certa resposta (cfr. o duplo valor indefinido e cualificativo de certo) que permite tamén outras interpretacións: cert’a resposta.
    Lapa mantivo neste verso a lección de B (reposta), que ofrece unha variante concorrente con resposta nos textos medievais (véxase CGPA, s.v.). Porén, a presenza da forma resposta nos dous manuscritos nas restantes ocorrencias da cantiga (vv. 12, 17, 20) aconsella neste caso optar pola variante de V.

  • 7

    Nótese a variación gráfica no refrán na representación da desinencia da P3 de pretérito de terceira conxugación (I servio vs. II-III serviu), sempre unisilábica (véxase nota a 41.7-9). Cfr. nota a 31.5.

  • 8

    Na lingua medieval sobreviven algúns participios activos, cal entendente neste verso (e creente no v. 15), que son aínda verdadeiras formas verbais. Na realidade, entendente só aparece na expresión fazer entendente ‘facer crer, convencer’, que tamén se atesta en Joan Airas (1049.5), e é frecuente na Demanda do Santo Graal, sempre na mesma expresión verbal (véxase CGPA, s.v.).

  • 11

    Aquant’é meu ciente é outra frase formularia de carácter aseverativo (volve aparecer en Estevan da Guarda, en 1328.11, coa variante quant’é meu ciente), que se suma á locución adverbial a ciente (475.32 e 1340.23), a partir do substantivo (68.11, 1408.21).

  • 13

    A lección <u9> dos apógrafos neste verso e mais no v. 18 mostra un evidente erro na interpretación do pronome vós, necesariamente tónico nestes contextos, que comparece nos manuscritos como unha forma átona. Véxase este mesmo erro en A fronte ao Cancioneiro da Biblioteca Nacional (vós <uꝯ> A, <uos> B) en 72.13, 88.20, 90.16, 133.10, 134.24, 138.14, 315.8. Mais tamén se atesta o mesmo lapso de copia en BV, con lección errada coincidente en 402.11, 16 e 17 (cfr. <uos> na v. 5), 791.13, 840.17, 855.13, 920.14, 929.r1 (vv. 5, 11 e 17), 1052.5, 1111.11, 1195.15, 1264.6 etc.; do mesmo xeito, aparece en cantigas transmitidas só por un dos cancioneiros italianos: 183.17 e 185.21 (en B); 1013.1 (en V); e aínda existe en pasaxes con diferente lección conforme os manuscritos: 900.7 (<uꝯ> B vs. <uos> AV), 1022.7 (<uꝯ> V vs. <uos> B).

  • 15

    Sobre o carácter de participio activo de creente véxase nota ao v. 8.

  • 16

    Nos apógrafos italianos tamén encontramos a variación ome ~ omen, sempre coa forma nasalizada en V (véxase tamén 559.9, 926.24 e 1681.17). Véxase nota a 66.19.
    O mesmo sintagma de Estevan da Guarda (‘home de condición fidalga’) xa aparecía en D. Denis: 

    Ou é Melion Garcia queixoso
    ou non faz come ome de parage
    escontra duas meninhas que trage (1552.2). 

    Véxase tamén unha variante expresiva nos Miragres de Santiago

    Aquel ome por que eles diziã, vẽo ali cõ eles et era moy mãçebo, et andaua vestido de moy nobres panos et paresçia home de grã paragẽ.

  • 18

    A voz contenente ‘aspecto, aparencia física...’ tirado do latín a partir do participio activo de continere, presenta manutención de -n- intervocálico. É cultismo utilizado con relativa frecuencia desde o inicio da produción escrita (no corpus profano, tamén en 1328.8, 1373.19 e 1575.16).

  • 20

    Fronte á xeral variación coidar AN / cuidar BV, a diverxencia -oi-/-ui- na familia léxica de coidar entre os cancioneiros italianos é infrecuente. Véxase tamén coidar B / cuidar V en 1336.20 e 1406.5, e cuydades B / coydades V en 681.4. Cfr. nota a 570.9. Véxase Monteagudo (2013 e 2015).

  1. ^

    No v. 3: <hū> B, <hauī> V.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado