I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 189 [= LPGP 250-251]); Pagani (1971: 144); Lopes (2002: 513); Littera (2016: I, 273).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 315); Braga (1878: 173); Machado & Machado (1958: VI, 46).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 153-154); Seoane (1941: 76-77); Fernández Pousa (1951: 116); Tavares & Miranda (1987: 237-238).
1 un] huū V 2 vos] Vos B : uoo V; serviços] ƥuicos B; conta] ꝯtra V 3 -vos] uos BV; en] eu V; fronta] fabenta V 4 vos] uos BV 5 vos] uos BV; ven] nen BV 6 certa] cerca B : corta V; resposta] reposta B; devedes] douedes V 7 u] Hun B : hū V; vos] uos BV; servio] sei uyo V 9 sen] seuy V 10 que ven] quen B 11 razon] razo B : rram V; aquant’é] aqʷnche B : aq̄nche V; ciente] gente B 13 de vós] Deuꝯ B : me uꝯ V; negar] uegar V 15 cuid’a ... creente] unda ... creeme V 16 ome de parage] homē depemge V 17 compre] comprin B : conpe V; mes[s]age] mesage B : mi sage V 18 vós] uꝯ BV; contenente] cōtēnote V 19 lhi devedes i] Lhy dheuedes lhy y B : lhy deuedes lhy y V 20 sen ja] seria B : sara V; coidar] cuydar V
6 resposta] reposta Lapa 7 servio] serviu Lapa, Lopes, Littera 11 aquant’é] a quant’he Pagani 15 cuid’a fazer] cuida fazer Lapa, Lopes, Littera : cuyda fazer Pagani 16 come ome] com’home Lopes, Littera 17 mes[s]age] mesage Pagani
(I) Din, señor, que un voso parente vos vén traer a conta polos seus servizos e dicirvos, a maneira de reclamación, que vos serviu como leal servidor; e, se vos el vén reclamar, certa resposta lle debedes dar cando diga que vos serviu lealmente, (II) porque se el vos quere convencer de que vos serviu sen engano, pola súa conta, que con ese argumento vén traer como certa, por canto eu sei, certa resposta debe de levar de vós cando diga que vos serviu lealmente.
(III) E xa que el pensa que vos convencerá que vos serviu como home de nobre condición, non cómpre neste caso responder por mensaxeiro; mais vós, señor, con ledo semblante lle debedes tornar certa resposta, sen lle dar máis voltas, cando diga que vos serviu lealmente.
Esquema métrico: 3 x 10’a 10’b 10’b 10’a 10c 10c 10’A (= RM 161:192)
Encontros vocálicos: 7 ser·vi͜o; 11 ci·en·te; 16 come‿ome; 17 compre‿aqui
Esta cantiga de Estevan da Guarda, igual que outras cantigas (213, 270, 926 ou 960, entre outras), presenta unha ligazón interestrófica causal entre as estrofas I-II e unha unión copulativa coa estrofa III que facilmente, por medio dunha disposición tipográfica minúscula e unha puntuación máis leviana, se podería interpretar como unha cantiga ateúda. Véxase nota á cantiga 74.
De novo aparece a variación gráfica un / ũu en B vs. V, a pesar de que esta alternancia se rexistra nun número limitado de contextos, en xeral coa forma un en B fronte a ũu en V: algun <algū> A, <algūu> B (130.15); un <hun> B, <huū> V (938.14, 1324.1 e 2, 1332.4, 1333.1, 1384.2, 1387.18, 1450.2 e 11, 1497.32) e <hū> B, <huū> V (1119.3 e 6)1 , xunto con un <huū> B, <hun> V (1649.8); ũu <huū> B, <hū> V (1641.11); <huū> B, <hun> V (1649.8); <uū> B, <un> V (1663.6).
Neste verso, así como nos vv. 12 e 20, aparece a ambigua secuencia certa resposta (cfr. o duplo valor indefinido e cualificativo de certo) que permite tamén outras interpretacións: cert’a resposta.
Lapa mantivo neste verso a lección de B (reposta), que ofrece unha variante concorrente con resposta nos textos medievais (véxase CGPA, s.v.). Porén, a presenza da forma resposta nos dous manuscritos nas restantes ocorrencias da cantiga (vv. 12, 17, 20) aconsella neste caso optar pola variante de V.
Na lingua medieval sobreviven algúns participios activos, cal entendente neste verso (e creente no v. 15), que son aínda verdadeiras formas verbais. Na realidade, entendente só aparece na expresión fazer entendente ‘facer crer, convencer’, que tamén se atesta en Joan Airas (1049.5), e é frecuente na Demanda do Santo Graal, sempre na mesma expresión verbal (véxase CGPA, s.v.).
A lección <u9> dos apógrafos neste verso e mais no v. 18 mostra un evidente erro na interpretación do pronome vós, necesariamente tónico nestes contextos, que comparece nos manuscritos como unha forma átona. Véxase este mesmo erro en A fronte ao Cancioneiro da Biblioteca Nacional (vós <uꝯ> A, <uos> B) en 72.13, 88.20, 90.16, 133.10, 134.24, 138.14, 315.8. Mais tamén se atesta o mesmo lapso de copia en BV, con lección errada coincidente en 402.11, 16 e 17 (cfr. <uos> na v. 5), 791.13, 840.17, 855.13, 920.14, 929.r1 (vv. 5, 11 e 17), 1052.5, 1111.11, 1195.15, 1264.6 etc.; do mesmo xeito, aparece en cantigas transmitidas só por un dos cancioneiros italianos: 183.17 e 185.21 (en B); 1013.1 (en V); e aínda existe en pasaxes con diferente lección conforme os manuscritos: 900.7 (<uꝯ> B vs. <uos> AV), 1022.7 (<uꝯ> V vs. <uos> B).
Sobre o carácter de participio activo de creente véxase nota ao v. 8.
Nos apógrafos italianos tamén encontramos a variación ome ~ omen, sempre coa forma nasalizada en V (véxase tamén 559.9, 926.24 e 1681.17). Véxase nota a 66.19.
O mesmo sintagma de Estevan da Guarda (‘home de condición fidalga’) xa aparecía en D. Denis:
Ou é Melion Garcia queixoso
ou non faz come ome de parage
escontra duas meninhas que trage (1552.2).
Véxase tamén unha variante expresiva nos Miragres de Santiago:
Aquel ome por que eles diziã, vẽo ali cõ eles et era moy mãçebo, et andaua vestido de moy nobres panos et paresçia home de grã paragẽ.
No v. 3: <hū> B, <hauī> V.