1324 [= RM 30,8]
Dis[s]e-m’oj’as[s]i un ome

Dis[s]e-m’oj’as[s]i un ome:
«Vai-se d’aqui un ricome».
Dix[i]-lh’eu: «Per com’el come,
pois que m’eu fique en Lixboa,
ja que se vai o ricome,
varon, vaa-s’en ora boa!».
E dis[s]e-m’el: «Per Leirẽa
se vai caminho de Sẽa».
Dixi-lh’eu: «Per com’el cea,
pois eu fiqu’en ‘Stremadura,
se vai cami[n]ho de Sẽa,
el vaa-s’en boa ventura!».
E dis[s]e-m’el: «Este cami[n]ho
se vai d’antre Doiro e Minho».
Dix’eu: «Pois bevo bon vinho
aqui u cómi’e non conto,
se vai antre Doir’e Minho,
senher, vaa-s’en [bõo] ponto!».
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1307, V 912

Edicións


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 171-172 [= LPGP 249-250]); Pagani (1971: 110-111); Lopes (2002: 500); Littera (2016: I, 264).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 310); Braga (1878: 170); Machado & Machado (1958: VI, 31-32).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 249).

Variantes manuscritas


1 Dis[s]e-m’oj’as[s]i un] D de moioli huū V   2 un] huū V   6 varon] Naron B; en] e B   7 E] D B; Leirẽa] leyrea V   8 caminho] camiho B : camihō V   9 Dixi] dix V   13 E] E e V; cami[n]ho] camiho B : camho V   14 Minho] miho B : mihō V   15 vinho] viho B : uihō V   16 conto] couto B   17 Minho] miho B : mihō V   18 ponto] porto B

Variantes editoriais


2 ricome] ric’home Lopes, Littera   4 fique en] fiqu’en Lapa : fiqu’em Lopes, Littera; Lixboa] Lisboa Lapa, Lopes   5 ricome] ric’home Lopes, Littera   6 vaa] vá Lopes, Littera   7 Leirẽa] Leirea Lopes, Littera   8 Sẽa] Sea Lopes, Littera   11 Sẽa] Sea Lopes, Littera   12 vaa] vá Lopes, Littera   13 E] om. Lapa, Lopes, Littera   14 Doiro] Doir’ Lapa, Lopes, Littera   16 cómi’e] cômio Lapa : com’e Lopes, Littera   17 antre] a antre Lapa   18 vaa-s’en [bõo] ponto] va-s’en [bon] ponto Lapa, Pagani : vá-s’em [mui bom] ponto Lopes : vá-s’em [bom] ponto Littera

Paráfrase


(I) Díxome así hoxe un home: «Vaise de aquí un rico-home». Díxenlle eu: «Por como el come, con que eu fique en Lisboa, xa que se vai o rico-home, señor, váiase en boa hora». 
(II) E díxome el: «Vaise por Leiria, camiño de Seia». Díxenlle eu: «Por como el cea, con que eu fique en Estremadura, se vai camiño de Seia, váiase el con boa ventura». 
(III) E díxome el: «Por este camiño de entre Douro e Miño se vai». Dixen eu: «Pois eu bebo bo viño aquí onde como e sen me preocupar, se el vai a entre Douro e Miño, señor, váiase en boa hora».

Métrica


Esquema métrico: 3 x 7’a 7’a 7’a 7’b 7’a 8’b
Encontros vocálicos: 4 fiqueen; 12-13 ventura/En; 14 Doiroe; 16 có·mi͜’e; 18 bõ·o

Notas


Texto
  • *

    O texto subministrado polos manuscritos mostra como o derradeiro verso de cada estrofa (con leve erro de copia por omisión na última), que funciona a modo de para-refrán, ten máis unha sílaba que os restantes, cunha medida isométrica similar á rexistrada noutras composicións, en que, en xeral, un dos versos de cada estrofa presenta unha sílaba menos (véxanse situacións métricas similares nas cantigas 970, 1043, 1174, 1508 ou 1661).
    En calquera caso, a heterometría da cantiga explica as hesitacións de Lapa, que, a partir dunha xeral medida heptasilábica, propón unha dupla medida da forma verbal vaa en nota ao v. 18: «A calafetação bon não pode oferecer dúvida; mas aquele vaa, que tem nos vv. 6 e 12 uma sílaba, aqui funciona como bissilábico».

  • 1-2

    A variación gráfica un / ũu (e algun / algũu) entre códices rexístrase nun número limitado de contextos, en xeral coa forma un en B fronte a ũu en V: algun <algū> A, <algūu> B (130.15); un <hun> B, <huū> V (938.14, 1332.4, 1333.1, 1336.1, 1384.2, 1387.18, 1450.2 e 11, 1497.32) e <hū> B, <huū> V (1119.3 e 6)1 , xunto con ũu <huū> B, <hū> V (1641.11); <huū> B, <hun> V (1649.8); <uū> B, <un> V (1663.6). Esta alternancia demostra que (h)ũu debe ser unha simple grafía conservadora, e que a contaxe métrica pode ser monosilábica nalgúns contextos.

  • 4

    A grafía <x> en Lixboa semella influxo da frecuente forma gráfica latina Ulixipona (véxase Larson 2019 [2018]: 38, n. 11). En calquera caso, conforme os datos fornecidos polo Corpus do Galego-Portugués Antigo, a forma Lisboa ~ Lisbõa só supón o 10% das ocorrencias con relación á maioritaria Lixboa ~ Lixbõa.

  • 7

    Leirẽa é a forma medieval de Leiria, cidade portuguesa situada na Beira Litoral.

  • 8

    Sẽa é a actual Seia, cidade portuguesa pertencente ao distrito da Guarda, na Beira Alta.

  • 10

    Estremadura alude á rexión portuguesa que ten Lisboa como capital.
    Canto á aférese no sintagma en ‘Stremadura, debe ser posta en relación coa tendencia á perda da vogal inicial e- cando seguida da secuencia vocálica /st/ en fonética sintáctica após vogal ou /n/, e que afecta en especial ao verbo estar, aínda que se rexistra tamén noutras voces: estar (ora ‘stou, 396.3; que ‘stevesse, 969.12; ali ‘stivi, 969.15; non ‘starei, 969.21; que ‘stava, 1445.6; quando ‘sté, 1588.21); estorcer (a ‘storcer, 1505.4); estrãiar (ela ‘strãiasse, 358.21). Véxase nota a 6.4, 18.16, 51.1, 73.19, 878.1.

  • 13

    A posibilidade de episinalefa da copulativa inicial da estrofa (ventura/‿E) evita a súa expunción para a contaxe heptasilábica do verso.

  • 14

    A expresión antre Doir’e Minho ten de facer referencia á antiga provincia portuguesa así denominada. Situada no Noroeste de Portugal, comprendía os actuais distritos de Viana do Castelo, Braga, Porto e parte dos distritos de Aveiro, Viseu e Vila Real2
    Na Crónica de D. João I, de Fernão Lopes, existen numerosas referencias a esa rexión (véxase CGPA, ed. M. Lopes de Almeida & A. de Magalhães Basto). Eis unha delas:

    Follgou NunAllvarez cõ sua molher em casa de seu padre per alguũs dias, desi partiusse, e foromsse pera Amtre Doiro e Minho, omde ella tiinha sua casa de morada, e avia seus herdamentos.

    Véxanse tamén alusións na Carta a el-rey dom Manuel sobre o achamento do Brasil (CGPA, ed. M. V. Guerreiro & E. B. Nunes):

    dise ele que nom vira la antre eles se nom huũas choupanjnhas de Rama verde E de feeitos mujto grandes coma d antre doiro E mjnho (...) pero a terra em sy he de mujto boos aares asy frios E tenperados coma os d antre doiro E mjnho porque neste tenpo d agora asy os achauamos coma os dela. agoas sam mujtas Jmfimdas.

  • 16

    Nótese como a P1 do presente de indicativo do verbo comer, cómio (< comĕdō), presenta o iode primitivo anterior á súa desaparición e á regularización morfolóxica (cfr. tamén formas como sérvio, dórmio etc.). Véxase Ferreiro (1999 [1995]: §192a).

  • 18

    A forma senher é unha variante provenzalizante de senhor, que tamén se rexistra en 375.16, 491.4, 578.10, 1388.20, 1473.5; a variante sinher aparece en 1396.12, 1431.29, 1500.13, 1644.23. E tamén se documenta nas Cantigas de Santa Maria, sempre en posición de rima (CSM 5.75, 25.43, 245.51, 265.75, 296.28).
    A lacuna do verso está indicada pola métrica e, outrosí, pola inexistencia, na altura cronolóxica das cantigas, da expresión en ponto ‘á súa hora, á hora debida’. É por isto que, en liña cos simétricos versos das anteriores estrofas (I ora boa; II boa ventura), reintegramos o adxectivo bõo, neste caso con contaxe bisilábica. Cfr. E en bõo ponto el tan muito leeu (1594.15).

  1. ^

    No v. 3: <hū> B, <hauī> V.

  2. ^

    Sobre a nobreza nesta zona véxanse os traballos clásicos de Mattoso (1981: 287-311), así como as revisións, actualizacións e avances de investigacións posteriores da man de Pizarro (1999) e Ferreira (2020), neste ultimo caso en relación, ademais, coa nobreza da área meridional galega. Tamén resulta de interese para o coñecemento diferentes aspectos sobre esta área no século XIII, concretamento durante o reinado de Afonso III, a monografía de Gonçalves (2012).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado