1266 [= Tav 86,1]
And’ora triste, fremosa

And’ora triste, fremosa,
porque se foi meu amigo
con sanha, ben vo-lo digo;
mais eu soo aleivosa
se s’ele foi polo seu ben,
ca sei que mal [l]hi verra én.
E ben vo-lo juro, madre,
pois que s’el foi noutro dia
sanhud’e non mi-o dizia:
non fui filha de meu padre
se s’el[e] foi polo seu ben,
[ca sei que mal lhi verra én].
Pois que m’eu del muito queixo
e fui por el mal ferida
de vós, mia madre velida,
non logr’este meu soqueixo
se s’el[e] foi [polo seu ben,
ca sei que mal lhi verra én].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1250, V 855

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 418 [= LPGP 585]); Cohen (2003: 484); Littera (2016: II, 45-46).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 293-294); Braga (1878: 161); Machado & Machado (1956: V, 364-365).

Variantes manuscritas


4 soo] so(l)o V   6 verra] veyra B   7 juro] uiro V   12 (Casey q̅ mal) B   16 logr’este] logreu este BV

 

Variantes editoriais


1 triste, fremosa] trist’e fremosa Cohen, Littera   4 soo] sõo Nunes, Cohen, Littera   16 logr’este] logr’eu este Nunes, Cohen

Paráfrase


(I) Estou triste agora, fermosa, porque se foi meu amigo con ira, así volo digo; mais eu son aleivosa se el se foi polo seu ben, pois sei que lle virá mal por iso
(II) E ben volo xuro, madre, porque se foi el o outro día irado e non mo dicía: non son filla de meu pai se el se foi polo seu ben, pois sei que lle virá mal por iso.
(III) Pois que del moito me eu queixo e por el fun maltratada por vós, miña nai fermosa, non logro este meu desexo se el se foi polo seu ben, pois sei que lle virá mal por iso.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 7’a 7’b 7’b 7’a 8C 8C (= Tav 160:433)

Encontros vocálicos: 9 mi͜ o

Notas


Texto
  • 1

    A segmentación da copulativa neste verso (Cohen, Littera) introduciría un matiz significativo: ‘a amiga anda «triste e fremosa» porque se foi o amigo’.

  • 6

    En todas as edicións se realiza a emenda que converte i en lhi a partir dun erro de copia explicábel por contigüidade (mal lhi sera / mal hi sera), corrección que se estende a outros contextos en que non é precisa tal emenda (véxase 212.5, Michaëlis; 1051.r1, Rodríguez; 1425.5, Lapa). Neste caso, a construción do refrán na cantiga de Lopo lembra unha outra pasaxe de Roi Fernandiz, coa presenza do complemento indirecto:

    mais sei que mi verra én mal,
    ca [nunca os ei a partir
    de chorar u vos eu non vir] (910.10).

  • 16

    Para alén dunha cacofónica acumulación de elementos tónicos, a presenza de eu desequilibraría a medida do verso e indica que, máis unha vez, o pronome persoal aparece espuriamente introducido no texto, como acontece con certa frecuencia ao longo do corpus trobadoresco: así se verifica nos apógrafos italianos (B vs. A: 74.5, 85.16, 177.9, 306.9; BV vs. A: 420.14 e 17; V vs. B: 1597.1), mais tamén, por exemplo, nunha ocasión en A (vs. B), en 228.7.

    A voz soqueixo neste contexto semella significar ‘desexo’, sen que se poida determinar a orixe de tal valor semántico. Este uso contrasta vivamente coa outra ocorrencia desta voz nunha cantiga de Roi Queimado, co valor de ‘parte baixa do queixo’: Pois que eu morrer, fillará / enton o soqueix’e dira: / ... (249.8).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado