1275 [= Tav 51,1]
Dizen do meu amigo ca mi fez pesar

Dizen do meu amigo ca mi fez pesar,
pero vẽo-m’ora el, amigas, rogar,
ca mi queria tanto pesar fazer
quanto o querria de mí receber.
Disseron-m’, ai amigas, ca mi buscou mal,
pero vẽo-m’ora jurar jura [a]tal:
ca mi querria tanto [pesar fazer
quanto o querria de mí receber].
Soub’el estas novas e vẽo ante mí
chorand[o], ai amigas, e jurou-m’assi:
ca mi querria [tanto pesar fazer
quanto o querria de mí receber].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 1259, V 864

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 425 [= LPGP 340]); Cohena (2003: 493); Littera (2016: I, 386); Cohenb (2016b: 24).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 296); Braga (1878: 162); Machado & Machado (1956: V, 372).
III. Antoloxías: Bernárdez (1952: 126).

Variantes manuscritas


2 vẽo-m’ora el, amigas] veno mora el < + > amigas B : ueō mora amigas V   4 quanto o querria] Quanto q̅iria B   5 Disseron] Disƥron  7 querria] q̅iria B :  q̅rrian V   10 jurou] uirou V   11 querria] q̅iria B

Variantes editoriais


3 pesar] prazer Nunes   6 jurar jura [a]tal] [el] jurar jura tal Nunes, Cohena, Cohenb, Littera   7 querria] queria Nunes, Cohena, Cohenb; pesar] prazer Nunes   11 querria] queria Nunes, Cohena, Cohenb, Littera; pesar] prazer Nunes

Paráfrase


(I) Din do meu amigo que me causou pesar, mais veume el agora, amigas, rogar porque me quería facer tanto pesar canto o querería recibir de min.
(II) Dixéronme, ai amigas, que me procurou mal, mais veume agora facer unha xura tal: que me quería facer tanto pesar canto o querería recibir de min.
(III) Soubo el estas novas e veu ante min chorando, ai amigas, e xuroume así: que me quería facer tanto pesar canto o querería recibir de min.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 12a 12a 11B 11B (= Tav 37:26)

Notas


Texto
  • 2

    A presenza de -n- na forma manuscrita <veno> de B é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /ẽ/ en vẽo (confirmada neste caso pola lección de V), o mesmo que noutras voces que se rexistran, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta). Así acontece en <bona> bõa e, esporadicamente, en <alguna> algũa e <huna> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <dona> dõa, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b.

  • 3

    A conxunción ca preesenta variación funcional no refrán, pois na primeira ocorrencia funciona como conxunción causal, e como completiva nas estrofas II-III. Cfr. nota a 27.4.

  • 4

    Obsérvese a violenta interpolación pronominal no segundo verso do refrán: quanto o querria de mí receber (= quanto querria de mí recebe-lo).

  • 6

    Propomos a forma atal (jura [a]tal) para emendar a medida do verso porque, desde o punto de vista da mecánica do erro, é máis factíbel do que introducir un pronome el, como fixeron os editores precedentes (pero vẽo-m’ora [el] jurar jura tal): partimos neste caso dun erro por omisión dun elemento nun contexto de identidade destes (haplografía).

  • 7

    Nas ocorrencias do refrán nas estrofas II e III (vv. 7, 11), os manuscritos apuntan á forma verbal querria, que encaixa perfectamente na expresión do refrán e que implica máis unha variación queria (v. 3) / querria (vv. 7, 11) neste elemento estrutural da cantiga. Cfr. nota a 27.4.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado